miércoles, 27 de abril de 2011

Segundo cumpreblogue


Levo uns días un tanto atarefada e cun millón de cousas na cabeza ,pero botando un ollo na esfera bloguil como fago case todos os días acabo de lembrar que xusto onte fixo dous anos que comecei a escribir neste pequeno recuncho da rede do que me apropiei.
Comecei con dúbidas e sen ter moi claro como ía resultar esto, se sería capaz de ser constante para actualizar.Aquí me atopo dous anos despois orgullosa e contenta por chegar ata aquí e con folgos, gañas e ilusión por seguir dándolle vida a este Efecto bolboreta.
De novo agradecervos a todos os que pasades por aquí con máis ou menos asiduidade e deixades os vosos comentarios ou non , vós dades sentido a que esto siga para adiante.Apréciasevos!

Música para festexar, que xa fai moito que non se escoita música neste blogue.

martes, 19 de abril de 2011

A palla no ollo alleo


As veces insistimos en ver a palla no ollo alleo e non vemos as montañas, os campos e os olivares.
Paulo Coelho

viernes, 15 de abril de 2011

O orgullo








O orgullo é afin a varias características da personalidade, das cales é subsidiario: unha forma particular de entender a autoestima, unha importante confianza nun mesmo, ou quizais o temor moi ben oculto de parecer vulnerable. Esto é instintivo, se hai debilidade, o mellor é que non se note. Só os fortes sobreviven.
Hai adxetivos, como é o caso do termo orgulloso, onde resulta imprescindible coñecer o contexto en que se ubica para saber si se trata dunha virtude, ou ben, dun defecto.
O orgullo como virtude sería sinónimo de autoestima.A autoestima ten que ver coa importancia e o valor que se concede un mesmo
No plano negativo o orgullo pode equipararse a conceptos entendidos como defectos e serían a soberbia,a vanidade e o egoismo.Así presentado como sentimnento negativo que dificulta as relacións armoniosas e afectuosas este estado pode manifestarse en gamas moi diferentes: -complexo de inferioridade, exaltación do EU, disminución das condicións emocionais, incapacidade para comprender a profundidade dos semellantes, limitacións no amor.
Por outra banda, o orgullo pode conter sentimentos como a vulnerabilidade ou a sensación de derrota o ceder ante argumentos distintos os nosos. O medo a verse menospreciados ou humillados leva a certos individuos a cerrarse en banda ante a posibilidade de que tal vez os seus pensamentos, creencias ou conxeturas non sexan de todo acertados.Polo conseguinte as máis das veces non fan nada por contrastalas o que se ven entendendo por " non dar o brazo a torcer".Neste sentido o orgullo é unha coraza que se usa para evitar sentirse vulnerable ou recibir algún dano ou ser humillado, o que reflexa un sentimento de inferioridade.
Hai que ter coidado co orgullo, porque de non sabelo manexar pode orixinarnos conflictos no individual e con quenes nos relacionamos.
O orgullo identifícase con ego e cando éste é ferido, afectado, un orgullo ferido pode dar paso a accións que poden perxudicarnos.

lunes, 11 de abril de 2011

Temos dereito a...



01.- O dereito a ser tratado con respeto e dignidade
02.- O dereito a ter e expresar os propios sentimentos e opinións
03.- O dereito a ser escoitado e tomado en serio.
04.- O dereito a xuzgar as miñas necesidades, establecer as miñas prioridades e a tomar as miñas propias decisións.
05.- O dereito a decir non sen sentir culpa.
06.- O dereito a pedir o que quero , dándome conta de que tambén o meu interlocutor ten dereito a decir NON
07.- O dereito a cambiar
08.- O dereito a cometer erros.
09.- O dereito a pedir información e ser informado.
10.- O dereito a obter aquelo polo que paguei.
11.- O dereito a decidir non ser asertivo.
12.- O dereito a ser independente.
13.- O derieto a decidir qué facer coas miñas propiedades, corpo, tempo, etc., mentras non se violen os dereitos de outras persoas.
14.- O dereito a ter éxito.
15.- O dereito a gozar e disfrutar.
16.- O dereito o meu descanso, aillamiento, sendo asertivo
17.- O dereiro a superarme, ainda superando ós demáis.

martes, 5 de abril de 2011

A quen lle importa......


A nosa sociedade foi durante moitos anos fruto da opinión duns poucos que impoñían as normas e as modas, as cales eran seguidas polo resto da poboación. En toda sociedade vaise evolucionando e o que hoxe parece unha aberración, mañá convírtese en algo valorado e moderno.
O problema aparece cando alguén decide saltarse as norma estipuladas e cambia a forma de facer as cousas, por suposto estará no punto de mira do seu círculo social e será criticado e recriminado pola súa actitude pouco apropiada.
Canto máis nos importe o que os demáis pensen de nós, canto máis nos frenemos en realizar accións lexítimas por temor á impresión allena, tanto máis evidenciamos o moito que a nosa imaxe depende do concepto que os outros teñan e esa dependencia é insana. Hai gran cantidad de vivencias positivas e de oportunidades das que nos privamos por ese temor.
Este freo resulta nocivo en dosis elevadas é preciso propoñerse, sin ofender a ninguén , actuar como nos pide o noso ser e consideramos lícito .
Os seres humanos, vivimos condicionados polo que dirán.E a veces temémoslle tanto que acollemos todo o que nos propón a sociedade
É máis doado soster, manter que transformar, porque a regra do mundo é camiñar ó son dos demáis, manter unha apariencia que sexa aprobada pola sociedade, mentras que o CAMBIO implica arriscar, propoñer, innovar, renovar, e danos medo facelo, polo qué dirán.
Deixar de lado o que verdaderamente somos para agradar a outros ou para ser aceptado ten un costo demasiado alto, que non vale a pena pagar. E, finalmente, o resultado nunca é o desexado, xa que é tanto o que deixamos no camiño, que o obxectivo alcanzado perde valor.
Ser fiel a un mesmo, é primordial. Isto quere decir, por suposto, respetar os demáis ó levar a cabo as nosas accións, telos en conta, non facer dano. Pero tamén, priorizar a nosas necesidades e os noso desexos, e facelos valer da mellor maneira que podas.

“O 50% da xente vaite querer, fagas o que fagas, e o outro 50% da xente non te vai querer, fagas o que fagas. Entón, o mellor é que sempre sexas ti mesmo. A curto ou a longo prazo, agradecerascho.”Merlina Meiler

viernes, 1 de abril de 2011

¿Cómo te ves?


A imaxe corporal inclúe moitas cousas como por exemplo a maneira como nos percibimos a nós mesmos, como nos sentimos nos nosos corpos e como nos sentimos cos nosos corpos. A imaxe corporal é algo que aprendemos e que cambia constantemente.
En ocasións, cando as persoas se ven reflexadas no espellos pregúntanse se son ou non atraintes de maneira xeral e se lle gustarán ou agradarán a unha persoa en particular.
Moitos de nós sentimos con máis ou menos frecuencia desconfianza e inseguridade acerca do noso corpo. Estes sentimentos están frecuentemente alimentados por percepcións tanto reais como ficticias, dos nosos amigos, familia, de nós mesmos e dos medios de comunicación acerca de cómo deberíamos vernos.
A nosa imaxe corporal pode variar de moi positiva a moi negativa. Podémonos sentir ben con respecto a algunhas partes do noso corpo ou da nosa apariencia, pero non con respecto a outras.
Cando homes e mulleres evalúan o seu atractivo físico compáranse con estándares idealizados de beleza representados por modelos ou artistas.A sociedade é a que marca modas e estereotipos de beleza que non se corresponde coa realidade. Esto fai que moitas persoas se sintan acomplexadas ó compararse con eses modelos que a sociedade impón.
A imaxe corporal é un dos factores que determinan o concepto de “autoestima”, que de forma sinxela podemos definila como a confianza que temos en nós mesmos e que nos fai sentirnos útiles e valiosos ante nós e ante os demáis.
Como nos sentimos en relación con noso corpo é algo que afecta, de maneira global, a nosa vida ó determinar as peculiaridades do noso funcionamiento en distintos ámbitos: relacións interpersonais, o amor, a vida profesional, etc.
Algunhas persoas creen que necesitan modificar o seu aspecto fí­sico ou a súa forma de comportarse para sentirse ben consigo mesmos e agradar os demáis. Pero, de feito, o único que necesitan facer é modificar a forma en que perciben o seu corpo e o que pensan sobre si mesmo.Cando te sintes mal co teu corpo farás que os demáis te perciban da mesma forma. Se te sintes ben e agradable, os demáis tamén o notarán. Cómo ti te ves determinará o cómo te verán os demáis. Moitas veces é máis unha cuestión de actitude que de imaxe corporal.