martes, 23 de febrero de 2010

O poder da música



Os efectos curativos da música coñécense desde tempos inmemoriales. A musicoterapia é o uso da música para mellorar o funcionamiento físico, psicolóxico, intelectual ou social de persoas que teñen problemas de saude ou educativos.

A musicoterapia úsase con nenos, con adultos e persoas da terceira idade con diferentes problemas. Tamén se emprega con persoas que non están enfermas ou que non teñen ningún problema, para mellorar o benestar persoal, para desarrollar a creatividade, mellorar a aprendizaxe, as relacións interpersonais e para o bo manexo do estrés.

Coa musicoterapia intentase facer chegar ó cerebro uns estímulos que o leven a unha relaxación ou anulación dos que reproducen a enfermidade, a través de diversas melodías coas que se poden conseguir efectos sorprendentes.

Ainda que a musicoterapia xa se coñece dende a antigüedade, nos anos 40 do pasado século utilizábase como rama da medicina recuperativa, que con efectos fisiolóxicos, afectivos e mentais, contribuia a un equilibrio psicofísico das persoas. Hoxe aplícase fundamentalmente en desequilibrios nerviosos, inflúe positivamente sobre o corazón e pulmóns, alcoholismo, drogodependencias....e un longo etc.

Os alcances da música como terapia, transcendeu fronteiras, idiomas e ideoloxías. Por exemplo, en China posuen innumerables álbumes musicais con títulos como: Estreñimento, Insomnio, Fígado, Corazón, etc.

Un estudo da Universidade do Estado de Michigan probou que escoitar 15 minutos de música, incrementaba os niveis de Interleukina en sange. As interleukinas son sustancias que aparecen na adecuada resposta do sistema inmune.

En moitas ocasións na nosa vidas pudemos sentir cómo unha peza musical nos pode traer un precioso recordo e facernos sentir mellor, ou tal vez lle cantasemos a un neno alguna melodía para calmalo ou durmilo, ou nos nosos momentos de soidade, de euforia ou depresión, unha canción pudo ser a nosa cómplice e compañeira, como a música pode cambiar o noso estádo de ánimo, como nos pode facer sentir cousas ou marcar momentos da nosa vida.



Bueno, pois aquí vos deixo unha canción que no seu momento pasou bastante desapercibida pero que agora está moi de moda, a min sempre me gustou e levántame o ánimo sempre que a escoito.

11 comentarios:

  1. Non hay dúbida do
    gran poder que ten
    a música non se dicía
    de balde aquilo de
    que a música amansa
    as feras.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Aquí o que non corre voa, raio!!!. Xustiño Marisa acaba de "pisarme" o meu argumento jajajaja.
    Así que agora, que me puxen algo fera, vou poñer un temiña de Luar Na Lubre para amansarme un pouco...

    Bicos musicalizados

    ResponderEliminar
  3. Eu nunca, nunca podería vivir sen música....encántame, cando vou no coche sempre canto como unha tola e os que pasan polo meu lado sempre escachan ca risa!!!!!Outro sitio onde non podo evitar vivir sen música é na ducha jajaja!!! e xa non falo pola minha paixón polos karaokes ja!
    Bueno rula unha aperta de esta fera que hoxe non amansa....o difícil que é durmir polas noites e o doado que é facelo polas manhás!!!!

    ResponderEliminar
  4. Marisa: si,que razón ten ese refrán.Eu son bastante refraneira, coido que a gran maioria gardan moita sabedoria.
    Biquiños moza

    Chousa: bo gusto, con Luar na Lubre amansa ata a fera mais feroz e enfurecida.
    Un biquiño.

    Vintxuca: eu tampouco podo vivir sen música, tamén a escoito a tódalas horas.Pero eu o de cantar casi en ningures..son pésima cantante....onde me desgañito é nos concertos, pero como non se me escoita...
    A min tamén me costa irme a durmir pola noite e a mañá é todo un sacrfificio sair da cama...e en día de chuvia como hoxe aínda máis.
    Bicos rapaza.

    Anónimo: polo menos para min si o é....Non podo pasar sin ela
    Un bico

    ResponderEliminar
  5. Podes cantar cando estas alegre ou non tanto,miña nai cantaba sempre que lle pedia algo ou cando estaba de mal humor,e a min poñiame ufffff,mellor non cho digo.

    Esta vida sen mousica non teria ritmo.

    ResponderEliminar
  6. Brabido: a vida sen música non seria o mesmo.
    As nais as veces saben mooi ben como facernos rabiar e nos elas claro.
    Un biquiño rapaz

    ResponderEliminar
  7. Non sei nada da musicoterapia pero recoñezo que para min a música e as cancións sempre foron algo moi importante e necesario.

    ResponderEliminar
  8. Un placer siempre pasar por tu espacio. Hoy sábado temprano, paseo por los blog amigos. Genial siempre.

    Saludos y un abrazo enorme.

    ResponderEliminar
  9. Todos los momentos importantes de la vida, todas las personas que quiero, todo, tiene asociada una canción.
    :)

    Besos!

    ResponderEliminar
  10. La sonrisa de Hiperión: mil gracias
    Bicos!

    Cris:si, a mi también me pasa algo parecido, la musica despierta nuestra memoria con mucha facilidad.
    Un besote.

    ResponderEliminar