miércoles, 5 de mayo de 2010

Os 5 grandes


A personalidade é a combinación de rasgos que definen o comportamento dun individuo. Baséase en factores xenéticos e ambientais. Os xenes que heredamos inflúen nos nosos rasgos de personalidade. Tamén inflúen a familia, os amigos, a escola, as experiencias vitais, incluso o traballo. Hai moitos métodos para clasificar as personas.
Esta entrada está dedicada a un modelo de personalidade que suelen usar os investigadores para definir e diferenciar personalidades diferentes.

Toma o seu nome do feito de que agrupa as características de personalidade en cinco grandes rasgos ou factores. Por suposto, a personalidade dun individuo é sempre unha mezcla destos factores ainda que poda predominar un deles sobre os outros. Os cinco grandes factores son:

Apertura a experiencia: engloba características como o gusto polo arte, pola aventura, polas emociós, a imaxinación e a curiosidade.

Conciencia ou minuciosidade : é a tendencia á autodisciplina, á responsabilidade, o planeamento das cousas en lugar da espontaneidade.

Extraversión: implica a enerxía, as emocións positivas, a tendencia a buscar a atención e compaña dos outros.

Neuroticismo: a tendencia a experimentar emocións negativas como ansiedade, ira, depresión e vulnerabilidade.

Agradabilidade: Tendencia a ser compasivo e cooperativo.

Cada unha destas dimensións é en realidade unha especie de vara con dous extremos, é decir ,cada factor ten un polo oposto, que son:
Apertura á experiencia_____________Convencionalismo
Conciencia ou Minuciosidad__________________Desorganización
Extroversión______________________________Introversión
Agradabilidade_____________________________Antipatía
Neuroticismo_____________________________Estabilidade emocional


Cando se quere estudar a personalidade dunha persoa pásaselle un cuestionario onde se presentan frases ás que debe responder se está dacordo ou en desacordo. Así a persoa obtén unha puntuación para cada un dos cinco eixes que o ubican nalgún lugar entre eses dous polos.
Do análisis dos resultados lógrase ver que rasgos predominan na persoa. Se ben a personalidade dun individuo é un asunto moi complexo.

13 comentarios:

  1. O asunto é tan complexo que eu non sabería en que grupo poñerme. Vou ter que analizarme con calma.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Eu teño un pouco de cada,non sei sera bo ou malo,tamen che pode cambiar,xa que ae momentos na vida nos cuales a personalidade tes que adactala as circunstancias.

    ResponderEliminar
  3. Sen pasarme o test, e facendo unha cabriola no azar; atreveríaste a catalogarme a min porcentualmente neses cinco eixes que citas?.

    ResponderEliminar
  4. Raposo: non é nada doado, mirar para un mesmo non é tan sinxelo.
    Bicos
    BRABIDO: todos temos un pouco de cada so tendemos mais hacia un lado o outro. O paso do tempo si nos suele ir cambiando.
    biquiños.
    Chousa: menudo reto..eu atrevome pero vai o tutum, vou exercer de adiviña, a ver o que acerto.
    Tendes máis a apertura a experiencia...nun 75%
    Tamén penso que tendes máis a conciencia e a minuciosidade....nun 65%
    Creo que debes de ser unha persoa agradable e amable..nun 80%
    E tamén me parece que tendes a estabilidade emocional...nun 65%
    Pois xa está.......a ver que tal se me dan as artes adiviñatorias..
    Bicos!

    ResponderEliminar
  5. 75+65+80+65= moito máis de cen. Estou que me saio??? jajaja

    O certo é que con esta diagnose que me fas non podo máis que cubrirche o blog de bicos e agradecementos.
    Agora debería someterme a eses tests para ver en que medida atinaches.
    (Chámame poderosamente a atención que me catalogues porcentualmente máis baixo nas dúas características que moi posiblemente así sexan. Incluso algunha máis baixo do que ti -boamente- me outorgas).

    ResponderEliminar
  6. Medo me dan eses
    tests, que son capaces
    de colgarlle un
    carteliño a unha persoa
    sen temor a equivocarse.
    Eu creo que a personalidade
    é máis complexa que todo iso.

    Creo que xa cho dixen
    se é así repito,
    encántanme as túas entradas.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Deixasme coa duvida de saberes como son eu- Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  8. BUFFF... creo, agora mesmo, que son unha zaragallada de todo, aínda que sempre predomina un perfil mais marcado...

    1 12 bk

    ResponderEliminar
  9. Chousa: xa vin que non atinei, nin no modo de facer as porcentaxes nin no demáis. jajajajaaja.
    Eu intenteino, era moi arriscado.
    Un bico
    Marisa: eu estou dacordo contigo, a personalidade é moi complexa, eu fixen alguns deses teses e o final vinme pouco reflexada nos resultados.
    Basearse so neses resultado vesoo moi limitado.
    BIcos e graciñas
    An: paramonos pouco a mirar para nos mesmos, pero se o fixesemos non nos faria falla ningún test. Tamén e bo pregunta os demais como te ben, seguro q te sorprenderian moitas cousas.
    Bicos
    Anónimo: pois si, todos somos unha zarangallada de cousas, e sobre iso predominan certas cousas que definen a nosa forma de ser, que definen a nosa personalidade .
    1 12 BK para ti tamén.

    ResponderEliminar
  10. Por si as moscas mellor non pregunto...que non quero escoitar que son un amargado e un vello XD Saúdos, bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  11. Tengo ganas de hacer un test de esos...
    ¿Alguna página buena?

    (besos)

    ResponderEliminar
  12. jajaj todo es totalmente diferente aqui

    saludos y un abrazo enorme

    ResponderEliminar
  13. An: xa será menos, ti fai a proba, niguén che vai decir tal cousa.
    Bicos
    Cris: los test de personalidad realmente válidos son larguisimos, bastante complejos y dificiles de conseguir( sobre todo por internet).
    Puedes probar con este si te pica la curiosidad:http://es.outofservice.com/bigfive/
    Un besote!
    La sonrisa; no entiendo,totalmente diferente ahí.. ¿el qué?
    Besotes

    ResponderEliminar