jueves, 30 de julio de 2009

Casualidades

Todos tivemos a experiencia de vivir acontecementos casuais que nos deixaron un tanto sorprendidos , e ata isto que en principio parece algo tan trivial resultou ser digno de estudo. A coninuación relato algúns datos que poden ser interesantes.
As coincidencias poden ser de dous tipos: triviais, cando son xuzgadas normais ou debidas ó azar, e significativas ou razoables, cando podemos pensar que existe algún sentido oculto tras elas. Os encargados de estudar as coincidencias significativas estableceron diversas clasificacións agrupándoas en categorías, ainda que moitos casos poderían catalogarse indistintamente en varios apartados. Vexamos algúns exemplos:

ÚTILES: O actor Anthony Hopkins andivo buscando a lo longo de súa vida unha novela de George Feifer sen encontrarla ata que, de repente, viu un exemplar abandoado no metro. Durante a rodaxe da película baseada nesa mesma novela, aquela resultou ser a única copia -repleta de anotacións- que lle quedaba o autor; un amigo o que lla prestara perderaraa no metro.
O MUNDO É UN PANO: En 1914, unha muller alemana realizou seis fotos o seu fillo e encargoulle a unha amiga de Estrasburgo que lle revelase o carrete. Por culpa da guerra mundial non voltou a vela e non logrou localizar as fotografías. Dous anos despois adquiriu unha película cerca de Frankfurt e fotografou con ésta a súa filla recén nacida. Tras revelala, comprobóu con gran sorpresa que nela apreciabase unha dobre exposición, a que acababa de comprar era curiosamente a película que perdera en Estrasburgo.
LITERARIAS: En 1837, Edgar Allan Poe publicou "As aventuras de Arthur Gordon Pym". Nese relato, catro supervivientes dun afundimento, tras permanecer varios días nun bote á deriva, asasinaron e devoraron a un grumete chamado Richard Parker. Corenta e sete anos despois, a embarcación Mignonette afundiu e os catro supervivintes que lograron sobrevivir no bote decidiron comerse ó grumete; chamabase Richard Parker.
ADVERTENCIAS DE PERIGO: Morgan Robertson escribiu no ano 1898 unha novela na que describía a primeira viaxe dun gran transatlántico chamado Titán y que se consideraba "insumerxible". Aquel barco afundiu unha noite de abril despois de chocar cun iceberg no Atlántico. Catorce anos despois, o famoso Titanic naufragou en idénticas circunstancias ás descritas por Robertson, cuio ficticio buque posuía numerosas características parecidas as do Titanic.
VIDAS PARALELAS: En 1900, o rei Humberto I de Italia estivo ceando nun restaurante cuio propietario nacera no mesmo día e na mesma cidade que o monarca ademáis de ser moi parecido a él físicamente. Ambos casaron o mesmo día e cunha muller do mesmo nome. O dono do restaurante abrira o establecemento o mesmo día no que Humberto I de Italia foi coronado rey. Tales foron as coincidencias que o monarca invitouno a un campeonato de atletismo que se celebraba ó día seguiente. No mesmo instante en que lle comunicaron o rei que o seu dobre fora asasinado a balazos, o anarquista Bresci disparoulle causándolle a morte.
NUMÉRICAS:O compositor Richard Wagner naceu no ano 1813. O seu nome consta de 13 letras. Escribiu 13 óperas. Os números do ano do seu nacemento suman 13. Encontrou a súa vocación musical un 13 de outubro. Sufriu 13 anos de desterro. Terminu Tannhauser un 13 de abril e deixou de ser tocada el 13 de marzo de 1845, tras o seu fracaso en París, foi reposta o 13 de maio de 1895. O teatro de Riga (alí foi presentado como director de orquesta) inauguróse un 13 de septembro.A casa onde se facian o seus festivales en Bayreuth foi aberta un 13 de agosto e o último día que pasou nela foi un 13 de septiembre. Wagner faleceu el 13 de febreiro de 1883, decimotercer ano da unificación de Alemaña.
NOMBRES COINCIDENTES: En 1911, tres homes que se apellidaban Green, Berry y Hill foron aforcados en Londres acusados de asasinar a Sir Edmond Godfrey na súa residencia de Greenberry Hill.

Estas son algunhas das historias de grandes coincidencias que podedes atopar en diversos medios, poden ser certas ou pode que se fosen "deformando" co paso dos anos. Crelas ou non xa é cuestón de cada quen.
Pero si hai un dato obxetivo e é o feito de que as casualidades ou coincidencias ocorren, que podan ter algunha explicación máis alá do azar xa depende da interpetración que se faga delas.
O propio Carl Gustav Jung, recoñecido psicólogo e filósofo sentiuse atraido por este tema e acuñou o termo de sincronicidade que é una coincidencia significativa de dous ou máis sucesos na que está implicada algo máis que a probabilidad aleatoria.
No seu ensaio sobre a sincronicidade, subtitulado ,Un principio vinculante non causal, Jung internase sen medo nesta zona inexplorada (que él describe como "oscura, dudosa e rodeada de prexuizos"). Recórdanos que as leis naturais según as cales vivimos están baseadas no principio da causalidade; se pasa esto, ocurrirá aquelo outro. A observación empírica e as experiencias demostran que esto non é sempre así. Pero, insiste Jung, existen feitos que o antigo principio de causalidade non pode explicar.

martes, 28 de julio de 2009

A infancia hoxe


Se unha nenez despreocupada é a meta, a sociedade occidental parece estar fallando, e os medios de comunicación non están axudando. Tres estudos descubriron que os nenos están preocupados por problemas modernos e temen cousas que en xeneracións pasadas nen sequera estaban no seu vocabulario. É como se fose pouco, é moi grande o número de nenos que se aburren con facilidade.

Unha desas enquisas realizouse entre 500 nenos de Estados Unidos de entre 6 e 11 anos. Entre eles descubriuse que un tercio tiña medo que o planeta Terra non exista cando eles sexan grandes. E o 56 por cento cree que o noso mundo no será un lugar bo para vivir cando medren.

Temas como o calentamento global e ol cambio climático asociado. E ademáis cómo estamos destruindo el medio ambiente. Pero non son temas que os nenos deban discutir, si ben se lles pode ensinar a querer o medio ambiente, e a cuidarlo, no hai necesidade de aterrorizarlos.

Outro estudo en Inglaterra, feito entre 200 mil nenos de entre 6 e 14, e entre 18 mil maestros. Descubriu que o 82 por cento declarabase feliz a meirande parte do tempo. O 51 por cento tiña medo de que o seus pais se divorciasen. Outro tanto viase atemorizado polo crime e a violencia nas rúas.

E o factor de maior infelicidade, era o aburrimento. O 74 por cento dos nenos ingleses aburrianse gran parte do tempo. Esto unido a que os adultos esperaban demasiado deles, ou os facían traballar moito. Os nenos querían máis liberdade para xogar, relaxarse e ser creativos, din os autores do estudo.

Outro estudo amosou que o 61 por cento dos nenos estaba preocupado pola recesión, e o 14 tiña medo de ser apuñalado.

Esta claro que o que lle falta a estos nenos é xogar máis, e os adultos tamén. Os nenos no deben estar o tanto das preocupacións dos adultos, hai que esconderle eso para cando sexan suficientemente maiores como para poder asimilar eses problemas. Cando se é neno, só poden ver esos temas que preocupan ós adultos como temores.

Non serve de nada atemorizar os nenos. Hai que deixalos que podan disfrutar da nenez, e se divirtan. A sociedad depende do xogo. Os nenos deberían poder xogar fora, na natureza. Pero ma meirande parte das cidades eso xa apenas pode ser.

Ser neno hoxe en día non debe de ser moi fácil, que poucas veces nos paramos a pensar niso. Moitas das veces paramonos a ver aterrados as cousas que os menores poden chegar a facer e tratamos de buscarlle explicación, tal vez se nos parasemos un pouco máis a saber o que pensan e como ben o mundo as cousas serían diferentes.

Qué dende tan nenos teñan certas preocupación paréceme terrible, deberian ter que preocuparse so de medrar , de divertirse, de aprender e de xogar (pero non como se xoga agora pechado sos nunha habitación).



As orixes do día da Patria Galega


O 25 de xullo, celebramos o día do noso país, en palabras de Castelao: "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".As orixes desta celebración remóntanse ó 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.Dende esta primeira convocatoria, as manifestacións organizadas para conmemora o Día de Galicia estiveron sempre condicionadas pola situación política de cada momento, aínda que sempre tiveron como eixo central a reivindicación dos nosos símbolos e a nosa identidade coma país.Durante a longa noite de pedra, as sociedades galegas na emigración manteñen acesa esta convocatoria e, en Galicia, o galeguismo se concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía na igrexa de Santo Domingo de Bonaval.A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo. É no 1973 cando se empeza a utilizar o termo "Día da Patria Galega", denominación que pouco a pouco se vai consolidando e que se mantén na actualidade, aínda que tamén se segue utilizando a de Día de Galicia.Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, a práctica totalidade das organizacións políticas e unha boa parte das institucións públicas programan todo tipo de actividades para conmemoraren esta data. Ás declaracións institucionais da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego; ós bandos municipais chamando ós veciños e veciñas a celebrar o Día e a colocar a bandeira galega o mesmo 25 de xullo en rúas e balcóns; ás conferencias, mítins e xornadas de confraternidade que preceden ou teñen lugar o propio 25, hai que sumar as manifestacións populares de carácter reivindicativo que ese mesmo día percorren as rúas de Compostela.Noutro novo 25 de xullo , prentenderase , parafraseando ás Irmandades da Fala, "estreitar os lazos entre os galegos da metrópoli e os que teñan residenza nas nosas numerosas colonias sen bandeira" e ser unha vía para amosarmos a nosa pertenza a un pobo con identidade de seu.

miércoles, 22 de julio de 2009

Efecto Halo

O Efecto halo é un sesgo cognitivo que fai pensar que unhas características limitadas se aplicaquen a todo. Consiste en apreciar unha característica en particular dunha persoa e xeralizala a personalidade ou aptitudes désta en torno á característica apreciada, ainda cando o resto das características ou habilidades non se conleven coa evaluada.
Por exemplo, segundo este principio a maioría dos seres humanos dan por sentado,inconscientemente, que a xente rica, poderosa, famosa e fermosa é máis intelixente e digna de confianza que os individuos correntes.

Pero o máis curioso deste efecto é que é difícil de modificar, ainda cando se presenta a evidencia contraria o xuizo realizado.

Para tratar de saber máis acerca deste efecto Nisbett y Willson fixeron un interesante estudo. O experimento que levaron a cabo foi o seguinte: Tomaron dous grupos de suxeitos -alumnos da universidade- e a cada un ensinaronlle un video dun profesor nunha clase.O profesor era o mesmo nos dous videos, pero en cada video comportabase de forma diferente: nun era amable e tranquilo o responder as preguntas dos estudantes e no outro era autoritario e mandón.

Un grupo só viu o personaxe “bo”, e o outro só viu o personaxe “malo”. Unha vez que cada grupo viu o video correspondente, pediuselle que evaluasen o atractivo físico do profesor.

O grupo que viu o video do profesor "bo" clasificouno como máis atractivo que o grupo que viu o video do profesor malo. Esto confirmaba para os investigadores a presenza do efecto halo no xuizo que facían os suxeios do profesor, pero a novidade que viu a agregar o estudo é que cando se lles suxeriu os sueitos que quizais a súa evaluación do atractivo físico estaba influenciada por a forma de comportarse do profesor, rehusaron a sopesar isto e continuaron convencidos de que o seu xuizo fora emitido con obxetividade.

Sen embargo, máis alá do ámbito de estudo, o efecto halo tamén é un importante obxecto de reflexión sobre o noso comportamento "de-andar-pola-casa".

Hay persoas que dicen eso de "dáseme moi ben catar a la xente cun so vistazo".

Máis alá dos estereotipos, que tamén nos influencian moito, ¿xuzgamos á xente a partir dun só rasgo, xeneralizándoo a outros ámbitos?


Cando nos xuzgamos a nos mesmos, o noso comportamento sempre é situacional, é decir, condicionado os factores externos. Actuamos dunha determinada maneira porque as circustancias o requeríron así. Cando xuzgamos a outros, habitualmente inferimos factores internos: actúa así porque é así. Este outro efecto, relacionado co efecto halo, levanos a xerar "teorías" sobre alguen, sobre a súa personalidade; que resultan moi difíciles de cambiar.


Así que, antes de categorizar a alguén como antipático, maleducado, soso, estúpido ou demáis lindezas , sería bo tratar de analizar os motivos que nos conduciron a configurar esa opinión.

martes, 21 de julio de 2009

Corinne Bailey Rae:I´d like to



Me gustaría

Yacer aquí contigo me recuerda a aquellos días
Candice y yo despertabamos una ola de calor
Su madre en el jardín invitando a todos
Ooh, recortemos nuestros vaqueros viejos y salgamos
El vecino siempre sonriente con el bebé sobre su rodilla
Rhia sentada enfrente conseguiendo su pelo cardado y engrasado
La música, sonando desde el el coche aparcado en la calle
Tengo que repetir esta nueva canción, oh oh

Me gustaría poner mis dedos en ti
me gustaría pintar un cuadro para ti
A veces, no entiendes de donde procedo
Estoy tratando de hacertelo ver
Yo deseo cosas sencillas

Creciamos y no teníamos mucho dinero
Solíamos pasar el verano jugando partidos
Vasos de plástico para el ron y ponche, comer pollo caliente y dulce
Todas las mujeres discutiendo qué es el amor, como, ooh sabes lo que quiero decirte..
Y estoy sentada viendo a los chicos con la esperanza de que me llames.

Me gustaría poner mis dedos en ti
me gustaria pintar un cuadro para ti
A veces , no entiendes de donde procedo.
Estoy tratando de hacertelo
Yo deseo cosas sencillas


Quizás ahora o tal vez luego desee querer a alguien
Delicado, íntimo, que suela soñar con amar a alguien
Ahora vienes tu con tu con tus cosas a por mí
Sé que estoy enamorada

Me gustaría poner mis dedos en ti
me gustaría pintar un cuadro para ti
A veces, no entiendes de donde procedo
Estoy tratando de hacertelo ver
Yo deseo las cosas sencillas

Me gustaría poner mis dedos en ti
me gustaría pintar un cuadro para ti
A veces, no entiendes de donde procedo
Estoy tratando de hacertelo ver
Yo deseo las cosas sencillas


Ooh, me gustaría poner mis dedos en ti

Este é outro pequeno tesouro musical, encántame esta canción. En xeral gústame a música desta rapaza inglesa, que so ten un disco no mercado co que tivo grandes éxitos no 2007. Este disco chámase igual que ela e está cheo de cancións preciosas, sensuais, doces e cargadas de sensibilidade, no que hai toques de soul, jazz e rhythm and blues.
Espero que vos guste e tamén espero que saque disco pronto para poder seguir disfrutando da súa música.


sábado, 18 de julio de 2009

Cambiar o chip



As veces parece que nas nosas vidas todo vai o revés, que nada sae ben e que os problemas veñen uns detrás de outros sen deixar tempo para un respiro. Como todos nos vimos algunha vez ou varias veces nesta situación o longo das nosas existencias creo que o texto que deixo a continuación pode ser unha pequena axuda para ver as cousas dun xeito diferente, con outra prespectiva.

A vida pode cambiar en todos os seus aspectos para poder disfrutala e ser felices e facer felices ós seres queridos con só cambiar de estado de conciencia.
É común que as desgrazas non veñan soas, porque todo se relaciona con estados mentais negativos que atraen todo o negativo, que a veces se poden producir o mesmo tempo; como a pérdida dun traballo, o falecemento dun ser querido, relacións nefastas, un divorcio, etc.
Todo esto podería cambiar con só un cambio de conciencia. É a tarefa específica de todo psicólogo, tratar de que os seus pacientes logren unha mirada máis ampla e cheguen a percibir o mundo doutra forma, para terminar cos seus problemas y poder gozar da vida; porque en definitiva todo depende deles mesmos.
As ideas tanto negativas como positivas teñen o poder de convertirse en realidades; son como sinais magnéticas que atraen tanto o bo como o malo; e se o empeño está concentrado no pasado, ese pasado estará sempre vivo e fresco e tenderá a repetirse.
A creencia fundamenta a idea. Se unha persoa cree que é un fracasado, así será, se cree que non pode, no poderá, e se ten medo provocará aquelo que teme.
As ideas positivas teñen máis poder que as negativas, e tamén resultados diferentes, de modo que se se logra cambiar as ideas pódese cambiar tamén a vida.
Se ata o día de hoxe os pensamentos foron negativos, non importa, pódese cambiar hoxe e ter a oportunidade de modificar o futuro.
O presente é o resultado das ideas do pasado e o futuro será o resultado das ideas de hoxe.
Cando unha persoa se da conta que todos os sufrimentos e sinsabores que experimentou atraeunos ela mesma, un cambio de conciencia é posible.
A negación e a dificultade para cambiar, radica no feito de adxudicarlle á fatalidade, á sorte, ós condicionamentos familiares, o a oturas circunstancias externas a responsabilidade dos acontecementos.
A nosa mente sempre está pensando e temos gran cantidade de ideas que non podemos controlar. Pretender controlalas é imposible, pero se podemos cambiar as nosas emocións, poderemos cambiar as nosas ideas.
Se temos sentimentos de odio, rancor, resentimento, culpa, medos, preocupación, envexa, ciumes, orgullo, teremos ideas negativas que producirán eventos non desexados.
Se en cambio sentimos amor, caridade, confianza, xenerosidade, humildade e bon humor, e estamos dispostos a perdoar toda ofensa, as nosas ideas cambiarán, serán positivas, e atraerán feitos positivos.

Pois iso que un cambio de chip, un cambio no xeito de tomarse as cousas, non dramatizar, tomarse a vida con humor axudanos a levar os malos momentos doutra forma. Isto non é fácil de conseguir pero se somos capaces de facelo todo é moito máis levadeiro.