
A psicoloxía positiva é unha rama da psicoloxía de recente aparición que busca comprender, a través da investigación científica, os procesos que subiacen ás cualidades e emocións positivas do ser humano, durante tanto tempo ignoradas pola psicoloxía.O obxeto deste interés no é outro que aportar novos coñecementos acerca da psique humana non só para axudar a resolver os problemas de salude mental dos que adolecen os individuos, senon tamén para alcanzar mellor calidade de vida e benestar, todo elo sen apartarse nunca da máis rigurosa metodoloxía científica propia de toda ciencia da saude.A psicoloxía positiva representa un novo punto de vista dende o que entende a psicoloxía e a saude mental que ven a complementar e apoiar a xa existente.
A psicoloxía positiva non é un movemento filosófico nin espiritual, non pretende promover o crecemento espiritual nin humano a través de métodos dudosamente establecidos. Non é un exercicio de autoaxuda nin un método máxico para alcanzar a felicidade.Non pretende ser un abrigo baixo o que arropar creencias e dogmas de fe, nin siquiera un camiño a seguir por ninguén. A psicoloxía positiva en ningún caso debe ser entendida fora dun riguroso contexto profesional.
A psicoloxía positiva estuda diversos aspectos do ser humano: emocións positivas como a felicidade, a alegría ou o amor, e fortalezas como o optimismo, a creatividade, a gratitude, a sabedoría, ou a resiliencia.
O doutor Martin Seligman, considerado como un dos fundadores da Psicoloxía Positiva, dispuxo unha forma de estructurar a investigación neste campo que permitira avanzar e proxectala hacia o futuro.
Según Seligman, as tres vías fundamentais a través das cales podemos iniciar ou perseguir o camiño da felicidade son:
A vida pracenteira: esta vía persigue aumentar as emociones positivas no pasado, no presente e no futuro.
A vida comprometida: tratase da posta en práctica das fortalezas personais co obxectivo de desarrollar un maior número de boas experiencias, de fluxo de conciencia ("flow").
A vida con sentido: esta vía incluiría o sentido da vida e o desarrollo de obxectivos que van máis alá dun mesmo.
Por suposto, as tres vías non son nin exclusivas nin exhaustivas, é decir, que se poden perseguir diversos obxectivos no camiño da felicidade e recorrerse dende distintos lugares.
Según o propio Seligman, e sen menospreciar o valor que ten a experimentación de emociones positivas en calquer momento do ciclo vital, o desarrollo da vida comprometida e da vida con sentido poden ter unha maior importancia para a construcción do benestar.