domingo, 14 de febrero de 2010

Abrazos gratis




O contacto físico no só é agradable, é necesario para o noso benestar psicolóxico, emocional e corporal; acrecenta a alegría e a salude do individuo e da sociedade.

Todos funcionaríamos mellor durante o día, se abrazáramos ou nos deixaramos abrazar. Se ben é certo que dar ou recibir un abrazo é algo simple e cotidiano, casi todos descoñecemos a dimensión de plenitude que nos proporciona. O expertos na materia, tafirman que "na súa forma máis elevada, abrazar é tambén un arte". Unha das formas máis naturais e espontáneas de demostrar afectos é a través do abrazo. "Se ben hai moitas formas de tocar, o abrazo é unha moi especial e que contribúe dun modo moi importante, á curación e á saude".

Este xesto dase en todos os niveis de relación interpersoal. Todos temos necesidade de tocar e ser tocados, de amar e ser amados.
Hai que ter moi en conta que o abrazo, é unha das formas máis puras de manifestar afecto e cariño e ademáis, ten moitos beneficios, como o de aliviar a dor, a depresión, a ansiedade e a tensión; acrecenta nos enfermos a vontade de vivir e seguir adiante; axuda os bebés prematuros (que se viron privados de contacto nas súas incubadoras) a medrar e a fortalecerse; fai que vexamos con mellores ollos a nosa propia persoa e o entorno que nos rodea; ten un efecto positivo no desarrollo da linguaxe e no coeficiente intelectual dos nenos; provoca alteracións fisiolóxicas positivas en quen toca e no que é tocado; mantén en bo estado os músculos dos brazos e ombreiros, xa que é un exercicio de flexión e de estiramento; afirma que somos seres humanos; é democrático, xa que calquera é candidato para dar ou recibir un abrazo; crea os lazos máis estreitos entre os individuos, xa que rompe as barreiras emocionais.

O afecto, o contacto físico e o cariño, é algo demasiado importante.É unha das necesidades fundamentais do ser humano, o igual que a auga e o alimento.

E agora unha sesión de abrazos gratis, realmente emocionante.


12 comentarios:

  1. O contacto fisico non só é agradable,na maioria dos casos si ,logo ae outras maneiras que non son nada cordiales pero que tamen quentan o corpo ja ja ja ja ja ja.

    Agora en
    serio,un abrazo faite sentir mais unido se cabe o resto,dache forzas de amistade e faiche olvidarte de problemas.

    Un abraza on line.

    ResponderEliminar
  2. Imprescindible, como o aire..unha APERTA :)

    ResponderEliminar
  3. Non deberíamos escatimar
    os abrazos sabendo canto
    ben nos aportan.
    Graciñas por tódolos
    que nos regalaches neste
    día e recibe un montón
    deles tí tamén.

    Ata sempre.

    ResponderEliminar
  4. Terapéutica de altura a que proporcionan os abrazos. Da gusto dalos e tamén recibilos.

    Eso sí, ofertalos a descoñecidos -á vista do video- queda claro que as chichas tédelo infinitamente máis doado!

    Abraciños de Antas

    ResponderEliminar
  5. Outra aperta máis dende as Corunhas para ti bolboreteira.
    Chousa outra vez por levarte a contraria direi que non concordo contigo, o rapaz do video era ben abrazable!!
    Parece que ademáis de ser agarimosas as apertas son terapeuticas....pois, benvidas sexan!!!!!

    ResponderEliminar
  6. Totalmente dacordo.
    Un abrazo desde a distancia, forte e duradeiro.

    ResponderEliminar
  7. E eu que vivo a policiar-me já que sou muito tato e não são todas as pessoas que se permitem ser tocadas...Adorei o post.

    É isso aí.
    Bjs

    ResponderEliminar
  8. Los abrazos dan muchísima energía!
    Me encanta abrazar a Miniyó!
    :)

    Besos y abrazos!

    ResponderEliminar
  9. Brabido: o contacto físico ese que dis ti que quenta o corpo tamén é do mellorciño da vida,é moi saudable tamén.jejejeje
    Un abrazo
    Anónimo: totalmente de acordo, tan necesario como comer, durmir etc
    Outra forte aperta para ti.
    Marisa: o saudables que son, o ben que nos fan sentir e o pouco que nos abrazamos.Dende agora máis abrazos.
    Un enorme para ti.
    Chousa: neso de recibir contacto físico témolo máis fácil as mozas, os rapaces non escatimades en tocamentos do tipo que sexa.A quen lle amraga un doce.
    Unha grande aperta Chousa.
    Vintxuca: Estou contigo, o rapaz do video é ben abrazable.
    As apertas cargan as pilas e é unha terpaia do maís barata.
    Unha forte aperta chuliña.
    Raposo: unha aperta para ti tamén, ainda que sexan na distancia síntense.
    Elcio: tes que probara deixarte tocar, igual descobres que che fai sentirte moito ben.
    Unha aperta para o outro lado do Atlantico con moita forza.
    Cris: a mi también me dan mucha energia y al mismo tiempo me dan calma. Miniyo debe de ser tan abrazable!
    Un abrazo para cada uno.

    ResponderEliminar
  10. Gracias por tus palabras Sonrisa..el placer es mio, siempre eres bienvenido.
    Un gran abrazo

    ResponderEliminar
  11. ë ben fermoso o que contas dos abrazos,son a mellor demostracion de cariño e tamén a mellor cura para algunhas enfermidades.
    Vivan oas apertas!!!

    ResponderEliminar
  12. Si! Fan sentir ben tanto o que abraza como o que é abrazado e non cosata nada.
    Unha aperta Mela

    ResponderEliminar