miércoles, 16 de febrero de 2011

Creencias


A creencia é un concepto, unha proposición, a cal cremos verdadeira, xa sexa a nivel consciente ou inconsciente, e; polo xeral, negámonos a discutir a súa validez.
Todos nós temos sistemas de creencias formados dende que nacemos, que nos son dadas polos nosos pais, profesores e mestres, amigos, libros, etc.; é dicir por todo aquelo que conforma o noso entorno.
Ó longo da nosa vida, imos acumulando experiencias e creencias sobre como son, ou como deberían ser as cousas. Son “ as nosas verdades” e de acordo a elas é a forma en que nos imos desenvolvendo no noso día a día.
As creencias, que en moitos casos son subconscientes, afectan á percepción que temos de nos mesmos, dos demáis e das cousas e situacións que nos rodean.
Moitas persoas tenden a pensar que as súas creencias son universalmente certas e esperan que os demáis as compartan. Non se dan conta que o sistema de creencias e valores é algo exclusivamente persoal e en moitos casos moi diferente das dos demáis.Nós vivimos á realidade en función das nosas creencias, facendo unha elaboración mental da mesma. O que vivimos tal como o vivimos, depende da representación e elaboración do noso mapa mental.
As creencias son unha forza moi poderosa dentro da nosa conducta. É ben sabido que se alguén realmente cree que pode hacer algo, farao, e se cree que é imposible facelo, ningún esforzo por grande que éste sexa logrará convencelo de que se pode realizar. Todos temos creencias que nos sirven como recursos e tamén creencias que nos limitan. As nosas creencias poden moldear, influir e incluso determinar o noso grado de intelixencia, a nosa saúde, a nosa creatividade, o xeito como nos relacionamos e incluso o noso grado de felicidade e de éxito.

Existen dous tipos de creencias:

Creencias globais:


Son xeralizacións que facemos sobre a vida, o mundo, as persoas, etc.
Exemplos: A vida é marabillosa.A vida é dura. A xente é amable. Os can son perigosos. As mulleres, os hoes son un desastre...

Regras


Son pautas que rixen o noso comportamento.

Exemplos: Se teño un bo coche a xente considerarame ben. Se aprendo das miñas experiencias e maduro, terei éxito na miña vida. Se teño ingresos fixos, entón terei seguridade. Se afirmo a miña personalidade, serei rexeitado.

As creencias, por outra banda, poden ser potenciadoras ou limitantes. As primeiras axudannos e potencian a confianza en nos mesmos e nas nosas capacidades, permitíndonos afrontar con éxito situacións complexas. As segundas restannos enerxía e inhabilitanos para afrontar determinadas situacións.

Se nos cremos incapaces de aprender ou consideramos que xa pasamos o período de nosa vida na que nos era fácil aprender cousas novas, estaremos bloqueando calquera oportunidade de desarrollar novas competencias e habilidades.
Tamén pode ocurrir que nos coste moito esforzo aprender moitas habilidades, porque ó adquirilas fácilmente quitaríannos a razón a nos mesmos (de esta forma confirmamos a nosa propia creencia).
Sería bo conñecer cales son as nosas creencias esenciais, cambiar aquelas que nos están limitando e resolver os conflictos que pueden existir entre distintas creencias.

14 comentarios:

  1. A miña pregunta é ata qué punto as crenzas dun son dun ou veñen impostas dun ou doutro xeito, ata o estremo de que vivimos en realidade mediatizados ou incluso "alienados".

    Moi boa a entrada (coma sempre). :)

    Biquiñosss

    ResponderEliminar
  2. Aprendo galego a marchas forzadas... Un beso.

    ResponderEliminar
  3. Nada do que se aprende facilmente ou sen custo dura demasiado, pero as crenzas erróneas son difíciles de erradicar.
    Moi boa entrada. Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Eu creo que mereces unha cátedra no Blogomillo. Matriculareime con gusto na túa Facultade.

    Bicos!

    ResponderEliminar
  5. Excelente entrada. Las creencias muchas veces nos limitan muchísimo, a veces hasta el punto de no ver que alguna de esas creencias nos daña.
    Besos

    ResponderEliminar
  6. É importante creer en algo para poder vivir, senón a vida non tería sentido...
    Necesito creer!
    Son ditos moi populares, e penso que bastante acertados, como as túas entradas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Gaeron: as crenzas veñen de moitos sitios, aí no nombrei os medios de comunicación que hoxe en día son importantes creadores de creencias moitas delas erroneas e perxudiciais.
    Outras creencias son convencións soiciais que non se cuesttionan e que nos veñen impostas desde ben nenos.
    Bicos!!
    Graciñas!!
    Savoy Truffle: bienvenido.Me alegro, aprender cosas nuevas es bueno.
    Besiños!
    Kaplan: si son difíciles de erradicar, o importante seria detectar as creencias que son perxudiciais para podelas cambiar. Non é fácil pero é posible.
    Bicos!
    Chousa: eu catedrática do que sexa..que disparate!!!!...jajajja
    Gracias!!
    Os que merecen verdadeiros eloxios son os que se adican o estudo destas e outras cousas que coñecendoas poden axudar a mellorar as nosas vidas.
    Un bico!

    la reina del Mambo: realmente hay creencias que nos limitan mucho, no nos dejan ver más allá o mirar de otro modo.Lo que siempre es una pena.
    Besos!

    Magdalena Malungo: hai quen necesita aferrase as súas creencias sen cuestinalas, sin ver se lle fan realmente ben.Dan seguridade e hai moi medo a estar equivocado e o que eso supón..os cambios e o que non coñecemos sempre son fonte de temor.
    Bicoss!!

    ResponderEliminar
  8. Penso que debemos
    de ser moi respetuosos
    coas crenzas de
    cada quen,ninguén
    ten a exclusividade
    da verdade absoluta.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  9. Marisa: se eso pasase o mundo seria un lugar moito mellor.Hai demasiada xente crendo que ten a verdade.
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  10. Tes moita razón nas tuas palabras. Eu non son crente, nin creo en nada máis aló do que os meus sentidos poidan catar; pero agora sí, chega un exame e aló que me vou coa carteira chea de amuletos que fun acumulando dos meus achegados ó longo destes últimos anos ... unha castaña, un allo, romeiro ... estes son os encargados de demostrar o que ti expós!

    Por certo, son galego falante pero vasme ter que desculpar se teño castelanismos.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  11. Non hai nada como vivir no estranxeiro ou relacionarse con xente allea á túa cultura para abrir a mente e romper muitas das crenzas erradas.

    ResponderEliminar
  12. bitelino: non é bo acostumbrarse a ese amuletos, se algún día che faltan pódeche crear inseguridade e se fallas é sinxelo botarlle a culpa a súa ausencia, se responsabikizrate ti do resultado dos teus actos.
    Non te preoucpes polo teu galego o meu vai como vai.
    Bicoss!
    Paideleo:tes moita razón, é a mellor forma de abrir a mente.
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  13. Te recomiendo este video sobre la manera en que pensamos...

    http://biotzez.lacoctelera.net/post/2010/05/17/una-segunda-oportunidad-dr-mario-alonso-puig

    Besos!

    ResponderEliminar