viernes, 3 de septiembre de 2010

Buscando sensacións


Algunhas persoas prefiren as situacións emocionantes, mentras que a outras lles gustan as menos excitantes, e outros individuos perciben e desexean unha gran cantidade de control sobre o que ocorre, mentras que outros deixan que as cousas ocorran, algúns teñen máis iniciativa e sempre andan cun plan na cabeza e movéndose de un lado para outro, mentras que a algúns lles costa tomar a iniciativa, son pouco emprendedores e pouco amigos dos retos, prefiren a rutina, a calma, o silencio e a soidade. Algúns son controladores e están pendientes dos detalles máis pequenos, outros simplemente deixan que as cosas pasen. A resposta a estas diferencias individuales encuentrase en teorías da motivación que explican por qué existen persoas extrovertidas, introvertidas, controladoras, buscadoras de sensacións.

Marvin Zuckerman, un psicólogo estadounidense, definiu un rasgo de personalidade ó que bautizou como “buscador de sensacións”.A búsqueda de sensacións é un rasgo definido como a búsqueda de variedade, novidade, complexidad e sensacións e experiencias intensas, así como a disposición a tomar riscos físicos, sociais, legais e financieros na búsqueda de tales experiencias.
As persoas que presentan este rasgo de personalidade teñen un marcado desexo de experimentar sensacións novas e intensas e son máis propensas a expoñerse a distintos tipos de riscos. Obserbouse, por exemplo, que nestas persoas as sensaciones fortes activan con maior facilidade as estructuras cerebrais relacionadas coa recompensa e a satisfacción. Polo tanto, un dos atractivos do risco son as poderosas vivencias que aporta: a impresión da caída libre, a sensación de velocidade, a exaltación que producen certas drogas, a aceleración do corazón ante o vértigo da aposta…

As personas que se sienten atraídas polo risco acostuman a ter a necesidade de vivilo todo e de gozar ó máximo cada momento. A atracción polo risco pode ir desde a afición a deportes ou actividades que conlevan certo perigo, a necesidade de poñer a proba as relacións, emprender conductas arriscadas, rozar a ilegalidade, provocar continuamente apuros económicos ou profesionais… ata actitudes autodestructivas como certas adiccións ó poñer en xogo; consciente ou inconscientemente, a vida propia e allena.

10 comentarios:

  1. A miña búsqueda de sensacións
    coido que está en non correr
    demasiados riscos, cos que
    hai que lidiar día a día creo
    que son suficientes, non quedarse
    nin precipitarse, creo que como
    a maioría das cousas ningun
    dos extremos son bos.

    Como sempre unha entrada moi
    interesante.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Ahahaha!!! pois non te imaxinas a de sensacions que paso eu coa miña camara... e non e que sexa perigoso, mais, algunha vez non podo resistirme a sair do coche e pararme a disparar a unha carreteira cheiña de follas de carballo e alumeada por un doce sol de outono... pero e que non me dou conta de que estou no medio e medio!!! Tamen podo trepar por un muro, subir un cantil... ay ay ay!!! as veces non son as sensacions, e que son unha inconsciente (no meu caso claro) pero e que ves algo que non podes deixalo ali e tratas de metelo na camara como sexa ;)

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Despois duns instantes de reflexión doume conta de que son dos tranquilos da vida que de vez en cando buscan algunha emoción para romper a rutina.
    Amos, sosiño coma min só, jajajaja

    Interesante a entrada.

    Bicos mil!

    ResponderEliminar
  4. Deduzo que estudas ou estudaches psicoloxía, ou me equivoco?

    A verdade é unha rama das ciencias moi interesante, agradezo todo o que me podas contar sobre ela, e deste tema... non sei, creo que de todo hai grados tamén, eu son unha persoa moi tranquila que evita os riscos pero de cando en vez precísase facer algo diferente.

    un saudo

    ResponderEliminar
  5. Marisa: graciñas.Estou contigo correr riscos innecesarios tampouco vai moito conmigo, xa chega cos que se presentan sós.
    Bicos!

    Merce: e qué envexa sa me das, ti segue así pero con coidadiño, que esas fotos tan fermosas gustanme moito.
    Bicos!
    Gaeron: bueno...cadan quen é feliz ou disfruta o seu xeito. Non creo que sexas soso.
    Bicos!
    Iisa: deduces ben ;).Sair da rutina, facer algo diferente sempre apetece, pero se é sen correr excesivos riscos case mellor.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  6. Coido que me estou facendo vello, carallo; xa me gustou máis o risco do que me gusta.

    Un bico (con risco jajaja)

    ResponderEliminar
  7. Estou dacordo con Chousa: a atracción polo risco é inversamente proporcional a idade; dito doutra maneira canto mais vellos menos ganas de lerias.
    Esto non é unha lei infalible pero coido que a maioría da xente si lle afecta, e co paso do tempo facémonos mais conservadores, mais tranquilos, menos amantes do perigo, de experimentos e de revolucións.
    Ai, xuventude divino tesouro!!!

    ResponderEliminar
  8. UNA VEZ BUSQUEÉ SENSACIONES, PERO RESULTA QUE TODO GIRABA EN TORNO A ELLAS Y COMENZÉ A VIVIR LA VIDA.

    TE MANDO UN SALUDO DESDE ALGÚN SENSORIAL LUGAR DE MÉXICO

    "LA VIDA ES UN GRAN CIRCO, PERO SIN ESPECTADORES"

    TE SIGOOOOOOOOOO.....

    ResponderEliminar
  9. As diferentes personalidades e búsquedas fan atraíntes unhas persoas para outras e nesa orixinalidade vaise medrando. Non é bo nin malo, ser de unha forma ou outra é sencillamente diferenciarse. Biquiños de auga

    ResponderEliminar
  10. Chousa: jajajajajajaja. Os anos non pasan en valde...
    Para os bicos séguense corrense riscos a calquera idade non? :P Iso non cambia.
    Biquiños
    Raposo:estou dacordo, non creo que sexa unha lei universal pero co paso dos anos o gusto por correr riscos vai diminuindo.
    Biquiños

    VISIÓN DE ARLEQUÍN: un placer tenerte por aquí.
    La vida está llena de sensaciones por vivir y vivir es sentir!
    Besitos.
    Maribel-bel:tes moita razón, hai que ter un respeto profundo pola forma de ser e da personalidade de cada quen.So que as veces hai certas cousas da nosa forma de ser que poden ser nocivas para nos mesmos e as veces para os demáis.
    Un bico!

    ResponderEliminar