jueves, 15 de abril de 2010

Intelixencia sexual


A sexualidade sempre foi entendida como algo máis ben ligado ós instintos que á intelixencia, sen embargo durante o ano 2002, a parella de psicólogos Sheree Conrad y Michael Milburn, profesores e investigadores da Universidade de Massachussets, introduxeron un revolucionario concepto, a Intelixencia Sexual. Para estes autores, a dimensión erótica de cada persona está determinada polo seu coeficiente de intelixencia sexual que constitúe unha parcela da nosa capacidade intelectual, tan importante como a intelixencia emocional, descrita recentemente polo psicólogo Daniel Goleman e os outros tipos de intelixencia :—lingüística, musical, etc

Sheree Conrad e Michael Milburn entenderon que se precisan tres elementos básicos para vivir unha vida sexualmente inteligente:

1.As personas sexualmente intelixentes están informados non con coñecementos intuitivos senon con información científica e relevante. Non basan o seu xuicios sexuais en mitos e teorías sen fundamento. Poden reconoñecer as mentiras, o folclorismo sexual e tomar decisións sexualmente intelixentes. A sexualidade é unha das experiencias vitais que nos define como individuos. É preciso,polo tanto, que sexa vivida dunha maneira plena.

2.O segundo aspecto consiste en descubrir o propio Eu sexsual. Determinar qué é o que necesitamos, o que nos agrada e nos fai plenos.É decir, descubrir a nosa propia sexualidade, o que pode ser toda unha aventura en términos de análisis e, as veces, incluso dolorosa, ó descubrir cómo se tapan os propios desexos sexuais por mitos e conflictos internos.

3.Por último, unha persona sexualmente intelixente desarrolla a capacidade de conectarse cos outros e para falar da súa sexualidade de maneira aberta e crara. Esto é especialmente necesario coa parella sexual. Non basta con comprenderse a sí mesmo, é necesario coñecer o Eu sexual do outro.

11 comentarios:

  1. Sorpréndeme que a intelixencia teña un papel importante no sexo, sempre pensei que a naturalidade era máis favorable e por suposto romper coas tradicións impostas contra as mulleres e o seu sentir. Artículo interesante. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Certamente interessante, estou dacordo co, Maribel. Há muito pseudo-saber e muito lenda urbana no sexo.

    ResponderEliminar
  3. Eu quedome co tercer punto o importante e coñecerse fisica e mentalmente.

    ResponderEliminar
  4. Está bem...é bem certo o de "nunca te deitarás, sin saber unha cousa mais"...e polo visto, como non vaias con algo aprendido, non te acostes...Bueno ló, levaremos os apuntes e a calculadora pra botar un pó... e nada de sairse do guión, eh!!! que pecamos de burrancans...

    ...e onde queda a capacidade de sorprender e sorprendernos?...e o xogo de descubrir e que nos descubran?..si se sabe todo, onde queda a emoción?...
    SEXO INTELIXENTE= ABURRIDO????

    Saú2

    ResponderEliminar
  5. Moi interesante o plantexamento
    da intelixencia sexual, pero aínda
    que sexa cunha análise tan estudada,
    creo que para disfrutar do mellor
    sexo e sentilo na tua pel e na da
    túa parella, natural, poñendo máis
    corazón que pensamento.

    Encántanme as túas entradas.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  6. Maribel-bel: antes entendiase a intelixencia como algo unitario, pero ahora estase vendo que hai diferentes tipos de intelixencia, incluso por exemplo a intelixencia musical. Porque ainda que alguén sexa intelixente pode que non o sexa en todos os aspectos da vida, es bo para a física por exemplo, pero as relacións socias non se che dan ben.A naturalidade e a intelixencia non estan reñidas.
    Bicos.
    Raiz_verde: sí hai moita lenda urbana sobre o sexo, seguro que sabedes de moitas cousas que se din por ahi que non son reais, está ben coñecer qué e certo e que non, a información nunca está de máis e axudanos a ter unha vida sexsual mellor.Por suposto os tabús promobidos por os concicionamentos sociais non son nada bos para esto.
    Un bico.
    Brabido: é imporatnte saber que é o que che gusta e o que non e tamén saber o que lle gusta a túa parella, poder falalo axuda a que as relación melloren.Non se suele falar moito diso.
    Biquiños.
    Anónimo: creo que non me expliquei ben ou que non entendeches. Non se trara de ir coa cálculadora, trátase de ter certo coñecementos reais que xuden a mellorar a tua vida sexual, eliminando falsoso mitos e tubús, o mesmo tempo coñecerte e saber como vives a túa sexualidade e por suposto preocuparte por saber como a vive a túa parella. E logo deixarse levar e disfrutar.
    Bicos.
    Marisa: si, moi dacordo o sexo é máis cousa das vísceras, dos sentimentos , de deixarse levar que de outra cousa. Esto so se refire a coñecementos sobre un mesmo e os demáis para que todo flua da mellor maneira posible. A razón no sexo hai que aparcala.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Una sexualidad poco inteligente puede destrozar toda tu vida...

    Besos.

    ResponderEliminar
  8. Cris: estoy de acuerdo contigo.Es imporatante tener información y saber aplicarla.
    Un besote!

    ResponderEliminar
  9. Explicacheste divinamente, mais teño outra forma de velo...agora mesmo penso, que cando mais coñeces a unha persoa, mais batacazos te levas, así que particularmente, prefiro descoñecelas por completo...en canto coñecerse a un mesmo, nunca rematamos de coñecernos de todo...cantas veces nos sorprendemos con reaccións inesperadas ante certos acontecementos?
    Tés entradas moi interesantes, mais non sempre comulgo con todo...soamente...non quere decir que eu teña razón...só é o que penso.

    Unha aperta, un biko e saú2...

    ResponderEliminar
  10. Anónimo: cada quen ten a súa oponión e paréceme estupendo que discrepes. O que eu escribo aquí non pretende ser unha verdade absoluta,nin moito menos, digamos que son datos, información, puntos de vista..e se lle serven a alguén perfecto e senon pois tamén, seña como seña ahí queda.
    So pretendín aclarar o que tal vez non estaba ben explicado.
    Apertas, bicos, saudiños

    ResponderEliminar
  11. Aos dous da foto véxoos moi intelixentemente abrazados. A él véxolle unhas mans moi intelixentes e percibo que, se non cumplen os tres elementos básicos, andan moi cerquiña deles...

    Bicos

    ResponderEliminar