jueves, 20 de mayo de 2010

Psicoloxía positiva



A psicoloxía positiva é unha rama da psicoloxía de recente aparición que busca comprender, a través da investigación científica, os procesos que subiacen ás cualidades e emocións positivas do ser humano, durante tanto tempo ignoradas pola psicoloxía.O obxeto deste interés no é outro que aportar novos coñecementos acerca da psique humana non só para axudar a resolver os problemas de salude mental dos que adolecen os individuos, senon tamén para alcanzar mellor calidade de vida e benestar, todo elo sen apartarse nunca da máis rigurosa metodoloxía científica propia de toda ciencia da saude.A psicoloxía positiva representa un novo punto de vista dende o que entende a psicoloxía e a saude mental que ven a complementar e apoiar a xa existente.
A psicoloxía positiva non é un movemento filosófico nin espiritual, non pretende promover o crecemento espiritual nin humano a través de métodos dudosamente establecidos. Non é un exercicio de autoaxuda nin un método máxico para alcanzar a felicidade.Non pretende ser un abrigo baixo o que arropar creencias e dogmas de fe, nin siquiera un camiño a seguir por ninguén. A psicoloxía positiva en ningún caso debe ser entendida fora dun riguroso contexto profesional.

A psicoloxía positiva estuda diversos aspectos do ser humano: emocións positivas como a felicidade, a alegría ou o amor, e fortalezas como o optimismo, a creatividade, a gratitude, a sabedoría, ou a resiliencia.

O doutor Martin Seligman, considerado como un dos fundadores da Psicoloxía Positiva, dispuxo unha forma de estructurar a investigación neste campo que permitira avanzar e proxectala hacia o futuro.
Según Seligman, as tres vías fundamentais a través das cales podemos iniciar ou perseguir o camiño da felicidade son:

A vida pracenteira: esta vía persigue aumentar as emociones positivas no pasado, no presente e no futuro.

A vida comprometida: tratase da posta en práctica das fortalezas personais co obxectivo de desarrollar un maior número de boas experiencias, de fluxo de conciencia ("flow").

A vida con sentido: esta vía incluiría o sentido da vida e o desarrollo de obxectivos que van máis alá dun mesmo.

Por suposto, as tres vías non son nin exclusivas nin exhaustivas, é decir, que se poden perseguir diversos obxectivos no camiño da felicidade e recorrerse dende distintos lugares.

Según o propio Seligman, e sen menospreciar o valor que ten a experimentación de emociones positivas en calquer momento do ciclo vital, o desarrollo da vida comprometida e da vida con sentido poden ter unha maior importancia para a construcción do benestar.

martes, 11 de mayo de 2010

Locus de control


O locus de control refierese á dirección do control que perciben os individuos sobre eles mesmos. Ou ben poden dirixir esta percepción á idea de que son eles os que controlan os seus actos e as consecuencias das súas accións (expectativa de lugar interno de control) ou, polo contrario, tenden a esperar que o control das súas accións e das consecuencias das súas accións se atope no exterior (expectativa de lugar externo de control).
É frecuente ver moitas personas que poseen un locus de control externo. Éstas, enfócanse con frecuencia en buscar quenes son os culpables das súas desgracias: que foron despedidos porque o xefe era un déspota, que os demáis non o aceptan porque lle teñen envexa ou que non gañou á lotería porque pasou por debaixo duhna escaleira.
As persoas con locus de control interno polo contrario asumen a responsabilidade de cada un dos seus actos, sendo conscientes de que tanto o bo como o malo que lles sucede está probocado dalgún xeito por eles mesmos.
Ter un locus de control externo non suele ser saudable, xa que non se asume a responsabilidade dos porpios actos ademáis de que tampouco son cosncientes de que eles son os que dirixen os seus pasos senon que en moitas ocasión o seu destino xa está marcado e so se teñen que deixar levar porque non hai nada que eles podan facer para cambiar o curso dos acotecementos.
Ter un locus de control interno pola contra é máis saudable, xa que da unha sensación de que cada cousa que che pasa é froito dos pasos que decidimos dar previamente, tanto para o bo como para o malo, se ti es quen de dirixir a túa vida acabaras chegando onde te propoñas.Esto tamén ten a súa contrapartida e é que se nos imos os extremos, alguén que teña un locus de control interno excesibamente marcado poida que se responsabilice en exceso de todo aquelo que lle aconteza sen ser consciente de que hai variables externas a un mesmo que en moitas ocasión non se poden prever nin controlar.

miércoles, 5 de mayo de 2010

Os 5 grandes


A personalidade é a combinación de rasgos que definen o comportamento dun individuo. Baséase en factores xenéticos e ambientais. Os xenes que heredamos inflúen nos nosos rasgos de personalidade. Tamén inflúen a familia, os amigos, a escola, as experiencias vitais, incluso o traballo. Hai moitos métodos para clasificar as personas.
Esta entrada está dedicada a un modelo de personalidade que suelen usar os investigadores para definir e diferenciar personalidades diferentes.

Toma o seu nome do feito de que agrupa as características de personalidade en cinco grandes rasgos ou factores. Por suposto, a personalidade dun individuo é sempre unha mezcla destos factores ainda que poda predominar un deles sobre os outros. Os cinco grandes factores son:

Apertura a experiencia: engloba características como o gusto polo arte, pola aventura, polas emociós, a imaxinación e a curiosidade.

Conciencia ou minuciosidade : é a tendencia á autodisciplina, á responsabilidade, o planeamento das cousas en lugar da espontaneidade.

Extraversión: implica a enerxía, as emocións positivas, a tendencia a buscar a atención e compaña dos outros.

Neuroticismo: a tendencia a experimentar emocións negativas como ansiedade, ira, depresión e vulnerabilidade.

Agradabilidade: Tendencia a ser compasivo e cooperativo.

Cada unha destas dimensións é en realidade unha especie de vara con dous extremos, é decir ,cada factor ten un polo oposto, que son:
Apertura á experiencia_____________Convencionalismo
Conciencia ou Minuciosidad__________________Desorganización
Extroversión______________________________Introversión
Agradabilidade_____________________________Antipatía
Neuroticismo_____________________________Estabilidade emocional


Cando se quere estudar a personalidade dunha persoa pásaselle un cuestionario onde se presentan frases ás que debe responder se está dacordo ou en desacordo. Así a persoa obtén unha puntuación para cada un dos cinco eixes que o ubican nalgún lugar entre eses dous polos.
Do análisis dos resultados lógrase ver que rasgos predominan na persoa. Se ben a personalidade dun individuo é un asunto moi complexo.