miércoles, 15 de diciembre de 2010

Sentir unha mirada


Seguramnete a moitos de vos ocorreuvos algunha vez que mentres paseábades pola rúa ou estábades tomando algo nun bar (por poñer algún exemplo) pudestes sentir que alguén vos estaba observando e o xirar a cabeza constatar que efectivamente alguén tiña a mirada fixada na vosa persoa.
Este "fenómeno" foi denominado Scopaesthesia polo filósofo e biologo británico, Rupert Sheldrake e definiuna como a habilidade de distinguir cando somos observados. O termo scopaesthesia é a conxunción dós vocablos gregos: skopein, (mirar) e aesthesis, (sensación).
Para probar esta habilidade de certas persoas de recoñecer cando son observadas, Sheldrake someteu a un grupo de persoas a un experimento onde debían decidir cando estaban sendo observadas e cando non. Os resultados foron positivos: dun total de 200.000 experimentos os resultados mostraban que a xente percibía a mirada as súas espaldas nun porcentaxe moito maior ó que se produciría ó azar.
A pesar de que se coñece pouco acerca desta capacidade, a explicación máis frecuente que se da é que se pode tratar dunha capacidad "evolucionada" provinte dos animais e que puido habelos "axudado" ,dunha ou outra maneira, a aprender a evadir ós depredadores.

5 comentarios:

  1. ¿E qué me dis de cando, ademáis de pillar a mirada, a persoa que che mira a deixa enganchada e pouco a pouco vai esbozando un sorriso? A bo seguro que a evolución, lonxe de axudar a evitar aos depredadores, fixo que nos divertira depredar ou ser depredados. E incluso que nos gustara.
    (Non me fagas moito caso, cousas que se me ocurren así sen pensar moito) :D
    Biquiñosssss

    ResponderEliminar
  2. Eu son un scopaesthésico superior. Sempre teño a sensación de que o meu xefe está mirándome á caluga e atino moitas máis veces das que acertaría ó chou...
    Pregunta: rulará o radar scopaesthésico das mozas se vos miramos o cu?

    Bicos de Antas

    ResponderEliminar
  3. Tenme pasado iso algunha vez.

    Non sabía que esa sensación
    de ser observado tiña un nome.
    Contigo sempre aprendo
    algo novo.

    Unha aperta grande.

    ResponderEliminar
  4. Tamén me ten pasado a min. Non sabería explicalo pero un ten a sensación desacougante de ser observado, dase a volta e aí están dous ollos fitándote. Misterios da mente humana.

    ResponderEliminar
  5. Gaeron: claro..esto agora ten a súa parte divertida:converterse en depredadores o ser presa..metafóricamente falando , claro!
    Bicos!
    Chousa: os xefens son uns mirón.E respondedo a túa pregunta aseguroche de que sí o notamos, as veces máis por intuición que por outra cousa... :P
    Bicos!
    Marisa:son cousas curiosas e interesantes.A min tamén me ten pasado..
    Bicoss!
    Raposo:a mente humana é todo un mistrio,hay tantas cousas que non sabemos...
    Bicos
    Bicos!

    ResponderEliminar