miércoles, 28 de octubre de 2009

Sensualidade



Por definición, sensual está relacionado coas sensacións, e sensualidade disposición de disfrutar plenamente dos praceres dos sentidos, dos obxetos e suxeitos que os incitan ou satisfacen, así como tamén está relacionado co desexo sexual.
Unha persoa sensual deleitase vendo, saboreando, tocando, ulindo e oindo. Relacionase co mundo que o rodea dunha maneira especial. Encantalle observar unha paisaxe, detallar as cidades, a súa arquitectura, percibe as súas xentes, o arte, as frores. Cando come regocíjase cos alimentos e bebidas, e degustaos transformando cada comida nun acto pracenteiro. Siente as texturas de canto toca e goza delas. Recrease cos olores, no só dos pratos ou do medio ambiente senon da xente e en particular da súa parella. Cando escoita música ou distintos sonidos compenetrase con eles e escoia con atención e complacencia.
Nos momentos de intimidade non é difícil imaxinar un encontro con alguén que é sensual ;que mire paseniño e que diga o fermoso/a que te ve, o ben que nos queda o que levamos posto, que pregunte pola fragancia que usas e manifieste que lle atrae , e que cando pase a maiores, saboree gozando cada paso polo teu corpo, sinta os teus olores máis íntimos con satisfacción ,á vez que esa persona te toque e acaricie co feitizo particular de quen non ten premura para chegar á etapa culminante da sexualidade, a cal tamén apreciará con notable intensidade.
Preguntaredesvos e preguntovos se vos considerades sensuais ou non. Se o que describin anteriormente é para vos a sensualidade.
Unha boa pregunta para facerse é se quere ou non ser sensual, porque os seres humanos, todos podemos aprender a selo. Para elo, debemos educar os nosos sentidos usando os pensamentos e os sentimentos. As veces oímos decir que alguén non é precisamente unha persoa guapa pero sí moi atractiva porque é moi sensual.

viernes, 23 de octubre de 2009

Intuición


A única cousa realmente valiosa é a intuición.
Albert Einstein

Un milenario conto hindú di que o principio da creación o home tiña a sabedoría dos deuses
pero que non souperon aproveitala. Ante este panorama, os deuses decidiron quitarlle este don e resolveron que o mellor escondite non eran as montañas máis altas, nin os abismos dos océanos, nin no centro da Terra. O lugar máis axeitado para esconder a sabedoría era o corazón, alí onde o ser humán difícilmente buscaría.

Se o pensades, seguro que lembraredes moitas ocasións nas que fustes capaces de saber o que estaba pensando outra persoa, de averiguar quén chama antes de descolgar o teléfono ou fostes quen de saber o que vos ía decir alguén antes de que abrise a boca. Tal vez, foi unha corazonada que desafiaba á lóxica e logo resultou ser acertada.
Son sinais de que a intuición está funcionando. Pero, como este tipo de situacións prodúcense dun xeito espontáneo e non parecen obedecer a nosa vontade, solemos esquecelas e non darlles demasiada importancia. Estamos acostumados a poñer o acento na lóxica do racional e deixamos de lado a nosa parte intuitiva. Perdemos a oportunidade de descubrir e activar unha forma de intelixencia que todos poseemos, en maior ou menor medida.
A intuición serve para descubrir cousas e persoas do noso arredor. A lóxica é útil para comprobar que o sospeitado era certo. E as mulleres son especialmente hábiles para manter activos as canles por onde discorre a intuición.
O tópico da “intuición femenina” ten unha base fisiolóxica, relacionada coa maior actividade e desenvolvemento do hemisferio dereito do cerebro. Facemos as mesmas cousas que os homes, só que de maneira distinta. Aínda que xa existen algúns estudos que afirman que en cuestións intuitivas mulleres e homes andamos bastante parellos.

martes, 20 de octubre de 2009

Non se admiten representantes..


Porque ninguén pode saber por ti. Ninguén pode medrar por ti. Ninguén pode buscar por ti. Ninguén pode facer por ti o que tí mesmo debes facer. A existencia non admite representantes.

Jorge Bucay Escritor e psicoterapeuta argentino.

lunes, 12 de octubre de 2009

Marcianos e venusianas






Imaxinade que os homes sexan de Marte e as mulleres son de Venus.

Un día fai moito tempo........... os marcianos, mirando a través dos seus telescopios, descubriron ás venusianas. Só o feito de votarlles unha ollada as venusianas despertou neles uns sentimentos que non tiveran nunca. Namoraronse e inventaron rápidamente as viaxes espaciais para voar cerca de Venus.
As venusianas recibiron ós marcianos cos brazos abertos. Os seus corazóns abrironse de par en par a un amor que nunca antes sentiran.
O amor entre venusianas e marcianos foi máxico. Maravillaronse estando xuntos, facendo cousas xuntos e comunicándose entre sí. Ainda que eran de mundos diferentes, disfrutaban das suás diferencias. Pasaron meses aprendendo uns acerca dos outros, explorando e valorando as súas diferentes necesidades, preferencias e pautas de comportamento. Durante anos viviron xuntos, namorados e en armonía.
Logo decidiron voar á Terra. O principio todo era maravilloso e fermoso. Pero o pasar o tempo impuxeronse os efectos da atmosfera terrestre e unha mañá todos despertaron cun tipo peculiar de amnesia: !a amnesia selectiva!
Tanto os marcianos como as venusianas esqueceron que eran de planetas diferentes e que se supoñía que eran diferentes. Nunha mañá todo o que aprenderan acerca das súas diferencias foi borrado das súas memorias. E dende ese día, homes e mulleres están en conflicto.


Como é a vida en Marte:


Os marcianos valoran o poder, a competencia, a eficiencia e a realización. Sempre están facendo cousas para poder probarse a sí mesmos e desenrrolar o seu poder e as súas habilidades. Experimentan a realización fundamentalmente a través do éxito e o logro..
Non leen revistas tales como Psychologys. Prefiren as actividades ó aire libre, como a caza, a pesca e as carreiras de coches. Interesanse polas noticias, o clima e os deportes (sobre todo o futbol) e nada lles importa menos que as novelas románticas e os libros de autoaxuda.
Interesanse máis polos “obxetos”e as “cousas” que na xente e os sentimentos. Incluso hoxe na Terra, mentras as mulleres fantasean co romance, os homes fantasean cos coches potentes, computadoras máis rápidas, artefactos, artiluxios e unha nova tecnoloxía máis poderosa.
Os marccianos non senten a necesidade de comunicarse constantemente e as súas mensaxes son concisas sen demasiados detalles.
En marte danlle unha importancia especial o pracer físico e a sexualidade nas súas relacións.


Como é a vida en Venus:


As venusianas teñen valores diferentes. Valoran o amor, a comunicación, a beleza e as relacións. Dedican moito tempo a respaldarse e a axudarse. O sentido da personalidade definese a través dos seus sentimientos e da calidade das súas relacións. Experimentan a realización a través da participación e as relacións.
En Venus todo reflexa eses valores. En lugar de construir autopistas e grandes edificios, as venusianas preocupanse máis por vivir xuntas en armonía, comunidade e cooperación afectuosa. As relacións son máis importantes que o traballo e a tecnología. O seu mundo é oposto a Marte.
Non levan uniformes como os marcianos (para exhibir a súa competencia). Polo contrario, gozan poñéndose roupa distinta todos os días, según a maneira de sentirse.Poden incluso cambiarse de roupa varias veces ó día en consonancia co seu humor.
A comunicación ten unha importancia fundamental. Compartir os seus sentimentos é moito máis importantes que alcanzar obxectivos é éxito. Falar e relacionarse entre si é unha fonte de enorme realización.
As venusianas, en lugar de orientarse hacia determinados obxectivos, orientanse hacia as relacións.

Dous marcianos van almorzar para analizar un proxecto ou a posibilidade de alcanzar un obxetivo; teñen un problema que resolver. Ademáis, os marcianos consideran o feito de ir a un restaurante como una eficiente maneira de resolver o tema da alimentación sen compras, sen cociñar e sen lavar os pratos. Para as venusianas,o feito de ir a comer cunha amiga constitúe unha oportunidade para alimentar unha relación e a opotunidade de brindar e recibir apoio. A conversación das mulleres nun restaurante pode ser moi aberta e intima.
En Venus todos estudian psicoloxía e poseen polo menos un doutorado en asesoramento. Todos están moi involucrados co crecemiento persoal, a espiritualidade e todo o que pueda estimular a vida, a saude e o crecemento. Venus esta cuberta de parques, xardíns orgánicos, centros comerciales e restaurantes.
En canto as relacións co outro sexo as venusianas dan gran importancia a expresión de sentimentos, gústalle sentirse queridas, escoitadas, admiradas e desexadas, as relación sexuais están máis supeditadas os sentimentos.

Nesta tesitura andamos, o conflicto sempre é o mesmo os homes queixanse de que non entenden as nosas reaccións, e nos queixamonos da conducta deles.Pero a pesar de todo estamos condenados a convivir da mellor maneira posible e eu como son unha optimista incorrexible considero que se pode conseguir e que estas diferencias a pesar de todo fai máis amena a convivencia, aínda que as veces nos tiremos os trastos.....a cabeza.






domingo, 4 de octubre de 2009

Los perros de Boogie: De nada sirve hacerse mayor


Xa fai tempo que non deixo música por aquí, por probelmas técnicos máis que nada, que eu sen música non podo estar é o meu vicio confesable.
Deixovos aquí unha canción de Los perros del boogie, os que coñecín fai pouco por esta canción coa que me identifico totalmente.



Por eso yo...no quiero hacerme mayor!!


QUE VIVA O ROCK & ROLL!!!!

Dedicada especialmente para as miñas nenas cumpleañeras Maruxiña e Tita: marcádevos un baile para celebrar un ano máis de vida, que non significa facerse maior.Un bico grande para cada unha, quérovos!

jueves, 1 de octubre de 2009

Como combatir o estrés fácilmente


Consellos para combatir o estrés dunha forma fácil e sinxela:
-Faga flocos de millo sen poñerlle tapa a sartén.
-Cando alguén che diga "que teñas un bo día",dille que tes outros plans.
-Baila en bolas diante da túa mascota.
-Fai unha declaración de impostos con números romanos.
-Se tes fillos...ponlles a roupa o revés e mandaos así á escola.
-Pon fotos do teu xefe en melóns e tiraos dende sitios ben altos.
-Compra o National Geografic e píntalle roupa interior con encaixes os nativos.
-Subscríbete a unha revista X e mándalla a esposa do teu xefe.
-Vai de compras suda a roupa, e devolvea o día seguinte.
-Paga o recibo da luz con monedas de céntimos.
-Comeza un rumor tenebroso no traballo e espera a ver como regresa a ti de novo.
-Pásalle unha factura o doutor polo tempo perdido na sala de espera.
-Faite unha trenza cos pelos do narís.
-Ponte un tenedor diante dos ollos e mira a xente imaxinando que estás no cárcere.
-Pon unha lagartixa no caixón da mesa de algún compañeiro de traballo o que non soportes.
-Vai ó cine a ver unha peli de misterio e recorre a fila dos que esperan,comentando en voz alta quen é o asasino.
-Aprenda cousas nun idioma novo e sae a rúa a preguntarlle cousas a un guardia.
Para combatir o estrés hai que ser un pouco cabrón/a pero ante todo hai que coidar a saude.