viernes, 29 de octubre de 2010

Buscando a boa sorte


Eu nunca crin na boa sorte ,sempre pensei que a boa sorte hai que buscala, que é un mesmo que ten que facer por que as cousas lle vaia o mellor posible na vida. O señor do que vos vou falar a continuación parece que me da a razón.

Seguro que coñecedes a típica persoa a que todo lle parece ir ben.Encontraron a felicidade coa súa parella e ou coa súa familia, conseguiron unha boa posición socieo-económica, disfrutan de traballos interesantes,etc...
O doutor Richard Wiseman psicólogo pola universidade de Hertfordshire decidiu investigar qué podía haber detrás deste fenómeno. A súa investigación ocupou varios anos e implicou a realización de entrevistas e experimentos con centos de persoas excepcionalmente afortunadas... e outras tantas desafortunadas. Publicou os resultados nun libro titulado "Nadie nace con suerte" , traducido a multitude de idiomas.
O traballo del Wiseman suxírenos unha nova forma de ver o fenómeno da Sorte e de entender o papel que xoga [o Azar] nas nosas vidas. A xente non nace con sorte.

Para investigar o fenómeno da boa sorte Wiseman levou a cabo un experimento sinxelo para descubrir se esto se debía a diferencias na capacidade para descubrir oportunidades. Entregou un periódico a personas con boa e con mala sorte, e a cada unha delas lles pidiu que o miraran e que lle dixeran cántas fotografías aparecían no mesmo. Sin advertirlles que entre as follas do periódico, puxo unha mensaxe grande que decía “digalle ó experimentador que leeu esta mensaxe e gañará 50 euros”.
A mensaxe ocupaba media páxina e estaba escrito nunha tipografía de máis de cinco centímetros de alto. Estaba á vista de todos, pero as personas con mala sorte tiñan a tendencia de pasalo por alto mentras que aquelas con boa sorte sí o veían.
As persoas con mala sorte tamén suelen estar máis tensas que as afortunadas, e esta ansiedade obstrúe a súa capacidad para identificar o inesperado.
Consecuentemente, perdense oportunidades por estár moi concentrados en buscar outra cousa. Van as festas coa intención de encontrar a parella perfecta, e perden oportunidades de facer bos amigos. Miran os diarios coa determinación de encontrar certos tipos de clasificados de empleos e perden outros tipos de empleos.
As persoas afortunadas son máis relaxadas e abertas, e por ese motivo ven o que está dispñible e non só o que están buscando. En última instancia, a investigación revelou que as personas afortunadas xeran boa sorte a través de catro principios.

¿Cáles son esos catro principios?


Primeiro principio
. Maximizar as Oportunidades de ter sorte. As persoas afortunadas crean, perciben, actúan sobre un maior número de oportunidades fortuitas nas súas vidas. Consiguen esto creando "redes de sorte", adoptando unha actitude relaxada hacia á vida e abríndose a novas experiencias.

Segundo principio
. Prestar atención a nosa Intuición. As persoas afortunadas toman decisións acertadas facendo uso da súa intuición e corazonadas. Non só prestan atención ó que lles di o seu "olfato", senon que desarrollan actividades que de forma natural potencian a eficacia da súa Intuición.

Terceiro principio.
Esperar cousas boas da vida. As persoas afortunadas teñen expectativas positivas acerca do futuro e eso axúdalles a conseguir os seus soños e ambicións. As persoas con Sorte esperan que a súa Boa Sorte continúe no futuro. Persiguen as súas metas, incluso cando as probabilidades parecen pequenas e perseveran ó enfrentarse o fracaso porque están convencidos de que ó final a Sorte lles sonreirá e todo sairá ben. Ademáis, esperan que as interaccións que manteñen con outras persoas serán afortunadas e lles traerán cousas boas.

Cuarto principio. Convertir a mala sorte en boa sorte ["se a vida che da limóns, fai limonada"]. As persoas afortunadas ven o lado bo das cousas, incluso, ou especialmente, cando son malas. Están convencidos de que calquer revés da Fortuna nas súas vidas conducirá, máis tarde ou máis cedo, a algo bo ["non hai mal que por ben non veña"]. As persoas afortunadas non se regodean na súa mala sorte, senon que dan pasos constructivos para sacar o máximo partido da situación e para previr que volva a repetirse no futuro.

No referente o primero punto,hay que destacar que a sorte correlaciona directamente co Tamaño Efectivo das nosas redes sociais. Ademáis, para percibir oportunidades hai que saber "ver", algo que entra dentro do terreo da Creatividade [dirixir a nosa atención, ver o mesmo que os demáis e pensar de forma distinta sobre elo].

martes, 26 de octubre de 2010

Conto


Un discípulo preguntulle o seu mestre: Quero saber qué é o máis divertido dos seres humanos.

O mestre contestou: "Pensan sempre ó contrario".

- Teñen prisa por medrar, e despóis suspiran pola infancia perdida.

- Perden a saúde para ter cartos e despóis perden os cartos para ter saúde.

- Pensan tan ansiosamente no futuro que descoidan o presente, e así, non viven ni o presente nin o futuro.

- Viven como se non foran morrer nunca e morren como se non houbesen vivido."

domingo, 17 de octubre de 2010

Dar e recibir


Algunhas persoas dan moito por natureza, mentras que outras parecen tomar ou recibir sen límite.
Os intercambios saudables exhiben un equilibrio entre as accións de dar e recibir. Cando nos encontramos frente a unha persoa que toma e absorbe todo o que lle brindamos como unha esponxa, pero rara vez da algo a cambio, atopámonos ante un claro desequilibrio que podería ser denominado abuso emocional.
Normalmente a persoa que da ofrece atención, apoio, comprensión, o seu tempo, cariño e incluso cartos, etc case sempre sen pedir nada a cambio.E hai casos nos que este xesto de xenerosidade é agradecido e valorado pero hai casos nos que hai perosas que lonxe de valorar ou agradecer só están dispostas a recibir máis e máis dos outros.
Estas persoas suelen utilizar a xente e moitas das veces desaparecer en canto se necesita deles.Son persoas egocéntricentricas, narcisistas que necesitan ser sempre o centro de atención.
Para estas persoas "tomadoras", os demáis son menos importantes e todo o mundo debería estar pendente do que él ou ela necesita ou fai. As persoas saudables, en cambio, teñen un sentido equilibrado do dar e do recibir. Disfrutan de dar e recibir en igual medida, non abusan da xenerosidade nin da paciencia dos demáis.

miércoles, 6 de octubre de 2010

Trucos por Elsa Punset

Elsa Punset ten unha sección no famoso programa El hormiguero na que nos fala de aspectos curiosos sobre a psicoloxía.Atopei este video no que nos explica con pequenos exercicios como as veces a nosa percepción e pensamentos sobre a realidade inflúen no noso xeito de vivila.Para vivir máis plenamente é importante abrir a nosa mente e os nosos sentidos.