viernes, 25 de marzo de 2011

Proactividade vs reactividade


Moitas persoas están constantemente esperando que suceda algo ou que alguén se faga cargo delas. Outras, en cambio, toman a iniciativa, emprenden a acción e fan que as cousas pasen.
A meirande parte da xente vive reactivamente, simplemente reaccionando ó que sucede o seu alrededor. Esta é unha maneira perfectamente válida e lícita de vivir, ainda que se convirte nun problema cando é a única da que dispoñemos. Aquel que vive reactivamente simplemente reacciona ante todo aquelo que lle sucede.
En oposición a isto temos a xente proactiva.A proactividade non só significa tomar a iniciativa, senon asumir a responsabilidade de facer que as cousas sucedan; decidir en cada momento o que queremos facer e cómo o imos facer.
En xeral, a xente reactiva pérdese en xustificacións e en culpar ós demáis das circunstancias da súa vida, mentras que a xente proactiva céntrase nas solucións e en buscar a maneira en que terminarán facendo aquelo que queren facer. Para o que non quere facer algo, todo son excusas. Para o que non sabe onde vai, calquer camiño é bo.

lunes, 21 de marzo de 2011

¿Eres maximizador ou satisfactor?


Tanto se nos compramos uns pantalóns ou pedimos unha taza de café, como se solicitamos praza nunha universidade ou eleximos médico, as decisións cotidianas voltáronse tremendamente complexas debido á abrumadora cantidade de opcións que se nos presentan.
Debido a esta abundancia de posibilidades de elección chegamos o que se denomina "a paradoxa da elección" que foi descrita polo psicólogo Barry Schwartz, Profesor de Swathmore College.Esta paradoxa dinos que: a maior cantidade de opcións que se nos presentan, máis grande é a dificultade de elexir; e esta dificultade lévanos á parálisis ante a toma de decisións.
Todo esto lévanos a unha conclusión:cometemos o erro de considerar que un maior número de eleccións implica unha maior liberdade e sen embargo o exceso de opcións convírtenos en persoas infelices, agotados e tiranizados por cada decisión.A realidade é que se nos vai o tempo en elexir entre todo ese mercadillo consumista sen deixarnos tempo para as cousas realmente importantes: Amor, felicidade as relaciones sociais , etc.
En función do modo en como se toman as decisión Barry Schwart fai a diferenciación entre maximizadores e satisfactores:
Maximizadores: son aquelas persoas que desexan ter a maior cantidade de información á hora de facer unha elección.Non se sinten nunca satisfeitos porque saben positivamente que non valoraron suficientemente todas as opcións e esto failles sentir que tal vez non tomaron a decisión correcta.Non se conforman co bo senon que queren o mellor o que os leva á continua búsqueda e a que poucas veces se atopen satisfeitos coa elección feita.
Satisfactores: necesitan pouca información e son rápidos a hora de elexir.Buscan o sufientemente bo e non o mellor xa que se decatan de que estudiar todas as opcións é algo practicamente imposible.Deciden non pensar no que deixaron aparte porque se sinten ben con aquela elección que lles vale segundo os seus propios criterios.
Mentres uns disfrutan do que teñen e están satisfeitos os outros frústranse continuamente pensando en que sempre poden obter algo mellor.

martes, 15 de marzo de 2011

Profecías autocumplidas



Tanto si piensas que puedes o no puedes, de cualquier forma estás en lo cierto.
" Henry Ford




En psicoloxía o termo de profecía autocumplida, refíerese a unha profecía que se cumple a sí mesma de maneira inequívoca.É a confirmación das nosas expectativas. Neste sentido a teoría da profecía autocumplida explica que cando mantemos unha firme creenza respecto a algo ou alguén, acabamos corroborándoa.
Conforme á profecía autorrealizada, cando se asegura que en certa circunstancia se vai a producir un resultado negativo, nós mesmos nos encargamos de que así sexa xa que diriximos o noso pensamento hacia ese resultado, esperamos que se produza ese e ningún outro que sexa mellor e orientamos todas as nosas accións nese sentido.
Pero isto tamén ten a súa parte positiva se o sabemos manexar, cando se predice un resultado positivo e todas as forzas do individuo se movilizan hacia a súa consecución, é altísimamente probable que o consiga.
Por exemplo. Se unha moza ten unha cita moi desexada, e en vez de reforzarse negativamente dicindo “esto non vai funcionar, non son o suficientemente fermosa, estou obesa, a ninguén lle gusta a miña maneira de falar” se o que fai é pensar “son fermosa, son atractiva en todo sentido, interesante, vouno deixar fascinado coa miña conversa” .A actitude coa que acuda a cita cambirá radicalmente, fancendo que se comporte de distinto xeito segundo os seus pensamento e expectativas o que influirá directamente sobre os resultados da cita.
Como xa contei en entradas anteriores as nosas representacións internas de cómo é a realidade e cómo funciona a mesma condicionará as nosas decisións, xuicios e accións exercidas sobre o mundo externo.

viernes, 11 de marzo de 2011

Leer a mente


Leer a mente non é ter poderes extraordinarios é máis todos lemos a mente dos demáis con bastante frecuencia.Leer a mente é supoñer o que están pensando ou sentido outra persoa sen ter probas obxetivas.Solemos facer isto moi a miudo, máis do que cremos, e logo actuamos en consecuencia; creando situacións basadas en ideas falsas e isto pode dificultar as nosas relacións, no traballo e na vida persoal e incluso pode afectar o noso estado de ánimo.
A lectura da mente é unha percepción intuitiva que facemos de forma consciente e basándonos en códigos non verbais e que logo pasamos a interpretar.
As veces son só proxeccións dos nosos propios pensamentos e sentimentos sobre unha determinada situación, que experimentamos nós pero que lla adxudicamos ó outro.
En moitas ocasións cando lemos a mente estamos moi seguros de que as nosas percepcións son certas e non as cuestionamos en ningún caso crendo que se ten a razón, pero esto non é garantía de que se esté no certo.
Todo esto lévanos á seguinte cuestión :¿Por qué a xente prefiere adiviñar o que o outro está pensando ou sentindo si frente á ambigüidade podemos preguntar qué é o que exactamente quixo decir?
Cada un de nós vivimos no noso propio mundo e experimentámolo dunha maneira diferente ,non se pode esperar que os demáis imaxinen cómo nos sentimos nós ou qué é o que queremos por xestos que poden significar moitas cousas distintas.
Comunicarlle os demáis cales son os nosos sentiméntos ou o que pensamos non é unha tarefa sinxela incluso utilizando a linguaxe verbal ainda máis custoso é entendernos se non nos exprersamos con verbas.
Hai dúas formas de lectura de pensamento: cando supoñemos o que outra persoa está pensando, sentindo...e a outra é cando creemos que é posible que os demáis sepan o que estamos pensando, sentindo..
Cada persoa temos modelos mentais diferentes e que un non pode supoñer nin imaxinar o que a outra persoa está pensando ou sentiendo con exactitude, nin tampouco coñecer o significado que teñen a súas verbas se non se expresa con absoluta claridade.
Polo tanto para unha boa comunicación, para evitar malos entendidos e para evitar porblemas é recomendable non facer conxeturas sen cercionarnos logo de se son certas ou non. Expresarse coa maior claridade da que sexamos capaces tamén é algo que nos axudará.Abrir a mente e decatarnos de qué todos somos diferentes e temos o noso xeito de ver a realidade é fundamental , para todo na vida, pero neste caso tamén axuda a evitar malos entendidos e situacións indesexadas.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Teoría do cubo e o cucharón


Todos nós vivimos na sociedade, en continua relación cos demáis e estas mesmas relacións teñen unha importante influencia nas nosas vidas. As relacións positivas achegannnos a felicidade mentras que as relacións negativas alonxannos dela.
Donald O. Clifton, impulsor da Psicoloxía positiva e o seu neto Tom Rath son os creadores da Teoría do cubo e o cucharon que nos explica como cambia a nosa actitude e como cambiamos a actitude dos demáis segundo as mensaxes,accións..etc que recibimos ou emitimos e a inluencia que elo ten nas nosas vidas tanto para ben como para mal.

Esta teoría di o seguinte:

Cada uno de nosotros posee su propio cubo. El cubo se llena o vacía permanentemente en función de lo que otros nos dicen o nos hacen. Cuando nuestro cubo está lleno, nos sentimos bastante bien; cuando está vacío, fatal.

Cada uno de nosotros dispone también de un cucharón. Cuando empleamos nuestro cucharón para llenar los cubos de los demás -siempre que hacemos o decimos algo que potencie sus emociones positivas- también estamos llenando nuestro propio cubo. Cuando utilizamos nuestro cucharón para vaciar los cubos de los demás -siempre que hacemos o decimos algo que merme sus emociones positivas- nos vaciamos nosotros mismos.

Igual que las copas llenas a rebosar, un cubo lleno nos proporciona una perspectiva positiva y energías renovadas. Cada gota del cubo nos fortalece y nos refuerza nuestro optimismo.

Sin embargo, un cubo vacío enturbia nuestra mirada, socava nuestra energía y debilita nuestra voluntad. Por eso, cuando alguien se dedica a vaciar nuestro cubo nos duele.

De esta manera cada día nos encontramos ante una disyuntiva: podemos llenar los cubos de los demás o podemos vaciarlos. Se trata de una elección fundamental, capaz de afectar profundamente nuestras relaciones, nuestra capacidad de trabajo, nuestra salud y nuestra felicidad”.