viernes, 5 de noviembre de 2010

Gracias!



A gratitude é o sentimento de agradecemento e ledicia ó recibir o que un percibe como un obsequio, xa sexa un obsequio material proporcionado por outra persoa ou algo inmaterial, como un momento de paz provocado pola natureza. Unha resposta de agradecemento ante as circunstancias da vida pode ser unha estratexia psicolóxica adaptativa é un importante proceso mediante o cal a persoa interpreta positivamente as súas experiencias cotidias. A capacidade para percibir, apreciar e saborear os compoñentes da propia vida consideranse un factor determinante no benestar.

Analizando en máis profundidade esta definición vemos que agradecer é recoñecer: se non apreciamos o bo que nos pasa, non podemos estar agradecidos. E o problema é que moitas veces non sabemos aprecialo.Nalgunhas ocasións non somos conscientes de ver o bo, sencillamente porque o damos por suposto.Levantamos pola mañá,metémonos na ducha, abrimos a billa da auga quente e duchámonos. Se un día o abrir a billa, o chorro de auga que cae sobre nos é frío, entón vénsenos o mundo abaixo. ¿Cómo vamos poder sobrevivir sen agua quente? Así xa temos o mal humor prácticamente asegurado. Cando as cousas non funcionan como deberían, enfadámonos, pero cando sí o fan quedamos igual. Non apreciamos que temos auga quente, que vivimos nun país sen guerras, o café que nos tomamos, o sol que sae a diario. Cousas grandes e pequenas.

O beneficio de ser agradecido é que enfocas a túa enerxía o lado positivo das cousas, no vaso medio cheo. Cando estamos agradecidos sentímonos ben, contentos, satisfeitos.Podería dicirse que a gratitude leva o benestar e á felicidade.
E eu estouvos moi agradecida polos vosos comentarios e porque sempre tedes unha boas verbas para adicarme.Gracias tamén os visitantes silenciosos. GRACIÑAS A TODOS!!!!!!!!

11 comentarios:

  1. A min tamén me gustan os agradecementos e a sensación de gratitude acércanos á xente que nos rodea e que nos da o alento cada día. Unha apertiña.

    ResponderEliminar
  2. Basta ler as túas entradas para sentir esa gratitude.
    Gracias a ti :)
    Bicosss

    ResponderEliminar
  3. "É de ben nacido ser agradecido"
    Coido que non somos moi dados
    a agradecer o bo que recibimos,
    tomámolo e xa está.
    Eu sinto unha enorme gratitude
    polas palabras que nos deixas
    e que fan unha boa analise
    dos valores da vida.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. Tés moita razón.
    Eu teño unha tía (irmá de meu pai) que da as gracias por todo. Pola auga, polo sol, polos alimentos, pola roupa, polo aire...É monxa
    (Aínda así, anda cabreada polo pouco que imos á misa os sobriños jajaja)

    Gracias por contárnolo así de ben.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Maribel-bel: sí tes razón neso de que nos acerca. Sentirse valorado fainos sentir ben o mesmo que valorar que os demáis fan por nos.
    Bicos!
    Gaeron: no sei se transmito gratitude..pero sí a sinto cando leo os voso comentarios..que vos molestedes en leer e en deixarme as vosas impresión.Gústame lervos!
    Bicos!
    Marisa: emocionanme as túas palabras e son agradecidas tamén.Olvidámonos de valorar o que temos moitas veces...e ben recordalo de cando en vez.
    Bicos!
    Chousa: Non comulgo eu demasiado coa igrexa católica pero bueno algunha cousa fan ben e eso de agradecer o que cada un temos paréceme unha delas.
    ¡Vai á misa descastado!jajajaja :P
    Bicos!!

    ResponderEliminar
  6. Grazas a ti por estas breves pero intensas leccións que nos dás.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Raposo:bueno......... a miña intención no é dar leccións.En todo caso son reflexións e nalgúns casos autotiróns de orellas.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  8. Graciñas a ti que me acercas a sicoloxía e me fas buscar dez cousas positivas cada día e agora atopo máis de dez !.

    ResponderEliminar
  9. Paideleo:alégrome sinceramnente diso, noraboa!!!
    Biquiños!!

    ResponderEliminar
  10. Ainda falaba eu hoxe diso, a razón da crise e dos recortes que queren facer, e da seguridade social que temos aquí, e que é posiblemente a mellor do mundo e nin a valoramos nin a coidamos, e moito menos estamos agradecidos. Pero bueno, disculpa si me salí de madre.
    Bicos

    ResponderEliminar
  11. susana moo: Benvida e graciás polo teu comentario. Si, hai que valorar o que temos.. o exemplo que pos e bo, seguro que podería mellorarse pero hai que recoñecer que é bo ter este servizo público.
    Bicos!

    ResponderEliminar