martes, 23 de febrero de 2010

O poder da música



Os efectos curativos da música coñécense desde tempos inmemoriales. A musicoterapia é o uso da música para mellorar o funcionamiento físico, psicolóxico, intelectual ou social de persoas que teñen problemas de saude ou educativos.

A musicoterapia úsase con nenos, con adultos e persoas da terceira idade con diferentes problemas. Tamén se emprega con persoas que non están enfermas ou que non teñen ningún problema, para mellorar o benestar persoal, para desarrollar a creatividade, mellorar a aprendizaxe, as relacións interpersonais e para o bo manexo do estrés.

Coa musicoterapia intentase facer chegar ó cerebro uns estímulos que o leven a unha relaxación ou anulación dos que reproducen a enfermidade, a través de diversas melodías coas que se poden conseguir efectos sorprendentes.

Ainda que a musicoterapia xa se coñece dende a antigüedade, nos anos 40 do pasado século utilizábase como rama da medicina recuperativa, que con efectos fisiolóxicos, afectivos e mentais, contribuia a un equilibrio psicofísico das persoas. Hoxe aplícase fundamentalmente en desequilibrios nerviosos, inflúe positivamente sobre o corazón e pulmóns, alcoholismo, drogodependencias....e un longo etc.

Os alcances da música como terapia, transcendeu fronteiras, idiomas e ideoloxías. Por exemplo, en China posuen innumerables álbumes musicais con títulos como: Estreñimento, Insomnio, Fígado, Corazón, etc.

Un estudo da Universidade do Estado de Michigan probou que escoitar 15 minutos de música, incrementaba os niveis de Interleukina en sange. As interleukinas son sustancias que aparecen na adecuada resposta do sistema inmune.

En moitas ocasións na nosa vidas pudemos sentir cómo unha peza musical nos pode traer un precioso recordo e facernos sentir mellor, ou tal vez lle cantasemos a un neno alguna melodía para calmalo ou durmilo, ou nos nosos momentos de soidade, de euforia ou depresión, unha canción pudo ser a nosa cómplice e compañeira, como a música pode cambiar o noso estádo de ánimo, como nos pode facer sentir cousas ou marcar momentos da nosa vida.



Bueno, pois aquí vos deixo unha canción que no seu momento pasou bastante desapercibida pero que agora está moi de moda, a min sempre me gustou e levántame o ánimo sempre que a escoito.

domingo, 14 de febrero de 2010

Abrazos gratis




O contacto físico no só é agradable, é necesario para o noso benestar psicolóxico, emocional e corporal; acrecenta a alegría e a salude do individuo e da sociedade.

Todos funcionaríamos mellor durante o día, se abrazáramos ou nos deixaramos abrazar. Se ben é certo que dar ou recibir un abrazo é algo simple e cotidiano, casi todos descoñecemos a dimensión de plenitude que nos proporciona. O expertos na materia, tafirman que "na súa forma máis elevada, abrazar é tambén un arte". Unha das formas máis naturais e espontáneas de demostrar afectos é a través do abrazo. "Se ben hai moitas formas de tocar, o abrazo é unha moi especial e que contribúe dun modo moi importante, á curación e á saude".

Este xesto dase en todos os niveis de relación interpersoal. Todos temos necesidade de tocar e ser tocados, de amar e ser amados.
Hai que ter moi en conta que o abrazo, é unha das formas máis puras de manifestar afecto e cariño e ademáis, ten moitos beneficios, como o de aliviar a dor, a depresión, a ansiedade e a tensión; acrecenta nos enfermos a vontade de vivir e seguir adiante; axuda os bebés prematuros (que se viron privados de contacto nas súas incubadoras) a medrar e a fortalecerse; fai que vexamos con mellores ollos a nosa propia persoa e o entorno que nos rodea; ten un efecto positivo no desarrollo da linguaxe e no coeficiente intelectual dos nenos; provoca alteracións fisiolóxicas positivas en quen toca e no que é tocado; mantén en bo estado os músculos dos brazos e ombreiros, xa que é un exercicio de flexión e de estiramento; afirma que somos seres humanos; é democrático, xa que calquera é candidato para dar ou recibir un abrazo; crea os lazos máis estreitos entre os individuos, xa que rompe as barreiras emocionais.

O afecto, o contacto físico e o cariño, é algo demasiado importante.É unha das necesidades fundamentais do ser humano, o igual que a auga e o alimento.

E agora unha sesión de abrazos gratis, realmente emocionante.


miércoles, 10 de febrero de 2010

Deixar atrás


Dous monxes zen iban cruzando un río.Encontraronse cunha muller moi nova e fermosa que tamén quería cruzar, pero tiña medo. Así que un dos monxes subiuna sobre os seus ombreiros e levouna ata a outra orilla.O outro monxe estaba furioso. Non dixo nada pero fervía por dentro. Eso estaba prohibido. Un monxe budista non debía tocar unha muller e este monxe non só a tocou, senon que a levara sobre os seus ombreiros.
Recorreron varios kilómetros. Cando chegaron o mosteiro, mentras entraban, o monxe que estaba enfadado volveuse cara o outro e dixo:
-Terei que decirllo ó mestre. Terei que informar acerca disto. Está prohibido.
-¿De que estas falando? ¿Qué está prohibido? -díxolle o outro.
-¿olvidachelo? Levaches esa fermosa muller sobre os teus ombreiros -dixo o que estaba enfadado.
O outro monxe riu e logo dixo:
-Sí, eu leveina. Pero deixeina no río, moitos kilómetros atrás. Ti ainda a estás cargando…


Moitas veces non somos quen de deixar atrás cousas que nos pasan, malos rollos, reconres, odios, dores,malas experiencias, iso é como un pesado equipaxe que nos vai pesando e non nos deixa avanzar nin disfrutar do presente. Así que o mellor é soltar lastre para camiñar máis lixeiros.
Como se suele decir o pasado pasado está.

martes, 2 de febrero de 2010

Por unha mirada...



Ainda que forma parte da expresión facial, a mirada xoga, por sí soa, un papel importantísimo na comunicación non verbal.

“Quen non comprende unha mirada, tampouco entenderá unha longa explicación “ (Proverbio árabe)

A frecuencia coa que miramos ó otro é un indicador de interés, agrado ou sinceridade. A evitación da mirada ou o mirar ós outros só fugaz e ocasionalmente impide recibir retroalimentación, reduce a credibilidade do emisor e da lugar a que se atribúan a éste características negativas.Tamén unha mirada intensa e agresiva pode sen necesidade de palabras atemorizar e provocar rechazo.

O contacto ocular consiste na mirada que unha persona dirixe á mirada doutra persoa. Asi temos dous aspectos na mirada: a frecuencia coa que miramos o outro, e o mantemento do contacto ocular. O feedback é moi importante cando dúas persoas falan entre sí. O que fala necesitan ter a seguridade de que alguén o escoita, e os que escoitan necesitan sentir que a súa atención é tida en conta e que o que fala se diríxe directamente a eles. Ambos requisitos cúmplense cun adecuado uso do contacto ocular.

O contacto visual e as expresiones faciais dannos unha importante información, tanto social como emocional. En efecto, a xente –de maneira inconsciente- investiga a mirada e a expresión en busca de signos positivos ou negativos. En moitas situacións, o contacto ocular desperta fortes emocións.

Só cando dúas persoas se miran directamente ós ollos existe unha base real de comunicación, pero poden existir miradas variantes dependendo da relación entre esas persoas e o tipo de comunicación que se entabla entre elas.

Para entablar unha boa relación con outra persoa, debeselle mirar ós ollos entre un 60% e un 70% do tempo. Todo o menos a este intervalo, implica evitar a mirada do outro e, por tanto, certas dosis de ocultamento e deshonestidade.

Si a relación entre os interlocutores está limitada ó ámbito profesional ou dos negocios, é mellor evitar unha mirada directa, que pudera intimidar ó outro ó mostrar un exceso de confianza; por tanto, é máis correcto imaxinar un triángulo na frente da outra persona e dirixir a él a nosa mirada, o cal crea unha sensación de seriedade e franqueza.

A mirada social cae un pouco máis abaixo; o triángulo abarca dende os ollos ata a boca do interlocutor, creando unha atmósfera agradable.

Por último, a mirada íntima, fai un percorrido máis amplo dende os ollos ata o metón e, dende alí, hacia outras partes do corpo.Baixar a mirada por debaixo da cara tende a intepretarse como maior desexo de intimidade e pode facer que unha persoa,sobre todo se é muller se sinta nerviosa ou enfadada xa que pode ser interpretada como unha insinuación sexual(en moitos casos non desexada)

A dilatación das pupilas é un indicador de interés e atractivo. As nosas pupilas dilátanse cando vemos algo interesante. Ademáis gustannos máis as persoas que teñen as pupilas dilatadas que as que teñen pupilas contraídas. Desta forma no só se pode establecer a actitude dunha persoa hacia algo, xa que canto máis favorable sexa a actitud maior será a dilatación das pupilas, senon que é posible evaluar os cambios de actitudes a través do tempo mediante os cambios paralelos nas respostas das pupilas. A fiabilidade destas medidas ten que ver co feito de que non podemos controlar conscientemente a conducta das nosas pupilas.