martes, 26 de enero de 2010

Atracción interpesoal


Os seres humanos tendemos a buscar a compaña dos demáis e, xeralmente, non nos gusta a soidade. Pero esta conducta afiliativa non é indiscriminada, senon selectiva. Non todas as persoas nos atraen por igual. Algunhas, máis que outras, despertan o noso afecto, a nosa sensualidade, a nosa sexualidade ou, simplemente, a nosa atención. Baixo o concepto de 'atracción interpersonal' englóbanse formas moi heteroxéneas de atracción, que van desde o aprecio superficial ó afecto profundo, íntimo e duradeiro que pode haber entre unha parella de namorados.

A psicologxía social tentou dar resposta á cuestión de por qué a xente se une a uns compañieros preferidos sobre outros; por qué hai persoas que se namoran tolamente de alguén en quen os demás non aprecian ningún atractivo; por qué, en definitiva, a todos nos gustan unhas persoas máis que outras.


Factores que interveñen na atracción entre persoas


O aspecto físico


A pesar de que estamos cansados de escoitar que o aspecto físico non é o verdadeiramente importante mentras que a personalidade sí o é, os estudos demostran que nos gusta mirar ás persoas atractivas por simple pracer estético, son mellor tratadas, mellor consideradas como persoas (a súa beleza exterior extendese o seu interior: simpatía, competencia, bondade...), e crese que teñen posibilidades dun futuro mellor e de ser máis felices que as non atractivas.

Este comportamento xeralizado observase dende a infancia, donde os nenos guapos teñen máis probabilidades de ser elexidos como amigos e menos de ser culpados polos profesores de mal comportamento, polo que posteriormente van desenrolar unha maior confianza en sí mesmos e unha mellor autoestima.

Nas investigacións levadas a cabo sobre esta variable chegouse á conclusión de que o aspecto físico ten unha importancia decisiva para provocar atracción ó inicio das relacións interpersonais e que importa máis ós homes que ás mulleres. A medida que avanza unha relación, se é que é duradeira, o físico deixa de ser tan importante e adquieren relevancia as cualidades e os rasgos psíquicos. O aspecto físico ten pouca importancia no mantemento dunha amizade, tendoa en cambio rasgos como a bondade, a intelixencia, a amabilidade e a xenerosidade. Por outra parte, ocorre as veces que alguén que nun primeiro encontro nos resultou feo ou pouco atractivo, acaba resultandonos máis atractivo despoís de tratalo con certa frecuencia.

A similitude

Existen unha gran cantidade de características comúns entre as persoas que establecen unha relación íntima. A raza, a idade, a intelixencia, o nivel socioeconómico e educativo, a relixión, os valores..., son características que solemos compartir coas nosas amizades e parella.

Solemos querer proseguir unha relación con aquelas persoas nas que encontramos similitudes, sobre todo na personalidade. A teoría de que as complementariedades se atraen non está xustificada, ainda que sí pode pasar que nunha parella ambos membros se vaian volvendo complementarios ó desenrolarse e intercambien diferentes papeis segundo a ocasión.

A razón de que nos gusten as personas que comparten cousas con nos é a de que apoian as nosas conviccións. Pensamos que se o resto está de acordo con nos, nos debemos de estar no certo. Esto agrádanos e fai que nos gusten esas personas que nos fan sentir a gusto con nos mesmos, tamén aquelas das que recibimos elóxios.

A regra de la similitude parece non funcionar no caso da xente que ten un baixo concepto de sí mesmo. Neste caso buscan relacións que non lles recorden para nada a eles. Tampouco aceptan gratamente os cumplidos, porque son interpretados como falsedade.

A proximidade

A meirande parte dos nosos mellores amigos viven na nosa cidade, vila, pobo ou preto dela. Dende pequenos relacionamonos máis coa xente a que vemos máis asiduamente. A probabilidad de coñecer íntimamente ou simplemente coñecer a alguén que viva a centos de kilómetros de nos é máis baixa que a de coñecer profundamente a alguén da nosa cidade. O tempo en común, as vivencias compartidas, o poder dar axuda e recibila, a implicación..., sempre vai a poder desenrolarse mellor se dúas persoas viven próximas.

Pero no só interveñen a disponibilidade e a conveniencia, tamén se demostrou que a xente á que máis vemos, máis familiar nos parece e menos nos costa ó relacionarnos. Sentímonos máis cómodos e podemos chegar a predecir máis o seu comportamento e adaptarnos en base a éste, do que o faríamos frente a un completo extrano.

Tamén se desenrolan pensamentos máis positivos frente ás persoas que cremos que volveremos a ver. Incluso se demostrou que as cousas que nos resultan familiares (unha canción, un cuadro...), simplemente polo feito de estar expostos a elas, fanos estar máis receptivos e gústanos máis.



A complementariedade de necesidades.



Todos coñecemos casos de persoas que, sendo opostas atraense. Moitas veces unha persoa ten e pode dar o que a outra lle falta. Dúas razóns poden levar a dúas persoas tan distintas a quererse: a primera é a satisfacción de necesidades; a segunda refírese á gratificación que unha persoa obten ó unirse a outra con características que ela desexaría para sí.

Non é incompatible que na atracción interpersoal interveñan ó mesmo tempo factores de semellanza e de complementariedade. Nos estudos sobre factores que incrementan a atracción a semellanza refírese a actitudes, valores e sistemas de crenzas; mentras que a complementariedad aplícase as motivacions, desexos e necesidades.

A reciprocidade da atracción.


A veces é difícil saber quen te quere ou te aprecia, é moi gratificante sentirse querido; o mero feito de pensar que alguén te estima, pode facer que te sintas atraído/a por él ou ela. Este factor é o que favorece a cohesión dos grupos. O sentirse apreciado por un grupo de pertenza fai que un aprecie máis ese grupo e ten outras consecuencias beneficiosas como o aumento da autoestima e da sociabilidade. No obstante, esta tendencia a querer a quenes nos queren está influenciada por variables como as expectativas de reforzo, a autoestima e o estado afectivo da persoa.

martes, 19 de enero de 2010

A actitude


A actitude é máis importante que o pasado, que a educación, que o diñeiro, que as circunstancias, que o que a xente fai ou di.É máis importante que a apariencia, o talento ou a habilidade. O asombroso é que todos os días temos unha elección relativa á actitude que adoptaremos ese día. Non podemos cambiar o noso pasado. Non podemos cambiar o feito de que a xente actúe de certa maneira. Non podemos cambiar o inevitable. O único que podemos cambiar é xogar co fio do que pendemos, esa é a nosa actitude.
.

Charles Swindoll

miércoles, 13 de enero de 2010

Vivir en grupo



Tódalas persoas viven en sociedades e os seus comportamentos, decisións e pensamentos, vense influenciados polas persoas coas que conviven. Moitas veces accedemos a cambiar as nosas opinións pola presión dos demáis.

As persoas adquieren un sentido de pertenencia ó participar dun grupo. Un grupo é unha colectividade de tres ou máis individuos, que se relacionan para alcanzar obxetivos comúns e onde uns influen noutros. As personas buscan os outros e forman grupos para satisfacer unha necesidade de gregarismo e de sentirse involucrados ou de pertencer a algo. Os grupos van desde o familiar o dos amigos máis cercanos, pasando por grupos máis grandes, compostos por membros que desenrrolan relacións permanentes e fortes en función de actividades e metas como formar parte de clubes deportivos, movementos culturais, sociais ou políticos e de pandillas, ata os grupos sociais impersoales baseados en intereses compartidos, como partidos, sindicatos, organizacións laborales ou empresariales.

Un dos problemas ó encontrarnos nun grupo é a influencia que poda ter en nos e na nosa forma de ser. Realizaronse experimentos para comprobar este tipo de influencia. Nun grupo de estudiantes o que se lles mostraba unha liña recta, a liña X e outras tres liñas de comparación, as liñas A, B e C. A súa tarefa era determinar cal das tres liñas tiñaa unha lonxitude máis parella á liña X. O experimento deixaba ver de forma perfectamente crara que a liña B era a que máis se asemellaba á liña X, pero varios estudiantes en complot co experimentador señalaban a liña A, evidentemente errados. Logo o tocarlles o turno a quenes estaban completamente seguros que a resposta correcta era a liña B, a pesar delo, un alto porcentaxe deles cambiaron a súa opinión e dixeron que era a líña A, para estar acorde co grupo.

A presión dos grupos pode chegar a cambiar a opinión obxetiva dalgúns. Estos prefíreno ante o temor a quedar mal cos outros ou de ser ridiculizados polo grupo.

sábado, 9 de enero de 2010

Fin das festas navideñas



Por fin rematou o Nadal, Deus vaia con él, sempre son unhas festas axetreadas para min, moito traballo, reunións familiares, xuntanzas cos amigos, tamén tocou viaxar...vamos que sen tempo para respirar , case nin para durmir e menos ainda para poder escribir algo neste meu blogue.
En fin, que xa estou de volta na bloguesfera e a primeira entrada do ano vai dedicada para todos vos, blogueiros e blogueiras, con esta cancionciña dos meus Sunday que tanto me gusta.

Mi plan

Mi plan es no amarte
tengo mejores cosas que hacer.
Mi plan es solamente hacerte lo que te mereces.

Todas mis reflexiones
sobre nuestras cosas te suenan como
la iniciación de nuestros asuntos
no es verdad?
Qué tengo que hacer para ser como tu?

Puedes usar la gramática,
Es lo más lejos que puedes ir?
Puedo usar palabras desabradables
muy bien, como tu lo haces.
Qué puedo hacer para ser como tu?
Qué puedo hacer para ser tan guay?

Mi plan es no amarte
tengo mejores cosas que hacer.
Mi plan es solamente hacerte lo que te mereces.
Qué puedo hacer para ser como tu?
Qué puedo hacer para ser como tu?
Qué puedo hacer para ser tan guay?

O meu plan é seguir con este blogue e coa vosa "compaña" como ata agora.