martes, 18 de agosto de 2009

The gossip: Heavy cross



Cruz pesada

Este es un mundo cruel cruel, para enfrentarse a él,
una cruz pesada, para cargar con ella,
las luces están encendidas,
pero todo el mundo se fue, y es cruel .

Es divertido, hacer equilibrios para vivir,
cuando las luces están encendidas en todas la calles,
me hace sentir bien, pero incompleta, sin diversión.

Lo comprobé,ya está hecho, deshazlo tú.
Tomar dos, para ti y para mi y demostrarlo.
Durante las noches lluviosas, aún en los días más fríos,
Tu estábas a unos momentos, pero segundos lejos,
Es un principio de la naturaleza, cierto pero, este es un mundo cruel.

Podemos jugar seguro, o podemos jugar guay,
seguir al lider o hacer las reglas,
Se lo que sea lo que quieres, la opción es tuya,tu eliges.
Lo comprobé,ya está hecho, deshazlo tú
Tomar dos, para ti y para mi y demostrarlo.

Solo sé, ya está hecho, deshazlo tú.
Tomar dos, para ti y para mi y demostrarlo.

Solo sé, ya está hecho, deshazlo tú.
Tomar dos, para ti y para mi y demostrarlo.

Simplemente lo sabía.

Este é o novo sencillo do grupo americano The gossip (Os cotillas), o que forma parte do seu novo albúm Music for men lanzado o mercado o 19 de xuño deste mesmo ano.É un grupo que sigo desde hai un tempo e que non deixa de sorprederme coa súa boa música.
The gossip é unha banda de indie rock formada no ano 1999 en Searcy, Arkansas ,os seus compoñente son Beth Ditto( voz), Brace Paine (guitarra) y Hannah Blilie (batería).
Beth Ditto indisvutible lider desta banda é un icono pop, recoñecida lesbiana e orgullosa talla grande, ademáis de implacable crítica doutros grupos e cantantes .Anda sempre envolta en polémicas varias, dende logo cumpre todos os clichés para elo.
Esta canción encántame, ademáis de parecerme de moita calidade musical. Espero que a disfrutes e bailedes un pouco, que os pes vanse o escoitala..

sábado, 15 de agosto de 2009

Seis grados de separación

A todos nos pasau alguna vez; empezas a falar cunha persoa que acabas de coñecer e descobres que é (por exemplo) curmán dun amigo da universidade, noutras palabras, resulta que este perfecto descoñecido e ti estades conectados por unha persoa en común
Seis grados de separación é unha teoría que intenta probar o dito de "o mundo é un pano", dito doutro modo, que calquera na Terra pode estar conectado a calquera outra persoa do planeta a través dunha cadena de coñecidos que non ten máis de cinco intermediarios (conectando a ambas persoas con só seis enlaces).

Segundo esta Teoría, cada persoa coñece de media, entre amigos, familiares e compañeiros de traballo ou escola, a unhas 100 personas. Se cada un deses amigos ou coñecidos cercanos se relaciona con outras 100 persoas, calquer individuo pode pasar un recado a 10.000 persoas máis tan so pedindo a un amigo que pase a mensaxe os seus amigos.

Estos 10.000 individuos serían contactos de segundo nivel, que un individuo no coñece pero que pode coñecer fácilmente pedindo os seus amigos e familiares que llo presente.Este argumento supón que os 100 amigos de cada persona non son amigos comúns. En na práctica, esto significa que o número de contactos de segundo nivel será sustancialmente menor a 10.000 debido a que é moi usual ter amigos comúns nas redes sociais.

Se esos 10.000 coñecen a outros 100, a red ampliariase a 1.000.000 de persoas conectadas en nun tercer nivel, a 100.000.000 nun cuarto nivel, a 10.000.000.000 nun quinto nivel e a 1.000.000.000.000 nun sexto nivel. En seis pasos, e coas tecnoloxías dispoñibles, poderíase enviar unha mensaxe a calquer individuo do planeta.


A historia desta teoría coincide coa publicación do libro “Chains” do escritor Frigyes Karinthy no ano 1929. Nun principio tomouse como unha mera lenda urbana, pero máis tarde,na década dos 50, dous científicos da IBM e MIT propuxeronse demostrala matemáticamente e nos 60 o psicólogo Stanley Milgram probouna empíricamente facendo un sinxelo experimento: Propuxolle a varias persoas que tratasen de contactar con outras das que só poseían de información o nome e a localización aproximada da súa residencia utilizando tan so unha cadea de coñecidos. Comprobou que a media de intermediarios que debía haber entre unha persona e outra era de seis.

Co desenrolo das novas tecnoloxías e de Internet, levaronse a cabo experimentos máis abertos para demostrar a veracidade desta teoría. Un exemplo é o xogo de Kevin Bacon, un actor dos EEUU que propuxo os internautas que o relacionasen con calquer outro actor do mundo a través de actores que nalgún intre traballaran con él.

Pois ben esta entrada hoxe ven a que nos facebook están a realizar un novo experimento para tratar de demostrar esta teoría ,eu xa me apuntei, a ver se sae algo de ahí, tereivos informados.

jueves, 13 de agosto de 2009

Verdades sobre a mentira




Mentir é "decir algo que non é verdade con intención de enganar". E unha definición máis académica, "expresión ou manifestación contraria ó que se sabe, cree ou pensa". Así que quen engana ou confunde sen ser consciente de facelo, non minte: simplemente trasmite ós demáis a súa propia equivocación.
A única verdade é que todos mentimos, por acción ou por omisión pero facémolo. Conforme imos medrando, descubrimos que a sinceridade non é sempre posible ou convinte porque podemos causar máis dano que con unha mentira. Hai mentiras máis positivas que outras xa que hai moitas situacións nas que unha mentira ten un efecto beneficioso ou paliativo se a transmitimos de maneira correcta.
Todos, antes ou despois, mentiremos o longo da vida e é bo non dramatizar tanto co tema e abordalo con sensatez e na súa xusta medida.
É moi importante ter en conta a relación que cada pesoa mantén coa mentira. Hai individuos que só recurren á mentira cando é compasiva, ou cando lles proporciona resultados positivos sen xerar engano importante ou si se trata dunha tontería. Tamén os hai que minten a miudo, casi por costume e só en temas pouco relevantes ou quen minte para encubrir cousas que cree que van ser desaprobadas por os demáis.
Pero non debemos deixar de lado os que minten esporádicamente pero a conciencia, xerando dano ós demáis ou perseguindo beneficios personais. E tamén os hai que minten, ou calan verdades necesarias, por timidez, por vergonza ou por falta de carácter. Por último, están os mentirosos patolóxicos, que minten cunha facilidade escandalosa, por conveniencia ou por unha absoluta e descarada falta de respeto á verdade.
Hai persoas que non mienten nunca por razóns ben distintas da ética: por medo a ser descubertos, por temor a no recordar os detalles da mentira no futuro, por orgullo... Pero razóns bastante similares son as que poden impulsarnos a mentir ou omitir o que pensamos ou sabemos. Tan importante como mentir ou decir a verdade é a intención con que se fai calquera das dúas cousas. Ese é o verdadeiro dilema moral. Unha mentira que non dana a ninguén ou incluso reporta beneficio o seu destinatario pode ser máis defendible que unha verdade que causa dolor innecesariamente.
Mentimos por moitas razóns: por conveniencia, odio, compaixón, envexa, egoísmo, ou por necesidade, ou como defensa ante unha agresión; pero non todas as mentiras son iguais. As máis inconvintes son as mentiras para non responsabilizarnos das consecuencias dos nosos actos. E as inadmisibles son as que fan dano, as que equivocan e as que poden conducir a tomar decisións perxudiciais. Os dous parámetros esenciais para medir a gravedade da mentira son a intención que a impulsa e o efecto que causa.
A mentira racional persigue un interés concreto, é malévola e emitese coa intención de perxudicar ao enganado.
As relaciósn humanas baseanse na confianza e recurrimos a un protocolo de comunicación ou finximento no que o disimulo e a mentira son comopñentes esenciais.Non somos igual de sinceros ante uns que ante outros e non sempre máis sinceridade xera unha maior confianza.
A información é poder, sabelo todo sobre alguén equivale a unha forma de posesión. en certa maneira, a amizadee ou o amor mídense por o grao de coñecemento recíproco da intimidad, e pola confianza existente entre as persoas. A confianza é unha actitude básica, porque preside a totalidade das interaccións. Apostar pola confianza do outro é considerarlo de fiar.
Se queremos ser críbles, gozar da confianza allena, teremos que deixar de lado o engano.
A mentira pode facer moito dano o que a recibe pero a quen máis perxudica é o mentiroso, xa que o convirte nunha persoa pouco fiable, indigna de confianza e carente de crédito.
Unha das máis dañinas clases de mentira é o autoengano. Se nos creemos e mostramos como non somos, nunca saberemos se nos queren ou desprezan a nos mesmos ou á imaxe fraudulenta que nos fabricamos.Tamén autoenganarnos nos leva a facer ou manter cousas nas nosas vidas pensando que son necesarias, que nos fan falla ou que é o conveniente cando no fondo sabemos que non é asi, isto pode conducir a cometer erros que marquen as nosas vidas e incluso a infelicidade. As veces vemos o que queremos ver, enganadonos a nos mesmos.

lunes, 10 de agosto de 2009

A verdadeira idade





A idade cronolóxica non coincide coa idade biolóxica que realmente temos, porque non todos envellecemos igual.
Os nosos hábitos, costumes, gustos, tendencias, pensamentos, ideas e formas de ver o mundo poden limitar ou extender o noso paso por este planeta.
Un dos aspectos que máis preocupa os ciudadans do nosos mundo é a idade. Cumplir anos, lonxe de ser un motivo de celebración, como paradóxicamente pasa, é un motivo para poñerse triste e preocuparse por estar facéndose maior.
Sentir o paso dos anos non deixa indiferente a ninguén. A fecha na que nacemos marca a nosa idade cronolóxica, pero non é a única idade que podemos ter. Existe outra idade máis relevante, xa que marca a evolución e a natureza das nosas células; moitos estudosos afirman que a idade biolóxica é a idade real.
Científicos do instituto alemán Max Planck identificaron por primeira vez un grupo de proteínas que permiten coñecer a verdadeira idade biolóxica de un individuo. Trátase de moléculas que se liberan cando os extremos dos cromosomas (telómeros) se acurtan, un fenómeno que según se demostrou está ligado ó envellecemento. Esas mesmas proteínas aparecen tamén cando o ADN das células sofre algún tipo de dano. Medindo os niveis destes biomarcadores en sange pódese averiguar a qué velocidade está envellecendo o noso organismo.
O corpo humán ten capacidades distintas dependendo dos factores nos que nos desenvolbamos, é decir, cada persoa ten o esu propio organismo e a súa propia vida, e a idade biolóxica dependerá da verdadeira idade das nosas células.
O paso do tempo non afecta do mesmo modo a todas as persoas, que ademáis, están expostas a distintas situacións que condicionan a súa vida: o traballo, as relacións có resto das persoas, o clima, o lugar de nacemento, a propia natureza da persoa, … Todos estes son factores que afectan á idade biolóxica, pero que evidentemente, no teñen nada que ver co a idade cronolóxica.
Ademáis hai outro tipo de idade que é a idade de espíritu, é decir, o como cada quen se sente independentemente da idade cronolóxica que teña, todos coñeceremos casos de xente moi nova que se sente ou pensa como alguén de moitos máis anos, ou xente moi maior con formas de pensar e de vivir que non correspondería a súa idade( se iso está escrito nalgures). Para min esta é a idade máis importante e a que condiciona máis o noso xeito de vivir e a nosa capacidade de disfrutar do paso dos anos.

jueves, 6 de agosto de 2009

Un conto sobre o amor


Había unha princesa que estaba tolamente namorada dun capitán da súa garda , so tiña 17 anos e non tiña ningún outro desexo máis que casar con él, incluso a costa do que puidera perder. O seu pai que tiña fama de sabio non deixaba de decirlle:

-Non estás preparada para percorrer o camiño do amor.O amor é renuncia e así como regala, crucifica. Aínda es moi nova e as veces caprichosa, se buscas no amor só a paz e o pracer, no é este o momento de casarte.

-Pero, meu pai, ¡sería tan feliz xunto a él!, que non me separaría nin un só instante do seu lado. Compartiríamos ata o máis profundo dos nosos soños.

O rei reflexionou e dixo para si:

-As prohibicións fan crecer o desexo e se lle prohíbo que se encontre co seu amado, o seu desexo por él medrará desesperado. Ademáis os sabios din: “Cando o amor vos chegue, seguideo, a pesar de que os seus camiños son arduos e penosos”.

O fin dixolle a súa filla:

-Miña filla, someterei a proba o teu amor por ese xoven. Serás encerrada con él corenta días e corenta noites. Se o final seguides querendo casar é que estás preparada e só entón terás o meu consentimento.

A princesa, tola de alegría, aceptou a proba. Todo marchou perfectamente os primeros días, pero tras a excitación e a euforia non tardou en presentarse a rutina e o aburrimiento. O que o principio era música celestial para a princesa foise tornando ruido e así comenzou a vivir un extrano vaivén entre a dor e o pracer, a alegría e a tristeza. Así, antes de que pasaran dúas semanas xa suspiraba por outro tipo de compaña, chegando a repudiar todo o que dixera ou fixese o seu amante. Ás tres semanas estaba tan farta de aquel home que berraba e aporreaba a porta do recinto. Cando a fin puido sair de alí,votouse nos brazos de seu pai agradecida por habela liberado de aquel a quén chegara a aborrecer.

Despois dun tempo, cando a princesa recobrou a serenidade perdida, dixolle o seu pai:

-Pai, falame do amor.

O rei dixolle:

-Escoita o que din os poetas do noso reino:

“Deixade que na vosa unión medren os espacios.

Amádevos o un o outro, máis non fagades do amor unha prisión.

Enchédevos mutuamente as copas, pero non bebásdes da mesma.

Compartide o pan, máis non comádes do mesmo pedazo.

E permanecede xuntos, máis non demasiados xuntos,

pois ni o castiñeiro nin o ciprés, crecen un á sombra do outro”.

martes, 4 de agosto de 2009

Optimismo




Din os especialistas que o optimismo é o camiño máis curto hacia a felicidade. ¿Nácese optimista ou é posible aprender a mirar á vida con ollos máis venturosos?

A definición de optimismo que atopamos no diccionario é “a propensión a ver e xuzgar as cousas no seu aspecto máis favorable”. Dacordo con isto, quenes hoxe investigan as características do optimismo deteñese en dúas cuestións principais: ¿O optimismo é a actitude que nos guía á felicidade máis contundentemente? ¿É unha cualidade innata ou podemos aprendela?
Os científicos responden á primeira cuestión afirmando que as persoas optimistas son máis felices por mirar o mundo con mellores ollos. Esta actitude favoreceos en cuestións de saude ( enferman menos ou transcurren as enfermidades de mellor ánimo) , e ademáis teñen máis éxito nos seus traballos, os seus estudos ou calquer outra actividade que realicen.Soen ter un espiritu máis combativo, réndense con menos facilidade, e sobrelevan as adversidades de mellor maneira.
En canto á segunda cuestión, existen moitas máis dudas que certezas. Moitos pensadores, como o fundador da psicoloxía positiva Martin Seligman, afirman que ata as persoas máis cínicas son capaces de aprender optimismo e mellorar a súas vidas.
O importante é remarcar que mentras o pesimista síntese impotente ante a adversidade, o optimista considera os golpes da vida como desafíos temporais e reversibles.
A investigadora estadounidense Carol Dweck, autora do libro “Mindset“, tambén opina que o optimismo pode aprenderse. Considera que o optimismo está ó alcance de todos con só adoptar o que ela define como “mentalidade de cambio”: ter conciencia de que somos persoas cambiantes, que crecemos cada vez que nos arriscamos a aprender algo novo e que o optimismo incrementa cando nos damos conta de que somos donos do noso destino.
A mellor maneira de criar optimistas é educando os máis novos cunha “mentalidad de crecemento”: aumentar a súa autoconfianza felicitándolos polos seus esforzos e non polos seus logros.

sábado, 1 de agosto de 2009

Muse: Hysteria



Histeria
Me está molestando, rallándome
Y retorciéndome
Sí, estoy eternamente hundiéndome
Y volviéndome del revés

Porque lo quiero ahora
Lo quiero ahora
Dame tu corazón y tu alma
Y estoy estallando
Estoy estallando
Dame tu completo control

Está agarrándome, transformándome
Y forzándome a esforzarme
Para estar eternamente frío por dentro
Y soñando que estoy vivo

Porque lo quiero ahora
Lo quiero ahora
Dame tu corazón y tu alma
Y no estoy rompiendo a llorar
Estoy estallando
Dame completo control

Y te quiero ahora
Te quiero ahora
Siento mi corazón implosionar
Y estoy estallando
Escapando ahora
Sintiendo mi fe desgastarse

Este é unha dos meus grupos preferidos, conseguen que se me poña a pel de pita cada vez que os escoito e morro por velos en cocerto.
Muse é unha banda inglesa de rock alternativo con mezclas de música clásica e psicodelia, un tanto gótico, orixinaria de Teignmouth, Devon. Os seus integrantes son Matthew Bellamy (voz, guitarra, e piano), Dominic Howard (batería) e Chris Wolstenholme (baixo, teclados, coros). no ano 1999 publicaron o seu primeiro album chamado Showbiz.
Costoulles o seu pero agora son unha gran banda fan xiras internacionais e tocan nos mellores festivais de todo o mundo.
Encantame a potencia da súa música, eses guitarreos incribles e a alucinate voz do cantante.
Espero que vos guste.