lunes, 2 de agosto de 2010

Resilencia


O termo resiliencia refírese orixinalmente en enxeniería á capacidade dun material para adquirir a súa forma inicial despois de someterse a unha presión que o deforme. Ó falar de resiliencia humana afírmase que é a capacidade dun individuo ou dun sistema social de vivir ben e desarrollarse positivamente, a pesar das difíciles condicións de vida e máis ainda, de sair fortalecidos e ser transformados por elas.Posiblemente a resiliencia en canto realidade humana sexa tan antiga como a propia humanidade, sen embargo o interese científico por ela é moito máis recente.

Aparecen dous elementos básicos da resiliencia: a resistencia frente á destrucción ou a capacidade de protexer a propia integridade a pesar da presión, dito doutro xeito a superación das crises, a dor, a morte, a pobreza, como situacións límites ante as cales se resiste o ser humano, como loitador innato; e o outro elemento o constitúe a capacidad de construir ou reconstruir a súa propia vida a pesar das circunstancias difíciles.É o concepto oriental das crises: como dificultade e como oportunidade. As crises son conflictos de alta intensidade e polo tanto cun alto poder de transformar individuos e sociedades.

Pódese afirmar que se ten unha crise cando o que se vive pode, na conciencia de cada ser humano, exceder a súa capacidade de resposta ou de recuperación, pérdese a esperanza e o sentido da loita.

Na óptica da resiliencia en cambio, os conflictos son a base do desarrollo, cando aparecen están anunciando crecemento, transformación, boas novas. Trátase dun potencial humano activado que logra moi bos resultados a pesar dun alto risco, que mantén competencias baixo a ameaza, que sigue medrando en armonía, que é capaz de superar o medo, que ten a fortaleza de convertir o trauma nunha oportunidade de crecemento.

10 comentarios:

  1. Atraeme todo o que escribes.

    Atraeme moito.

    Non sei, penso que temos moitas cousas en común.

    Sigue alegrándome os sentidos :)

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Diego! Es moi amable.
    Alégrome que che gusten as miñas entradas.Sempre agrada agradar.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. De blog en blog, como fan as bolboretas coas frores :D

    Moi boa a entrada, gustoume moito. E relacionado coa resiliencia e o voltar ao sitio as capacidades de superación, etcétera...: cando un xa está coma un acordeón de estirarse, resistir e volver ao sitio, e inda por riba van quedando folguras por aquí e tensións por alá... non pode ser que se chegue a un punto que xa non das máis e rompes por algún lado?
    Eu penso que sí.
    Digo, que nin o penso. Ben o sei...

    Bicos mil!
    Sigo a ler, vou cara abaixo...
    ;)

    ResponderEliminar
  4. Pois logo tamen haberá que aletear por eiqui, e un xardin fantastico :)

    Graciñas pola tua visita.

    Unha aperta :)

    ResponderEliminar
  5. Canto aprendemos coas túas entradas! Resiliencia: eu nin sequera coñecía esa palabra.
    supoño que tivo que ser moi importante nos primeiros tempos, cando empezábamos a camiñar por este planeta.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Estás tan teórica que da gusto lerte. Outra cousa é cando hai que "resilir" cos xefes da canteira propoñendo retos rompedores de pedras...

    Bicos oportunamente buscados

    ResponderEliminar
  7. É a primeira vez que escoito
    este termo pero encántame o seu
    significado no concepto
    de superar as crises empregando
    a fortaleza como oportunidade
    de crecemento.

    Graciñas por todo o que
    aprendo nas túas entradas.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  8. Gaearon:Moitas gracias, alégrome de terte por aquí.
    Pois claroque todos temos o noso límite, eso é a resilencia chegar a ese punto e ser capaz de recuperarte e logo continuar.
    Tocar fondo e logo subir.
    Bicos
    Merce: gracias a ti pola túa visita, de veras que fas unhas fotos incribles, cautivaronme.
    Un bico
    Raposo: graciñas, estou encantada de que vos resulte interesante. Foi , é e será importante.E é a explicación de pq hai xente q sae de forma impresionante des ituación ben complicadas.
    Biquiños
    Chousa: sei que parece que a teoría é unha cousa e logo a práctica é outra, pero na realidade dase todos os días, sempre se vai saindo para diante..
    Bicos!
    Marisa: xusto iso é o máis importante, que as crises os problemas serios hai que velos como retos que superar e q deles temos q aprender ademáis fannos medrar.
    Un bico moi grande

    ResponderEliminar
  9. Me ha atraído esta entrada demasiado, y la verdad es que llevas toda la razón del mundo... Como dice "Chousa da Alcandra", da gusto leerte.

    ResponderEliminar
  10. Butterflies: muchas gracias linda.Me alegro de que te haya gustado.
    Un besazo

    ResponderEliminar