jueves, 3 de febrero de 2011

Pensando en positivo...


A maneira de pensar inflúe moito na saúde física dos seres humanos. A ciencia médica fixo novos descubrimentos sobre como a mente positiva ou negativa afecta á nosa saúde física. Varios experimentos demostraron que o noso cerebro comunicase co resto do noso corpo por medio de sustancias químicas que produce e que envía a través do torrente sanguineo.Esta nova rama da ciencia coñécese polo nome de psiconeuroinmunoloxía.
O sistema inmunóloxico, traballa en equipo coa nosa mente e de acordo ó que pensemos.Os nosos niveis de estrés, de optimismo e as nosas expectativas afectan ó noso organismo dunha maneira positiva ou negativa.
As persoas con pensamento positivo e as que son optimistas non só disfrutan máis da súa vida pero tamén disfrutan dunha saúde mellor que os pesimistas e os que pensan negativamente.
O optimismo é fonte de saúde, de enerxía e o mellor amigo do noso sistema inmunolóxico. As persoas que teñen un pensamento positivo e padecen enfermidades graves xeralmente recuperanse máis rápidamente que os que se sinten acabados e sen esperanza.
Calquera pensamento xera inmediatamente unha emoción, que a súa vez condiciona a nosa maneira de actuar. Concebir pensamentos que provoquen instantáneamente emocións como a ledicia, a paz, a armonía e o benestar reforzan o noso sistema inmunolóxico e, por ende, melloran notablemente a nosa saúde e calidade de vida.

En cambio, se pensamos negativamente o único que conseguimos é envenenarnos a nos mesmos con emocións tan nocivas e destructivas como o odio, a ira, o resentimento etc. E máis vale ter coidado: co tempo vamos creando sólidas redes neuronais, que poden chegar a convertirnos en adictos a este tipo de emocións, o que xera que a nosa vida oscurezca arrastrándonos a tristura e a desesperanza.

Un pensamento negativo deixa o sistema inmunitario nunha situación delicada durante seis horas... afirma o doutor Mario Alonso Puig

9 comentarios:

  1. Dame medo, eu que por natureza vexo sempre lo lado malo das cousas e que se non o teñen o invento.
    Dame mediño. Ou doume.

    Bicossss

    ResponderEliminar
  2. Sé que es cierto, tener pensamientos positivos es bueno para todo. Qué pasa cuando eres pesimista?
    Yo lo soy y intento todos los días ser positiva, unas veces con más acierto que otras.
    Besos

    ResponderEliminar
  3. O noso cerebro é unha surtida farmacia. O máis cojonudo do conto é que non ten farmacéutic@. Así que os "clientes" poden optar por autodispensarse sin receita. E, claro, non sempre se sabe elexir o principio activo máis axeitado ou a dose convinte para cada momento.
    Será necesario ser experto en psiconeuroinmunoloxía para saber que unha cara de risa provoca mellores sensacións que un xesto de moucho reseco?

    Bicos con algarabía!

    ResponderEliminar
  4. De tal xeito e casi inconscientemente
    rechazamos todo aquelo que nos causa
    pesimismo ou tristeza e gustamos de ir
    en compaña de persoas ledas e optimistas.
    Tratemos de que as nosas emocións
    creen boa enerxía.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  5. Querida, ¿dónde dices que tienes la consulta? ;)

    ResponderEliminar
  6. Eu comprobo a diario, a persoa que traballa conmigo é hipocondríaca e sempre ten principio de algo...cóstame aturar cada día ese negativismo e aprensión. Saúdo

    ResponderEliminar
  7. Penso que o pesimista o que procura moitas das veces é chamar a atención... e que para ser optimista hai que ser moi valente, e máis das veces pouco realista.
    Como ben dicía Saramago: eu non son pesimista, o que pasa e que o mundo está pésimo. E tamén dicia que só os pesimistas podían cambiar o mundo.
    Así que o mellor non é bo ser pesimista para a saúde pero vivir no mundo de ping y pong....tampouco axuda moito.
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  8. Gaeron: nas túas mans está cambiar un pouco o xeito de ver as cousas...así que nada de medo.
    Bicoss!!
    la reina del Mambo: no te vas morir por ser pesimista..pero sí que la calidad de vida suele ser peor, y es perjudicial para el sistema inmunitario por lo que te espones a tener más problemas de salud.
    La parte buena es que nosotros podemos cambiar e intenar tomarnos la vida de una forma más positiva, intentándolo un poco cada día.
    Besitos!
    Chousa; dende logo que non fai falla ser experto para saber que as emocións positivas ou un simple sonrisa faananos a vida máis agradabre e sentímonos mellor.É algo de lóxica pero que non se usa moito.
    Bicos!
    Marisa; a vida non o suele poñer fácil pero ainda así debemos facer por mover esa enerxía positiva que é moito mási constructiva.
    Bicoss!!
    Ra: jajajajaja.Todo esto son cosas que por lógica todos sabemos..solo que hay expertos que se han dedicado a demostrarlo con datos..
    Besitoss!!!
    Maribel_bel: creo que tomar esa actitude negativa é máis doado, pero o peor é hai xente que llo transmite os demáis.
    Biquiños!
    Magdalena Molungo: Creo que é posible que Saramago teña razón, pero non sei se o termo a empregar sería pesimistas..xa que o pesimista cree que as cousas non poden cambiar para mellor eso fan os optimistas que apesar de ver as cousas mal pensan que pode ir a mellor e fan porque así sexa.
    Ser optimista no é vivir nos mundos de pin e pon senon que ainda vendo que as cousas van mal afrontalas para superalas con boa actitude e pensando que se é capaz.
    Bicoss!!

    ResponderEliminar
  9. Xa que logo, o alcohol e moi beneficioso porque dá alegría, optimismo e mesmo euforia.
    Camareiro, outro chupito!!!

    ResponderEliminar