domingo, 26 de abril de 2009

Gardas domingueras

Bueno.. pois aquí estou eu cunha "páxina " en branco diante e sen saber moi ben qué escribir ou qué contar. Como todo ten unha causa e un efecto, a causa de que eu esté a escribir esto é que agora teño que traballar tamén algúns fins de semana, e traballar é un decir...teño que pasar o tempo ou máis finamente dito teño que facer garda no meu lugar de traballo. Asique falando coa miña boa amiga María decidín que un bo pasatempo para estas largas horas de garda sería crear un blog e de paso darlle ó coco para enchelo de contidos, tarefa esta que se me antolla complicada.O efecto consecuente de todo isto xa veremos cal é, a ver que sae de aquí.....