lunes 21 de diciembre de 2009

¿Quedas coas ganas?


Test de Analizame.com

Aquí vos deixo un divertido test para que comprovedes se sodes dos que facedes en cada momento o que vos peta ou se pensades dúas ou tres veces as cousas antes de facelas.
Aproveito para dexexarvos unhas felices festas e unha boa entrada e saida de ano.

domingo 13 de diciembre de 2009

Lotería de Nadal



A miña querida amiga Maruxiña mandoume este agasallo, un numeriño de loteria de Nadal que a ela lle mandaron dende outro blogue, agora eu débollo mandar a outros cinco blogueiros para espallar a sorte.Sorte compartida é dobre sorte , así que eu comparto con:

Paideleo para que lle compre a lo menos un agasallo máis o Leo neste Nadal.

Marisa para que poda ir a inspirarse con distintas musas nalgunha viaxe polo mundo.

An para que poda comprar moitas cores para as súa fermosas ilustracións.

Brabido quen xa ten un montón de lotería....que eu o vin, pero se toca este...que?

A.C para que este Nadal se poda permitir un caprichiño, o que mellor lle pareza.

Para ter máis información sobre como facer para seguir espallando a sorte por a blogesfera aquí vos deixo o enlace:

http://alasdeplomo.com/2009/11/14/regalamos-loteria-de-navidad-2009/


Qué a fortuna nos acompañe a todos !!!!!!

miércoles 9 de diciembre de 2009

Ser asertivos





Na interacción cos demáis en ocasión plantexasenos certos problemas. Ante peticións doutra persoa ou persoas solemos plantexarnos o siguiente: Cando digo "Non" síntome culpable, pero se digo "Si" irei en contra miña".É aquí onde entra en xogo a asertividade.

¿Qué é a saretividade?

A asertividade é unha estratexia de comunicación que consite nun comportamento comunicativo maduro no que a persoa nin agrede nin se somete a vontade de outras persoas,senon que expresa as súas conviccións e defende os seus dereitos.

A asertividade é polo tanto, unha habilidade social que reune as conductas e pensamentos que nos permiten defender os dereitos de cada un sen agredir nin ser agredido. Significa defender os teus dereitos, facerte valer, decir non cando é que non e non deixarte pisar.
Seguro que se vos parades a pensar e lembrar, haberá moitas ocasións nas que non soupeste decir que non a algo cando era o que desexabades decir, ou ocasións nas que perdestes dos vosos dereitos por non saber enfrentar algunha situación.E é que ser asertivo non é nada sinxelo, pero si que é algo que podemos aprender.

Ténicas para ser máis asertivo:

1. O disco raiado. Un dos aspectos máis importantes de ser asertivos consiste en ser persistentes e en repetir unha e outra vez o que queremos, sin enfadarnos, nin irritarnos sen levantar a voz.

2. A autorrevelación. Revelar información acerca de nos mesmos; cómo pensamos, sentimos e reaccionamos ante o que o noso interlocutor nos di, permite que a comunicación social flua en ambas direccións.

3. Banco de neboa. Podemos lanzar un obxeto a través da neboa sen que elo lle afecte. De igual xeito se te critican non negues a crítica e non contrataques con outra crítica.Ó non ofrecer resistencia a outra persoa desistirá.

4. Interrogación negativa. "Non comprendo. ¿Qué hai de malo en...?" Este tipo de preguntas fan establecer un diálogo que nos leva ó fondo da cuestión. Permiten dar unha resposta non defensiva e buscar a verdadeira causa que fai á outra persoa criticarnos.

5. Aserción negativa. "E certo. Non estiven moi acertado.". Para modificar a nosa creencia de que os erros son malos basta con aceptalos como tales: os erros son erros e nada máis que erros.

Estas son algunhas das cousas que podemos facer para ser máis asertivos.
Se queredes medir a vosa asertividade podedes atopar un test neste enlace:

http://www.helios3000.net/tests/asertividad.shtml

martes 1 de diciembre de 2009

Aquí e agora





Contan que fai moitos anos había na India dous xoves que eran grandes amigos. Traballaban nunha pequena aldea e decidiron ir a pasar uns días á cidade. Cando chegaron, comezaron a camiñar por as súas rúas, cheas de actividade e xentes bulliciosas. Despois de dar grandes paseos pola cidade chegaron a unha grande rúa onde se atopaba un conocido burdel que estaba frente á casa dun home sabio moi famoso. Un dos amigos decidiu pasar unhas horas no burdel, bebendo e disfrutando das fermosas prostitutas, en tanto que outro optou por pasar ese tempo en compaña
do sabio e os seus discípulos, escoitando o que falaba sobre a conquista interior. Cando xa pasara un bo rato, o xoven que estaba no burdel comenzóu a lamentar non estar escoitando ó mestre, en tanto que o outro amigo, polo contrario, en lugar de estar atento ás ensinanzas que estaba oindo, estaba fantaseando cos praceres do burdel e reprochándose a sí mesmo o necio que fora por no elexir a diversión. Mentras tanto o mestre seguía falando do valor de vivir o momento presente con todo o ser e o corazón e dicía: -Non basta con estar físicamente presente, nin con facer os xestos ou decir as palabras de forma mecánica. Precedindo ós actos, está a actitud interior, a conciencia do feito e as súas consecuencias. Na actitude interior, na conciencia do feito encérrase o seu auténtico valor. Pero o discípulo, perdido nas súas fantasías, non o escoitaba.

Canto tempo e cantas cousas nos perdemos as veces desexando estar noutro lado, con outra xente, facendo outras cousas....

sábado 28 de noviembre de 2009

Intelixencia emocional



A intelxencia emocional é unha destreza que nos permite coñecer e manexar os nosos propios sentimentos, enfrentar e interpretar os sentimentos dos demáis.
Todos estamos acostumbrados á medición da intelixencia que se basa no CI ou Coeficiente Intelectual:raciocinio lóxico,habilidades matemáticas, habilidades espaciais,capacidade analíticatica etc.
O coeficiente intelectual e a intelixencia emocional son habilidades distintas, sen embargo, non son opostas senon máis ben complemetarias.A persoa cun alto CI é máis analítica e lóxica, acumula datos, require tempo e calma para tomar decisións, sopesa a información, tende a ser máis frío nas súas apreciaicións e utiliza máis o seu hemisferio esquerdo do cerebro.En cambio as persoas cunha alta intelixencia emocional relacionanse con máis facilidade,gustan de ideas novas,deciden a partir de intentos e erros, é rapida , espontánea, cre nas súas sensacións e utiliza máis a súa parte dereita do cerebro.


Os compoñentes da intelixencia emocional son:

1.Recoñecer as propias emocións:A conciencia dun mesmo, recoñecer o sentimento mentrea ocorre é a clave da intelixencia emocional.Saber en cada momento cal é a emoción que estamos a sentir,sin confundila con outra ou disfrazala.

2.Manexar as propias emoción:Non permitir que nos controlen e saber canalizalas correctamente.As persoas que saben serearse e liberarse da ansiedade, irritación ou melancolías excesivas recupéranse antes dos reveses da vida.

3.Auto motivación e autorregulación: as persoas que saben controlar a súa impulsividade e esperar para obter a recompensa, cumpren cos seus obxectivos e están conformes cos seus logros.

4.Empatía:a capacidade para recoñecer as emocións dos demáis, saber qué queren e qué necesita é unha habilidade fundamental para establecer relacións persoais e vinculos persoais.

5.Manexar as relacións:eso significa saber actuar dacordo coas emocións dos demáis.

http://www.helios3000.net/tests/eq.shtml. Neste enlace podedes atopar un test para medir a vosa intelixencia emocional.

martes 24 de noviembre de 2009

Falar sen verbas



Cando falamos con alguén só unha perquena parte da información que obtemos desa persoa procede das súas verbas.Algúns investigadores estimaron que entre u 60 e un 70% do que comunicamos facémolo mediante a linguaxe non verbal:é dicir, xestos, postura, mirada e expresión.
Moi a miudo, o efecto da linguaxe non verval ten efecto a nivel inconsciente, de forma que,despois de estar tan só uns intres falando con alguén que recen coñecemos, podemos chegar a conclusión de que esa persoa non nos agrada, sen que podamos dar un motivo craro.O que se soe decir é "ten algo que non me gusta".Ese "algo" procede , case con seguridade,do que a súa linguaxe corporal nos transmitiu.E, a inversa , cando falamos con alguén e posible que lle estemos dicindo moito máis do que cremos.
Deste modo as nosas emoción vense influidas por outras persoas sen necesidade de decir unha soa palabra, pois pode bastar unha soa postura, mirada e xesticulación para facernos sentir incómodos,nervioso ou enfadados ou pola contra alegres ou optimistas.Por suposto esto non quere dicir que o noso interlocutor vaia ser capaz de captar toda a información que estamos a transmitir; o grado no que o faga dependerá do bo que sexa interpretando a linguaxe corporal e da atenciónn que lle preste.
A linguaxe corporal é en parte innato, en parte aprendido e en parte imitativo.Xeralmente distintas partes do corpo traballan de forma conxunta para transmitir unha mesma mensaxe, ainda que as veces pode ocorrer que se den mesaxes contradicctorios, e dicir, podemos estar decindo algo mentres que a nosa linguaxe corporal está a transmitir algo diferente e contradictorio.
Os estados emocionais expresanse mediante a linguaxe corporal. Por exemplo, o dudar de algo ,levantamos unha cella.O sentirnos perplexos , rascamos o narís.Cruzamos os brazos para aislarnos e protexernos.Levantamos os hombreiros para denotar indiferencia.Giñamos un ollo como xesto de complicidade e intimidade.Tamborileamos cos dedos como sinal de impaciencia.Golpeamonos a frente ante un olvido.

viernes 13 de noviembre de 2009

Memes

Meme 1.

Este meme chegoume dende Paideleo e tamén Chousa o deixou no seu blogue.Consiste en sortear un libro en galego ou portugués escrito, a poder ser, por un autor da zona. Unha vez escollido o libro pásaselle a bóla a cinco blogues máis. E o día 30 de novembro faise o sorteo do libro entre os comentaristas desta entrada.
Pois ben o libro que eu escollín para sortear é Os bicos de Tina de Alfonso Eiré un xornalista da vila, bastante polifacético, ademáis de escribir participa en programas de radio e se non me informei mal creo que é o director de A Nosa Terra. Comecei a botarlle unha ollada e a verdade é que ten moi boa pinta.
Voulle pasar a bola deste meme a : Marisa, Torreira e Arela se alguén se anima ademáis....e que despois teño outro meme e teño que repartir, pero son intercambiables, pódense facer un, os dous ou ningún o gusto do consumidor.

Meme 2.

Este meme chegoume dende o blogue de Cris e consite en:

1. Mostrar a imaxe do premio co enlace do blogue da persoa que che manandou o meme. Neste caso o blogue é Emblogada de Cris.
2.Elexir sete persoas a quén pasarllo: sete pareceme moita xente, pero voullo pasar a.....Chousa, Vitxuca, A.C e Paideleo se os demáis vos animades xa sabedes, os que elexín por suposto non están obrigados a facelo.
3.Escribir 7 cousas características e diferentes sobre un mesmo.

E estas cousas son:
1.Odio madrugar, cousa que levo facendo case toda a miña vida e a que nunca me acostumbrarei.
2. Non podo pasar nin un día sen escoitar música.
3.Premo calquer botón que se me poña por diante, en canto vexo un botón teño a necesidade irrefrenable de premelo, vánseme os dedos.
4.Encántame a comida e comer, disfruto comendo e o que máis me gusta é probar cousas novas como comidas doutros países.
5.Son bastante inxenua, o que me ten aportado algún que outro calote.
6. Sen colacao estou perdida, non me serve outra cousa para almorzar.
7. Non me gusta vestir os pantalóns antes que os calcentíns.