miércoles, 8 de junio de 2011

Desarrollo moral


A moral pódese definir en dúas direccións, primeiro como o sistema social de esixencias e prescripcións normativas e segundo como a forma persoal,individual de percepción de estas prescripcións, así como a súa concreción na realización práctica.
Lawrence Kohlberg (1927-1987) psicólogo de nacionalidade norteamericana, doctorado en filosofía dedicouse a estudar o desarrollo moral do ser humano.Kohlberg plantexou que a moral se desarrolla en cada individuo pasando por unha serie de fases ou etapas. Estas etapas son as mesmas para todos os seres humanos e danse no mesmo orde, creando estructuras que permitirán o paso a etapas posteriores. Sen embargo, non todas as etapas do desarrollo moral surxen da maduración biolóxica senon que están influenciadas pola interación con medio. O desarrollo biolóxico e intelectual é, según esto, unha condición necesaria para o desarrollo moral, pero non suficiente. ademáis, segúndo di Kohlberg, non todos os individuos chegan a alcanzar as etapas superiores de este desarrollo.
Nivel preconvencional (de 4 a 10 anos)
É característico do razonamiento moral dos nenos. Presente en moitos adolescentes e nalgúns adultos. É a forma menos madura do razonamento moral. Baséase nunha perspectiva egoísta, enxuícianse as cuestións morais dende os propios intereses.
O énfasis neste nivel está no control externo.Neste nivel o neno responde as regras culturais e as etiquetas de bo e malo, correcto ou equivocado, pero interpreta estas etiquetas xa sexa en térmos das consecuencias hedonísticas ou físicas da acción (castigo, recompensa, intercambio de favores) ou en termos do poder físico de quenes enuncian as regras. Este nivel divídese en dúas etapas:

Etapa 1. A orientación de obediencia por castigo
O neno orienta a súa conducta hacia a obediencia, ás normas establecidas pola autoridade adulta para evitar o castigo.Unna acción boa ou mala está determinada polas consecuencias físicas.

Etapa 2. A orientación instrumental-relativista ou orientación polo premio persoal
O neno orienta a súa conducta de forma egoísta e instrumental. O xusto é o que satisface as propias necesidades e intereses.As relacións humanas enténdense dun modo similar ás do mercado.Devólvense favores a partir do intercambio “si eu che axudo, ti axudarasme”.

Nivel convencional (de los 10 a los 13 años)
Surxe durante a adolescencia e é dominante no pensamento da maioría dos adultos. Caracterízase polo conformismo coas normas sociais. No obstante, a adolescencia é a etapa na que a persoa se prepara para superar este conformismo e alcanzar a autonomía moral. Non superar este nivel pode xerar prexuicios frente os diferentes e intololerancia ante os que non se someten ó rebaño.
Os nenos agora queren agradar a outras persoas. Todavía observan os patrróns doutros pero interiorízanos en certa medida. Agora queren ser considerados “bos” por xente cuia opinión é importante para eles. Son capaces de asumir os papeis de figuras de autoridade o suficientemente ben como para decidir se unha acción é boa segundo os seus patróns.Teñen en conta as expectativas da sociedade e a súas leis sobre un dilema moral.
Esta etapa divídese a súa vez en duas subetapas.


Etapa 3. A orientación de concordancia interpersonal.

O bo comportamiento é aquél que complace ou axuda a outros e é aprobado por eles. Hai moita conformidade as imaxes estereotipadas do que é maioría ou o comportamento “natural”. O comportamento frecuentemente é xuzgado pola intención o que se convirte nalgo importante por primeira vez. Buscase a aprobación dos outros.

Etapa 4. A orientación da “lei e a orden”.

Hai unha orientación hacia a autoridade, as regras fixas e o mantemento do orden social. O comportamento correcto consiste en facer o propio deber, mostrar respeto pola autoridade, e manterse nun orde social dado que se xustifica en sí mesmo. O decidir o castigo para unha mala actuación, as leis son absolutas. En tódolos casos, deben respetarse a autoridade e o orden social establecido.

Nivel postconvencional(de los 13 años en adelante, se acaso)
Este nivel é o menos frecuente. Surxe durante a adolescencia é o comezo da idade adulta. A persoa é capaz de analizar críticamente as normas e costumes vixentes no grupo social.
Por primeira vez, a persoa recoñece a posibilidade dun conflicto entre dous patróns aceptados socialmente e trata de decidir entre eles. O control da conducta é interno agora, tanto nos patróns observados como no razonamento acerca do correcto e o incorrecto. Os xuizos están baseados no abstracto e por principios personais que non necesariamente están definidos polas leis da sociedade.

Etapa 5. A orientación legalística ou do contrato social.

Xeralmente ten tonalidades utilitaristas. A acción correcta tende a ser definida en termos dos dereitos xerais do individuo, e dos estándares que foron críticamente examinados e acordados pola sociedad enteira. Hai unha clara conciencia do relativismo dos valores e opinións personais e un énfasis correspondente hacia os procedementos e regras para chegar ó consenso. Aparte do que é constitucionalmente e democráticamente acordado, o correcto é un asunto de “valores” e “opinións” personais. O resultado é un énfasis no “punto de vista legal”, pero cun énfasis sobre a posibilidade de cambiar a lei en térmos de consideracións racionais de utilidade social .

Etapa 6. A orientación de principios éticos universais.

O correcto é definido pola decisión da conciencia dacordo cos principios éticos auto-elexidos que apelan á comprensión lóxica, consistencia e universalidade. Estos principios son abstractos e éticos e non son regras morais concretas como os Dez Mandamentos. A etapa 6 supón principios universais de xusticia, de reciprocidade e igualdade de dereitos humanos, e de respeto pola dignidade dos seres humanos como persoas individuais. O que é bo e conforme o dereito, é cuestión de conciencia individual, e involucra os conceptos abstractos de xusticia, dignidade humana e igualdade. Nesta fase, as personas creen que hai puntos de vista universais no que todas as sociedades deben estar dacordo.

Fonte:La educación moral según Lawrence Kohlberg

7 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Por iso a Dirección General de Tráfico nos trata como nenos de 4-10 anos: tennos metidos a todos no nivel preconvencional-Etapa 1. Pregúntome se os señores de verde encargados da aplicación da norma serán tamén psicólogos doutorados en filosofía...
    Bicos postconvencionais

    ResponderEliminar
  3. ¡Ay os valores morales!
    ultimamente fálase moito deles
    pero moi poucos os teñen
    en conta.
    Qué foi dos dereitos humanos,
    da xusticia,da dignidade...
    coido que xa fai tempo
    que están crise.

    Bicos de fin de semana.

    ResponderEliminar
  4. Buena aclaración y lección del desarrollo moral.Por mi parte no se de donde surge la mía, pero esta muy anclada desde luego.
    Besotes y buen finde

    ResponderEliminar
  5. A conciencia individual e a das sociedades son manipuladas polos poderes a través dos medios de comunicación que están nas súas mans. Por iso se vota o que se vota, conséntese o que se consente e por iso a sociedade no seu conxunto non é crítica e acata e ás veces ate xalea as maiores inxustizas.
    Moi interesante o tema.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Chousa: igual neso nalgunhas cuestións teñolles que dar a razón os da DGT, hai moito irresponsable e inmaduro cun volante e unha máquina perigosa entre as mans.
    biquiños!!!!!
    Marisa: certó é pasan moitas cousas por riba dos valores morais..isto ten que cambiar.
    Biquiños!
    JFL:sé que es un tostó de entrada, pero es una de las teorías que más me gustan de las que estudié en la carrera y le debía una entrada.
    besiños!
    Xan:certamente, non hai interés porque os seres humans se desarrollen moralmente de forma amplia e plena, non beneficia para nada o sistema social no que vivimos. Eu espero e desexo que iso cambie..ten que ser o único camiño para unha sociedade máis xusta e un mundo mellor.
    biquiños!!

    ResponderEliminar
  7. 2Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico

    ResponderEliminar