domingo, 13 de febrero de 2011

Soidade


E chega de novo o famoso día dos namorados, ese no que se empeñan en recordarnos en que deberíamos ter alguén con quen celebralo e compartilo.Sen entrar no debate de que se é todo unha montaxe de marquetin que fomenta o consumismo neste tinglado olvídanse de que existe moita xente que vive en soidade e que iso no é nada malo, que é unha opción de vida e que non ter parella non supón ser un fracasado.

Todos os sós e soas non son persoas que sufran dalgunha enfermidade nin que rexeiten a vida en parella nin que fagan unha apoloxía da solteiría.
Hai momentos na vida das distintas persoas nas que darse un tempo para encontrarse consigo mesmo pode ser o mellor camiño para relacionarse despóis con outros seres humanos, sexan éstos futuras parellas, socios, compañeiros de traballo ou familiares.

Por outra parte, hai quenes sosteñen que a posibilidade de vivir plenamente con outros radica na capacidad para estar a soas e ben cun mesmo. Desta maneira hai quenes viven a soidade como desamparo, outros como liberdade, outros como refuxio…

Hai casos nos que se está acompañados, pero con persoas coas que sabemos a ciencia certa que non nos queren.Son persoas que viven unhas coas outras só por convencionalismos sociais e hipocresías. Esta é unha soidade cruel, que conxela o corpo e a alma.Esta é a soidade que sí hai que tratar de evitar.

Pódese disfutar de vivir en parella pero tamén se pode disfrutar da vida sen parella.

10 comentarios:

  1. Sen parella (habitual) un/unha ten acceso (esporádico) ó universo enteiro.
    Mañán levarás algo de cor vermella? :-)

    Bico (emparellado con outro bico!!)

    ResponderEliminar
  2. Hoxe por hoxe son quen de vivir en soidade e acompañado coa mesma ledicia...noutro tempo precisaba sempre de compaña, pero, o peor ou o mellor, a idade foime dando esa capacidade. Pódoche dicir que xa fai case 10 anos que non agasallo nada polo día dos namorados...prefiro facelo un día calquera, unha festa sorpresa coas súas amigas ( na que fago mutis)unha entrada para o teatro ou unha cea/comida/merenda especial (na casa acostumo cociñar eu) cada vez entendo menos isto dos días especiais, por iso inventei o día do padriño o ultimo día de xaneiro, para iso e para botarme unhas risas co meu afillado. Apertas bicos e desculpa a parrafeada. Ledos días do que ti queiras

    ResponderEliminar
  3. Chaousa:si..iso é certo, un mundo cheo de posibilidades e cousas por coñecer.Ter parella non deberia limitarnos niso..sería o ideal, non??
    Gústame a cor vermella para vestir pero....precisamente neste día nunca me visto de vermello, é unha parvada pero xa se convertiu en tradición. De máis noviña ía de negro por rebeldía. :P
    Bicoss!!
    An:é todo un logro conseguir iso, parabéns!! Se estás namorado non fan falla agasallos, disfrutar todos os días dese amor é o verdadeiro agasallo que che brinda a vida.
    Agradecida pola túa parrafada.

    Biquiños!

    ResponderEliminar
  4. Esos momentos nos que se disfruta da soedade, de vivir con un mesmo, son maravillosos para despois relacionarse con máis armonía. Bendita liberdade (a de elexir). Bicos amarelos.

    ResponderEliminar
  5. Quizais a quen non saiba vivir só, tamén lle resulte complicado aturar a compañía.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Maribel-bel: estou contigo bedita liberdade a de elexir e podendo elexir disfrutar do elexido.
    Bicoss!!
    Raposo:eu estou convencida diso.
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  7. Creo que el amor, en general, comienza por aceptarse a uno mismo. Luego, expandirlo hacia tus seres queridos.

    Y así, seguramente, algún día llegue el tan ansiado amor de pareja.

    Gran saludo.

    ResponderEliminar
  8. Yo interpreto el 14 de febrero como el día del amor, no necesariamente de la pareja...
    :)

    Besos!

    ResponderEliminar
  9. Adrinófanes: sí, sabias palabras, yo también lo creo así.
    Besiños!
    Cris:sí, en mi caso este año mi regalo de San Valentín me lo hizo mi madre.
    Todos los días deberían ser los días del AMOR..para qué ponerle fecha en el calendario.
    Besiños!!!

    ResponderEliminar
  10. Llego tarde para el gran día ¿No sé? pensé que te había comentado.
    El día del Amor es cada día creo yo.
    Bicos

    ResponderEliminar