jueves, 24 de febrero de 2011

Menos é máis


O goce do simple permite ter unha vida plena, chea de creatividade e significado, porque fai que unha persoa se dedique a aproveitar todos os seus recursos e posibilidades concretas e a non perder enerxía intentando competir para ter o que teñen os demáis.Dedicarse a ser un mesmo e non a ser como os demáis.
Moitas veces non sabemos apreciar todo o que temos e tampouco se nos ocurre crecer dentro das nosas limitacións para crear unha vida completa e feliz.
A persoa que está contenta co que ten e o aproveita ó máximo, chega a ter éxito na vida.
Aceptar unha vida sinxela non é conformismo, porque trátase de aceptar a realidade propia e de aprender a estar atento e disposto ás oportunidades que se presentan, para aproveitalas.
Como di a mítica frase "non é máis rico o máis ten senon o que menos necesita".

miércoles, 16 de febrero de 2011

Creencias


A creencia é un concepto, unha proposición, a cal cremos verdadeira, xa sexa a nivel consciente ou inconsciente, e; polo xeral, negámonos a discutir a súa validez.
Todos nós temos sistemas de creencias formados dende que nacemos, que nos son dadas polos nosos pais, profesores e mestres, amigos, libros, etc.; é dicir por todo aquelo que conforma o noso entorno.
Ó longo da nosa vida, imos acumulando experiencias e creencias sobre como son, ou como deberían ser as cousas. Son “ as nosas verdades” e de acordo a elas é a forma en que nos imos desenvolvendo no noso día a día.
As creencias, que en moitos casos son subconscientes, afectan á percepción que temos de nos mesmos, dos demáis e das cousas e situacións que nos rodean.
Moitas persoas tenden a pensar que as súas creencias son universalmente certas e esperan que os demáis as compartan. Non se dan conta que o sistema de creencias e valores é algo exclusivamente persoal e en moitos casos moi diferente das dos demáis.Nós vivimos á realidade en función das nosas creencias, facendo unha elaboración mental da mesma. O que vivimos tal como o vivimos, depende da representación e elaboración do noso mapa mental.
As creencias son unha forza moi poderosa dentro da nosa conducta. É ben sabido que se alguén realmente cree que pode hacer algo, farao, e se cree que é imposible facelo, ningún esforzo por grande que éste sexa logrará convencelo de que se pode realizar. Todos temos creencias que nos sirven como recursos e tamén creencias que nos limitan. As nosas creencias poden moldear, influir e incluso determinar o noso grado de intelixencia, a nosa saúde, a nosa creatividade, o xeito como nos relacionamos e incluso o noso grado de felicidade e de éxito.

Existen dous tipos de creencias:

Creencias globais:


Son xeralizacións que facemos sobre a vida, o mundo, as persoas, etc.
Exemplos: A vida é marabillosa.A vida é dura. A xente é amable. Os can son perigosos. As mulleres, os hoes son un desastre...

Regras


Son pautas que rixen o noso comportamento.

Exemplos: Se teño un bo coche a xente considerarame ben. Se aprendo das miñas experiencias e maduro, terei éxito na miña vida. Se teño ingresos fixos, entón terei seguridade. Se afirmo a miña personalidade, serei rexeitado.

As creencias, por outra banda, poden ser potenciadoras ou limitantes. As primeiras axudannos e potencian a confianza en nos mesmos e nas nosas capacidades, permitíndonos afrontar con éxito situacións complexas. As segundas restannos enerxía e inhabilitanos para afrontar determinadas situacións.

Se nos cremos incapaces de aprender ou consideramos que xa pasamos o período de nosa vida na que nos era fácil aprender cousas novas, estaremos bloqueando calquera oportunidade de desarrollar novas competencias e habilidades.
Tamén pode ocurrir que nos coste moito esforzo aprender moitas habilidades, porque ó adquirilas fácilmente quitaríannos a razón a nos mesmos (de esta forma confirmamos a nosa propia creencia).
Sería bo conñecer cales son as nosas creencias esenciais, cambiar aquelas que nos están limitando e resolver os conflictos que pueden existir entre distintas creencias.

domingo, 13 de febrero de 2011

Soidade


E chega de novo o famoso día dos namorados, ese no que se empeñan en recordarnos en que deberíamos ter alguén con quen celebralo e compartilo.Sen entrar no debate de que se é todo unha montaxe de marquetin que fomenta o consumismo neste tinglado olvídanse de que existe moita xente que vive en soidade e que iso no é nada malo, que é unha opción de vida e que non ter parella non supón ser un fracasado.

Todos os sós e soas non son persoas que sufran dalgunha enfermidade nin que rexeiten a vida en parella nin que fagan unha apoloxía da solteiría.
Hai momentos na vida das distintas persoas nas que darse un tempo para encontrarse consigo mesmo pode ser o mellor camiño para relacionarse despóis con outros seres humanos, sexan éstos futuras parellas, socios, compañeiros de traballo ou familiares.

Por outra parte, hai quenes sosteñen que a posibilidade de vivir plenamente con outros radica na capacidad para estar a soas e ben cun mesmo. Desta maneira hai quenes viven a soidade como desamparo, outros como liberdade, outros como refuxio…

Hai casos nos que se está acompañados, pero con persoas coas que sabemos a ciencia certa que non nos queren.Son persoas que viven unhas coas outras só por convencionalismos sociais e hipocresías. Esta é unha soidade cruel, que conxela o corpo e a alma.Esta é a soidade que sí hai que tratar de evitar.

Pódese disfutar de vivir en parella pero tamén se pode disfrutar da vida sen parella.

jueves, 10 de febrero de 2011

Atreverse.


Moitas veces atopámonos en encrucillas vitais nas que temos que tomar decisións, outras veces desexamos cambiar cousas pero quedamos paralizados e non somos capaces de dar un paso adiante e tentar perseguir aquelo que queremos e todo porque non atopamos o valor, e todo porque non nos atrevemos.Co que só nos queda gardar eses desexos para nós e espera a que algo suceda o noso favor e sen a nosa intervención ó que todos sabemos por experiencia non sucede case nunca.
Este texto do grande Charles Chaplin fala disto de que atreverse é vivir, que se non nos atrevemos a facer cousas por medo os resultados en realidade non vivimos senon que nos limitamos a ver pasar a vida.

Ya perdoné errores casi imperdonables. Trate de sustituir personas insustituibles, de olvidar personas inolvidables.

Ya hice cosas por impulso. Ya me decepcioné con algunas personas, mas también yo decepcioné a alguien.

Ya abracé para proteger . Ya me reí cuando no podía . Ya hice amigos eternos. Ya amé y fui amado pero también fui rechazado. Ya fui amado y no supe amar.

Ya grité y salté de felicidad. Ya viví de amor e hice juramentos eternos, pero también los he roto… y muchos. Ya lloré escuchando música y viendo fotos . Ya llamé sólo para escuchar una voz .

Ya me enamoré por una sonrisa. Ya pensé que iba a morir de tanta nostalgia y …

Tuve miedo de perder a alguien especial (y termine perdiéndolo) ¡¡ pero sobreviví !!
Y todavía vivo !! No paso por la vida.

Y tú tampoco deberías sólo pasar … VIVE!!!

Bueno es ir a la lucha con determinación abrazar la vida y vivir con pasión. Perder con clase y vencer con osadía,
por que el mundo pertenece a quien se atreve y la vida es mucho más para ser insignificante.

jueves, 3 de febrero de 2011

Pensando en positivo...


A maneira de pensar inflúe moito na saúde física dos seres humanos. A ciencia médica fixo novos descubrimentos sobre como a mente positiva ou negativa afecta á nosa saúde física. Varios experimentos demostraron que o noso cerebro comunicase co resto do noso corpo por medio de sustancias químicas que produce e que envía a través do torrente sanguineo.Esta nova rama da ciencia coñécese polo nome de psiconeuroinmunoloxía.
O sistema inmunóloxico, traballa en equipo coa nosa mente e de acordo ó que pensemos.Os nosos niveis de estrés, de optimismo e as nosas expectativas afectan ó noso organismo dunha maneira positiva ou negativa.
As persoas con pensamento positivo e as que son optimistas non só disfrutan máis da súa vida pero tamén disfrutan dunha saúde mellor que os pesimistas e os que pensan negativamente.
O optimismo é fonte de saúde, de enerxía e o mellor amigo do noso sistema inmunolóxico. As persoas que teñen un pensamento positivo e padecen enfermidades graves xeralmente recuperanse máis rápidamente que os que se sinten acabados e sen esperanza.
Calquera pensamento xera inmediatamente unha emoción, que a súa vez condiciona a nosa maneira de actuar. Concebir pensamentos que provoquen instantáneamente emocións como a ledicia, a paz, a armonía e o benestar reforzan o noso sistema inmunolóxico e, por ende, melloran notablemente a nosa saúde e calidade de vida.

En cambio, se pensamos negativamente o único que conseguimos é envenenarnos a nos mesmos con emocións tan nocivas e destructivas como o odio, a ira, o resentimento etc. E máis vale ter coidado: co tempo vamos creando sólidas redes neuronais, que poden chegar a convertirnos en adictos a este tipo de emocións, o que xera que a nosa vida oscurezca arrastrándonos a tristura e a desesperanza.

Un pensamento negativo deixa o sistema inmunitario nunha situación delicada durante seis horas... afirma o doutor Mario Alonso Puig