
O falar de madurez ou de madurez emocional non necesariamente nos referimos a unha cuestión de idade.Se ben a vida é un proceso de maduración permanente, hai quenes chegan á idade adulta sen a madurez psicolóxica esperada. Sen embargo outros de menos idade, teñen a madurez suficiente como para sentirse ben consigo mesmo e co seu entorno.
As experiencias que cada persoa vive axúdanlle a madurar e a entender situacións similares, a persoas á que se lle dan todo” mascado” difícilmente madurará, afogará nun vaso de augua, frente á primeira dificultade. O vivir situacións é importante, a experiencia, pero como dicía o filósofo Pascal, non son todas as cousas que nos pasaron, senon as que nos pasaron e logo fixemos unha reflexión sobre elas.
¿Como sería entón unha persoa madura?
Os expertos sobre o tema relacionan a madurez emocional coa independencia persoal, ó falar de independencia non só se fala dunha independecia económica senon máis ben fai referencia a unha non dependencia emocional.Neste sentido o ser maduro correspóndese co sentimento de seguridade nun mesmo,nos seus actos e nas súas decisións. O ser maduro non é permeable ás opinións allenas porque se sinte seguro de si mesmo o que non significa ser un necio e non recoñecer os propios erros cando estes se presentan ou non escoitar certar críticas para poder correxir ou mellorar algúns aspectos.
A madurez emocional implicaria un sentido de responsabilidade dos propios actos.Neste sentido a persoa alcanza certa madurez cando asume os seu erros e acertos, os seus medos, os seus proxectos e a súa sexualidade.
A coherencia interna é un elemento clave para definir a unha persoa madura, xa que pensar, decir e facer o mesmo sen contradiccións eventuais e con convicción son condicións que non poden estar ausentes nela.
Ser maduro implica ser capaz de facer respetar os propios espacios e respetar os espacios dos outros.Implica tamén amar a outros e non intentar cambialos, aceptando os seus defectos e virtudes, saber poñerse no lugar do outro e respetalo.
Outro indicador de madurez é a naturalidade, unha persoa que non necesita APARENTAR o que non é, porque se coñece e se acepta integramente,o que é a base da seguridade nun mesmo.
Tamén é indicador de madurez o autocontrol, ser capaz de ter unha disciplina e asumir que medrar significa ter un certo grado de autodisciplina, saber que conseguir determinas cousas implican un esforzo que ten que corren a conta propia e non a conta doutros.
Chegar a ser unha persoa madura é sen dúbida un dos retos máis importantes que nos plantexa a vida pero se podemos conseguilo de seguro faranos a vida máis levadeira e probablemnete máis feliz.Madurar significa medrar e ainda que parece que chegada a idade adulta paramos de medrar isto non é así porque nunca deixamos de medrar.