viernes, 29 de octubre de 2010

Buscando a boa sorte


Eu nunca crin na boa sorte ,sempre pensei que a boa sorte hai que buscala, que é un mesmo que ten que facer por que as cousas lle vaia o mellor posible na vida. O señor do que vos vou falar a continuación parece que me da a razón.

Seguro que coñecedes a típica persoa a que todo lle parece ir ben.Encontraron a felicidade coa súa parella e ou coa súa familia, conseguiron unha boa posición socieo-económica, disfrutan de traballos interesantes,etc...
O doutor Richard Wiseman psicólogo pola universidade de Hertfordshire decidiu investigar qué podía haber detrás deste fenómeno. A súa investigación ocupou varios anos e implicou a realización de entrevistas e experimentos con centos de persoas excepcionalmente afortunadas... e outras tantas desafortunadas. Publicou os resultados nun libro titulado "Nadie nace con suerte" , traducido a multitude de idiomas.
O traballo del Wiseman suxírenos unha nova forma de ver o fenómeno da Sorte e de entender o papel que xoga [o Azar] nas nosas vidas. A xente non nace con sorte.

Para investigar o fenómeno da boa sorte Wiseman levou a cabo un experimento sinxelo para descubrir se esto se debía a diferencias na capacidade para descubrir oportunidades. Entregou un periódico a personas con boa e con mala sorte, e a cada unha delas lles pidiu que o miraran e que lle dixeran cántas fotografías aparecían no mesmo. Sin advertirlles que entre as follas do periódico, puxo unha mensaxe grande que decía “digalle ó experimentador que leeu esta mensaxe e gañará 50 euros”.
A mensaxe ocupaba media páxina e estaba escrito nunha tipografía de máis de cinco centímetros de alto. Estaba á vista de todos, pero as personas con mala sorte tiñan a tendencia de pasalo por alto mentras que aquelas con boa sorte sí o veían.
As persoas con mala sorte tamén suelen estar máis tensas que as afortunadas, e esta ansiedade obstrúe a súa capacidad para identificar o inesperado.
Consecuentemente, perdense oportunidades por estár moi concentrados en buscar outra cousa. Van as festas coa intención de encontrar a parella perfecta, e perden oportunidades de facer bos amigos. Miran os diarios coa determinación de encontrar certos tipos de clasificados de empleos e perden outros tipos de empleos.
As persoas afortunadas son máis relaxadas e abertas, e por ese motivo ven o que está dispñible e non só o que están buscando. En última instancia, a investigación revelou que as personas afortunadas xeran boa sorte a través de catro principios.

¿Cáles son esos catro principios?


Primeiro principio
. Maximizar as Oportunidades de ter sorte. As persoas afortunadas crean, perciben, actúan sobre un maior número de oportunidades fortuitas nas súas vidas. Consiguen esto creando "redes de sorte", adoptando unha actitude relaxada hacia á vida e abríndose a novas experiencias.

Segundo principio
. Prestar atención a nosa Intuición. As persoas afortunadas toman decisións acertadas facendo uso da súa intuición e corazonadas. Non só prestan atención ó que lles di o seu "olfato", senon que desarrollan actividades que de forma natural potencian a eficacia da súa Intuición.

Terceiro principio.
Esperar cousas boas da vida. As persoas afortunadas teñen expectativas positivas acerca do futuro e eso axúdalles a conseguir os seus soños e ambicións. As persoas con Sorte esperan que a súa Boa Sorte continúe no futuro. Persiguen as súas metas, incluso cando as probabilidades parecen pequenas e perseveran ó enfrentarse o fracaso porque están convencidos de que ó final a Sorte lles sonreirá e todo sairá ben. Ademáis, esperan que as interaccións que manteñen con outras persoas serán afortunadas e lles traerán cousas boas.

Cuarto principio. Convertir a mala sorte en boa sorte ["se a vida che da limóns, fai limonada"]. As persoas afortunadas ven o lado bo das cousas, incluso, ou especialmente, cando son malas. Están convencidos de que calquer revés da Fortuna nas súas vidas conducirá, máis tarde ou máis cedo, a algo bo ["non hai mal que por ben non veña"]. As persoas afortunadas non se regodean na súa mala sorte, senon que dan pasos constructivos para sacar o máximo partido da situación e para previr que volva a repetirse no futuro.

No referente o primero punto,hay que destacar que a sorte correlaciona directamente co Tamaño Efectivo das nosas redes sociais. Ademáis, para percibir oportunidades hai que saber "ver", algo que entra dentro do terreo da Creatividade [dirixir a nosa atención, ver o mesmo que os demáis e pensar de forma distinta sobre elo].

9 comentarios:

  1. Interessante o estudo este dos afortunados e des-afortunados. Haverá que prestar atençom aos catro principios mas todo me dá que nom é tan singelo ponhe-los em práctica como pareze. Mas nom sejamos negativos.


    Umha aperta

    ResponderEliminar
  2. Sempre tiven ese convencimento
    de que creando sintonía o
    o noso arredor iría mellor a vida,
    ser negativo coarta e non deixa ver
    máis alá do que temos diante,
    esperemos ter a boa sorte,o maior
    tempo posible do noso lado.

    Unha grande aperta.

    ResponderEliminar
  3. Ter unha propia e diferenciada personalidade, sen envidias nin postas en primeira linea de outras que nos parecen maravillosas. Sempre me recordas a Bucay. Bicos

    ResponderEliminar
  4. Que susto me deches cando falabas da sorte e do Azar...pensei que falabas de Aznar!!!. (Vai ser que estaba eu tenso e obstruido e so tiña ollos para o mal...)

    Un bicazo creativo!
    (Ah, e boa sorte co paraugas esta fin de semana!)

    ResponderEliminar
  5. Interesante: en realidade, parece que do que se trata é de aproveitar oportunidades favorables e de facer o posible por que as cousas ocorran Nada novo, como vde xa sabía.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  6. Foma Fomitch: sinsexlo non é seguramente, hai que cambiar o chip, resulta curioso e ademáis pode resultus útil saber cosas como estas.
    Bicos!
    Marisa. sendo negativos non chegamos a nada bo entón é loxico que sendo positivos temos máis posibilidades de que todo vaia ben.
    Un bico grande.
    Maribel_bel: Bucay niin máis nin menos..pero sí que me convencen moitos os seus plantexamentos, creo que é un novo xeito de ver a psicoloxía que a min persoalmente me conveNCE..
    Un bico grande.
    Chousa: Aznar...aggggg ..quita quita...nin mentalo.
    Boa falta nos está a facer o paraugas, estamos tendo un Castanhazo Rock pasado por auga, pero resistiremos que somos xente barava a destas terras.
    Bicos bravús.
    Kaplan: non se poderia resumir de mellor xeito...Nada novo dende logo pero parece que nos resulta difícil velo.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  7. Moi interesante todo eso que escribes. O díficil é, penso eu, que as personas con tendencia a mala sorte poidan correxir ese hábito e utilizar
    os catro principios para o seu ben.
    O final poida que todo sexa mais sinxelo e que, en realidade, neste mundo teña que haber de todo (como en botica), xente con boa sorte e xente con mala sorte. Sempre foi así e supoño que así seguirá sendo, e quizais esto tamén é necesario para o correcto equilibrio do planeta.
    Bicos con resignación!!

    ResponderEliminar
  8. RAPOSO: si tes razón sobre todo é difícil cambiar as cousas cando non se quere facer nada por cambiar. Non sei son das que opina que a lo menos hai que intentalo ..o que sexa.
    Un bico!

    ResponderEliminar