viernes, 5 de marzo de 2010

Ós amigos elexímolos..





Ocorre que as veces temos experiencias ingratas con quenes considerabamos bos amigos, a pesar de coñecelos dende fai moito tempo.

A xente cambia, os feitos da vida deixan pegada e non sempre todos poden estar á altura das circunstancias.
É necesario ter a fortaleza de alonxarnos das persoas que poden afectarnos dalgún modo, ainda que foran bos amigos.
Pero tamén pódese ter a tendencia de sentirse atraído por persoas que poden resultar nefastas e sempre vincularse co mesmo tipo de persoas.

As veces, afinidades circunstanciais ou cualidades superficiales poden enganar o máis cauto e descubrir máis tarde ou máis cedo que nos relacionamos con persoas dependentes, que se complacen en inspirar compaixón e que impulsan ós que atopan ó seu paso á axudalos.

Algús elixen os seus amigos polo seu sentido do humor, ou porque son divertidos, sen ter en conta outros valores que nunha amizade son esenciais como a lealtade e a honestidade.

As persoas depresivas suelen contaxiar o seu estado de ánimo as máis optimista e as veces regocíxanse tratando de desmoralizalos; e é difícil estar sempre disposto a levantarlle o ánimo a outros que non fan nada por si mesmos.

As personas que non son estables emocionalmente non teñen a capacidade de manter as amizades, porque son inconstantes, necesitan cambiar,abúrrense, detestan as rutinas, cánsanse das persoas e das cousas.
Pódense crear vínculos con persoas cas cales non se ten afinidade de ningunha clase, ás que non se sabe qué decirlles e que tampouco lles interesa o que falamos. Son pseudos amigos que se comportan como illas, compartimentos estancos que se manteñen unidos as veces por conveniencia, por hábito ou por compromiso.

Tamén se pode estar ligado a quenes lles satisface criticar a todo o mundo, sen saber que a crítica no reporta nada positivo. E normalmente o que máis se tende a criticar é a proxección dos defectos que non se aceptan dun mesmo.
Existen quenes pretender cambiar os seu amigos, porque non os aceptan como son e os hostigan coas súas críticas, bromas ou burlas supostamente polo seu ben.

Unha amizade esixe disponibilidade, atención e presencia. É importante interesarse pola vida dun amigo e que éste tamén se interese polo outro.
As persoas que saben escoitar, que miran ós ollos cando falan, que poden compartir as súas alegrías e tristezas, que non se avergonzan de ser quenes son, que nos brindan recoñecemento, que son amables e disfrutan da nosa compaña, merecen ser o nosos amigos.

Os bos amigos pódense contar cos dedos dunha soa man; son os irmáns que eleximos, fieles e sinceros, que nos queren e que nos aceptan como somos.

A amizade ten a cualidade da xusta distancia para poder ver as cousas dende a perspectiva do outro, condición que non sempre os vínculos familiares ofrecen.

A amizade é unha das cousas máis importantes da vida , sen a que resultaria algo menos ou bastante menos gratificante vivir, a familia é a que che toca pero os amigos elexímolos.As veces acertamos coa elección outras non tanto, pero a pesar de todo sempre merece a pena facer amigos, coñecer xente e enriquecerte gracias a ela.

Un amigo e aquel que sabe todo de ti e a pesar delo quérete.

Elbert Hubbard. Ensaista estadounidense.

A amizade duplica as alegrías e divide as angurias pola metade.

Sir Francis Bacon. Filósofo y estadista británico.

Un amigo ten que ser como os cartos, que antes de necesitalo, xa se sabe o valor que ten.

Sócrates Filósofo griego.

11 comentarios:

  1. Buenoooooooooooo...si por personas fuesen en este mundo...nos hartaríamos!


    Un beso muy muy muy fuerte

    ResponderEliminar
  2. Miña avoa sempre nos dicía
    que os nosos amigos deberían
    mirar de frente para que
    confiáramos neles,os que así
    non o facían non eran de fiar.

    Era unha sabia.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. A AMISTADE, como AMOR, si non doe, non é verdadeiro...é unha palabra moi pequena pra todo o que significa...
    Precisamente estes días leín dúas frases que me gustaron sobre a a mistade e fixéronme pensar:

    " NO camines detrás de mí, puedo no guiarTe. No andes delante de mí, puedo no seguirte. Simplemente anda a mi lado y sé mi amigo".

    "La amistad puede convertirse en amor. El amor en amistad...nunca".

    Ambas de Albert Camus

    (opinión persoal: E amor sin amistade ..non chega a moi lexos)

    Saú2

    ResponderEliminar
  4. Dime con quen andas...

    Bico

    (Oes, e ti e máis eu...somos amigos virtuais?; pq virtualmente amigos non somos :-) )

    ResponderEliminar
  5. Hoxe tirouse unha muller da ponte o rio Tea(Ponteareas)e salvarona,cando volveu en si a paisana dixo:"preferia haber morto que vivir en esta puta vida".

    Logo entereime que era unha boa muller pero que lle estaban facendo a vida imposible e non aguantaba mais.

    As veces non cambis ti sinon que te fan cambiar e vivir aparentando e un sin vivir.

    Por moito que escriba,non che podo ver os ollos,estas mirando pos meus?non sei eu eh!

    En este vida virtual case que todos aparentemos ser ........


    Saúdos moza

    ResponderEliminar
  6. Siempre un placer pasar por tu espacio. Genial siempre.

    Saludos y un abrazo enorme.

    ResponderEliminar
  7. Butterflies: yo no me harto de gente , alguna gente me harta, jajajajaja.
    Un besote bonita.

    Marisa: hai moita sabedoria nos nosos maiores, eles viviron moito e saben ben o que é a vida.A túa avoa tiña toda a razón, así é.
    Un bico grande.

    Anónimo: gracias pola a túa aportación, gustoume moito, unhas frases moi acertadas, sobre todo a primeira coa outra non estou tan dacordo, eu penso que o amor as veces podese convertir en amizade.
    Tamén estou dacordo contigo en que sin amizade non hai amor, é fundamental.
    biquiños
    Chousa: pois somos amigos virtuais que é unha cousa que parece que se leva moito. Non? ti que dís?
    De tódolos xeitos como a amizade e algo que valoro moito, ainda que sexa virtual váleme pq sempre pode dar pe a amizade máis "real".E ainda que sexa así sempre hai xente que merece a pena ser "coñeida", neso estás incluido igual que todos os que pasades por aquí.
    Biquiños!
    BRaBIDO: hai xente que fai moito mal os demáis, en todo caso ahí non se fala de amizade, pq a amizade non é iso.
    E claro que hai xente que aparenta ser o que non é, sobre todo por estes mundo virtuais iso resulta do mais sinxelo.Sempre que non se faga mal a ninguén cada quen pode aparenatar ser o que queira.Non creo eu que sexa o mellor, pero ahi está aliberdade de cada que para facer o que mellor lle pareza.
    La sonrisa: mil gracias, como siempre encantada de tenerte por aquí.
    Un beso.

    ResponderEliminar
  8. Agora o lerte lembreime dunha canción de Victor Manuel na que se di: " Sé quienes son amigos de verdad,/ nunca piden nada y siempre dan."
    Como ben dís, amigos verdadeiros hai moi poucos; o que teña 3 ou 4 pódese sentir ben satisfeito. Eso si, eses 3 ou 4 valen por todo un mundo. Por eso hai que coidalos.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  9. Raposo: dende logo os amigos de verdade son poucos e hai que coidalos ben para seguir tendoos ahí o ladiño.
    Un bico raposiño

    ResponderEliminar
  10. Qué difícil es distinguir a los que son amigos de ls que sólo lo parecen, verdad?

    Besos.

    ResponderEliminar
  11. Cris: si que lo es, cuantas decepciones se lleva una por no ser capaz de distinguir.
    Aunque también está la otra parte hay gente que te sorprede gratamente si esperartelo.
    Un besito guapa

    ResponderEliminar