lunes, 21 de junio de 2010

A maxia da música

Hoxe é o día da música, unha iniciativa creada en Francia en 1982 e aquí celébrase dende o 2006.E eu como xa fixen o ano pasado dedicolle unha entradiña a este evento xa que a música é fundamental na miña vida e un dos meus vicios confesables.

Nas últimas décadas, a comunidade científica mostrou un gran interése por investigar os efectos benéficiosos que a música exerce sobre o ser humán; e comprobouse que
música é capaz de producir notables cambios fisiolóxicos no organismo. Entre os máis importantes están os siguintes: acelera ou retarda as principais funcións orgánicas (ritmo cerebral, circulación, respiración, dixestión e metabolismo); incrementa ou disminue o tono e a enerxía muscular; modifica o sistema inmunitario; altera a actividade neuronal nas zonas do cerebro implicadas na emoción, e incrementa a resistencia para o traballo e para as actividades de alto rendemento, entre outros.

Psicolóxicamente, a música pode despertar, evocar, estimular, robustecer e desarrollar diversas emocións e sentimentos. É unha fonte de pracer, e pode provocar catarsis e sublimacións. Tamén pode traer á memoria olores e colores, e modificar o estado de ánimo do ointe e a súa percepción do espacio e do tiempo.

A música suscita o pracer estético e move á reflexión; incita e favorece a expresión dun mesmo e induce á colaboración intergrupal e ó entendemento cultural.

Intelectualmente, a música desarrolla á capacidade de atención e favorece a imaxinación e a capacidade creadora; estimula a habilidade de concentración e a memoria a curto e longo prazo e desarrolla o sentido do orde e da análise. Facilita a aprendizaxe o manter en actividade as neuronas cerebrais, e exercita a intelixencia, xa que favorece o uso de varios razonamentos á vez ó percibir diferenciadamente o seus elementos, e sintetizalos na captación dunha mensaxe integrada, lóxico e fermoso.

Terapéuticamente , a música utilízase no tratamento de dolencias como a hipertensión arterial, estados de ansiedade, depresión e estrés, e alteracións do sono. Tamén se emprega na rehabilitación de pacientes psicóticos, de nenos autistas e de adolescentes con trastornos do comportamiento.

O empleo terapéutico da música denominase musicoterapia da que xa falei noutras ocasións, e é a ciencia que se ocupa do mantemento, a restauración e o acrecentamento da saúde, tanto física como mental, a través da música. Mediante técnicas específicas da musicoterapia,pódese estimular os neurotransmisores endóxenos do cerebro, de tal forma que provoquen reacciónss químicas que melloren, aceleren ou favorezcan o aprendizaje.

La música es el más elevado mensaje del sentimiento; es el arte que convierte la técnica en un regalo al espíritu para contribuir a que los seres humanos, al admirar la belleza, sean progresivamente mejores.
Pablo Casals


Socialmente: Debido os avances científicos e tecnolóxicos, á gran disponibilidade de grabacións e á abundancia de medios de comunicación masiva, a música abandonou as salas de concertos para pasar a formar parte da vida diaria. Estes feitos poderían haber proporcionado grandes beneficios tanto ó individuo como á sociedade; sen embargo, moitas prácticas que eran comúns en épocas pasadas, como o tocar instrumentos ou cantar en familia, perdeuse por causa da televisión, que veu a sustituilas.

A música é de gran utilidade para liberarnos da tensión e a fatiga, e debería ter un lugar moi importante dentro do círculo familiar. A práctica do canto ou de tocar un instrumento pode ter efectos moi positivos para favorecer a autorrealización, aumentar a autoestima, propiciar o coñecemento mutuo e a cohesión familiar. A música, sendo unha actividade que frecuentemente se realiza en grupo, contribue á integración social; e ó ser o desempeño individual de suma importancia para o logro dun resultado final, simultáneamente fomenta a responsabilidade e a superación personal.



E aquí vos deixo imaxes do concerto no que estiven a semana pasada dun dos meus grupos preferidos, os ingleses Muse. Foi sen dúbida o mellor concerto da miña vida. Ahí podedes ver o poder da música, non hai palabras para describir o que sentín e vivín durante esas case dúas de concertazo.

6 comentarios:

  1. Resulta tan relevante a música, que é unha das artes que podes percibir incluso mentras disfrutas doutra, sen que nin te disturbe nin te moleste. Incluso poden potenciarse...

    Bicos en clave de sol

    ResponderEliminar
  2. É de todos ben coñecido o
    efecto que a música ten sobre
    o ser humán e según estudios
    recientes sobre os animais
    e prantas, as vacas relaxábannas
    con música clásica e producían más leite
    e as prantas que se lles poñía música
    crecían máis fermosas.
    Deberíamos escoitar máis música
    para que non houbera tanta
    agresividade no mundo.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Chousa: a música sempre é boa compaña, para facer outras tarefas, para compartir momentos con xente achegada..etc, etc e case sempre fai todo máis agradable.
    Un bico en clave de fa. :P
    Marisa: pois si...o dito tipico...a música amansa as feras..que terá a música que ten efectos tan extraordinarios?..
    Un forte bico

    ResponderEliminar
  4. Fantástico.

    Bolboreteira, paseime por este blog porque precisaba ar fresco, espero que non che moleste.

    Temos moitas, moitas cousas en común

    Post data : o comentario que che deixei no meu blog... olvídao, foi unha arroutada de erotismo.

    Un bico :*

    ResponderEliminar
  5. Diego Taboada: Non me molesta, todo o mundo é benvido a este anaquiño da rede, estás na túa casa.
    Non vin ese comentario arroutado teu pero si vin que temos en común ser da mesma vila.
    Un parcer terte por aquí paisano.
    Bicos

    ResponderEliminar