sábado, 16 de mayo de 2009

Un día no mundo



Outro día máis no mundo, no mundo de hoxe en día. Como é retratado nesta canción ( o meu entender) de forma pouco alentadora, pero bastante aproximada á realidade.
As nosas vidas depende de xeito terrible da nosa actividade laboral, o sistema está montado de tal forma que nos facemos escravos, case voluntarios ,dos que nos pagan un salario. Todo isto porque outros van creando necesidades, necesidades irreais: hai que hipotecarse e ter o teu piso/casa ( o que che venden a prezo de ouro), dende logo sen coche non vas a estar (non vale un calquera ten que ser o mellor, unha vez que estás...), a tele de plasma, o teléfono último modelo, a roupa ( a mellor e de tal ou cal marca), as vacións (por suposto o máis exclusivas posibles) ....e un longo etc .Sen todo esto hoxe en día parece que non és ninguén e así te ves metido nunha espiral tremenda, escravidazo por tanta factura que pagar, acudindo o traballo día tras día, xa non porque che guste o teu traballo, nin porque necesites ter parte do teu tempo ocupado e gañar un salario de paso , senon porque hai que pagar isto o outro e o de máis alá.
Nos tempos que corren, nos que os postos de traballo dependen máis que nunca dun feble fío, o quedarse sen traballo pode ser un drama maiúsculo,¿cómo se sae do buraco no que te meteches sen traballo?. Dis que o número de depresión e os casos de ansiedade aumentaron nestes tempos de crise, realmente non é de extrañar.
Penso que entramos no xogo , un xogo no que había trampa, ensinaronnos que podíamos vivir dun xeito....pero o certo é que vivir así ten un prezo moi alto e por riba o que crees que tiñas pode desvanecerse nun momento (soños de cartón). E digo vivir, para entendernos, porque para min esa non é vida, con todo iso olvidámonos do máis importante que é VIVIR, aprobeitar o nosos tempo neste mundo do xeito que máis nos guste.
Así é como vexo eu que está montado o "tinglado", hai a quen lle vai de perlas que sexa así, eses de veras están enchendo os petos.
Sei que é una visión moi pesismista, e eu sempre trato de fuxir do pesimismo. Asique a ver se montamos unha boa revolunción e cambiamos o chip, unhas vidas máis sinxelas, con menos cousas materiais e máis momentos para disfrutar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario