sábado, 13 de noviembre de 2010

Algo diferente

Enriquecer as nosas vidas, e o que todos desexamos (se non todos a gran maioria) disfrutar dunha vida chea de situacións e actividades pracenteiras e gratificantes que nos leven o máis cerca posible dunha sensación de satisfacción con quenes somos e de paz interior debido a ter o que desexamos posuer. O que pode ser na meirande parte das veces, algo non material, podemos querer ter unha casa pero que ésta non nos satisfaga tanto como sentirnos ben con nos mesmos e a nosa actitude.
Para enriquecer a nosa vida é posible que necesitemos facer algo distinto. As persoas enriquecemonos ó ter novas experiencias e descubrir cousas ou lugares diferentes que nos fagan observar as situacións cotidianas dunha maneira distinta á que temos habitualmente. En poucas palabras, enriquecer a nosa vida significa expandir os teus horizontes e abrir a mente a novos contextos e posibilidades.

Por outro lado temos a zoa de confort que é todo aquelo ó que estamos acostumados a facer. Isto é, “Zoa de confort” e non é máis que outra maneira de decir “o que facemos sempre e da misma maneira de sempre“.

É algo que todos empezamos a desarrollar cando repetimos unha acción de vez en cando. Vamos creando un costume que tende a repetirse e en certa maneira a automatizarse de modo que nos resulta máis cómodo repetila desa forma unha e outra vez, reforzándo deste xeito a zoa de confort que se está a crear.

Ainda que sexa algo bo que automaticemos as cousas porque nos permite non ter que estar pendentes dunha tarefa que xa fixemos antes moitas veces (por exemplo conducir), non resulta tan beneficioso cando se reforza demasiado un estado mental. E dicir, acostumbrarnos a unha mesma maneira de pensar pode ser perxudicial.

Cando estamos dentro da nosa zoa de confort temos a sensación de seguridade e de estar a salvo, estamos facendo algo que xa realizamos unha gran cantidade de veces no pasado, e coñecemos o que vai suceder a continuación con bastante seguridade.

En cambio, se fas algo que antes non fixeras, non sabes o que vai suceder. Polo tanto, a sensación de seguridade desaparece e no seu lugar aparece a incomodidade. Por así decilo, en certa maneira sentimonos máis indefensos e temos unha maior sensación de inseguridade e pode que nos sexa molesto facer algo distinto.

Enriquecer a túa Vida pode ser Sair da Zoa de Confort.


Isto ven a dicir que “expandir o nosos horizontes e abrir a mente a outro modo de ver o mundo“. Sair da zona de confort ou de comodidade en realidade non resulta tan difícil nin complicado como podería pensarse. Consiste simplemente en facer algo diferente (simple no é o mesmo que fácil, algunhas cousas pode costar máis cambialas que outras).

Lista de cousas que poden enriquecer as nosas vidas:

- Aprender unha habilidade nova.

- Probar comida diferente, doutros países por exemplo.

- Sair de festa por sitios diferentes.

- Aproveitar o tempo libre que teñas para facer algunha viaxe rápida.

- Escoitar música diferente.

Estás son algunhas cousas das que a min se me ocorre facer de cando en vez pero seguro que a cada un de vos se lle ocorren moitas cousas que facer para sair da rutina, do de sempre e consegui ter unha vida un pouco máis rica.

7 comentarios:

  1. É certo que vivir pechados
    o mundo non enriquece a
    nosa vida, coñocer outros
    horizontes ensancha o noso
    pensamento e fainos máis
    grandes como persoas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Está bien el artículo, pero hay que citar las fuentes, porque si no induces a que quienes te leen crean que lo has escrito tú.

    ResponderEliminar
  3. Marisa:eu penso que a vida e aprendizaxe continuo e que nos ofrece a posibilidade de enriquecernos se o sabemos aprobeitar.
    Bicos!
    Anónimo: gracias por tu aportación.
    Saludos!

    ResponderEliminar
  4. É o que hai: ou nos cocemos ou nos enriquecemos; así que a elección está clara!

    Bicos enriquecedores

    ResponderEliminar
  5. Chousa: jajajajaa! Moi ocurrente coma sempre.
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  6. Máis dunha vez me quedo pensando se é preferible a despreocupada(?) comodidade da rutina ou meter polo medio cousas, actividades, o que sexa que fan sair dela, inda que sexa por pouco tempo.

    O conto é que ao final son eu o primeiro o que trata de romper a cocedura (como ben di Chousa) botándolle de todo aquelo que enriquece. E o fago de xeito inconsciente. Por algo será :D

    Bicossss

    ResponderEliminar
  7. Gaeron: eu tamén trato de sair da cocedura sempre que podo, é unha necesidade imperiosa para min.
    Biquiños!

    ResponderEliminar