viernes, 11 de marzo de 2011

Leer a mente


Leer a mente non é ter poderes extraordinarios é máis todos lemos a mente dos demáis con bastante frecuencia.Leer a mente é supoñer o que están pensando ou sentido outra persoa sen ter probas obxetivas.Solemos facer isto moi a miudo, máis do que cremos, e logo actuamos en consecuencia; creando situacións basadas en ideas falsas e isto pode dificultar as nosas relacións, no traballo e na vida persoal e incluso pode afectar o noso estado de ánimo.
A lectura da mente é unha percepción intuitiva que facemos de forma consciente e basándonos en códigos non verbais e que logo pasamos a interpretar.
As veces son só proxeccións dos nosos propios pensamentos e sentimentos sobre unha determinada situación, que experimentamos nós pero que lla adxudicamos ó outro.
En moitas ocasións cando lemos a mente estamos moi seguros de que as nosas percepcións son certas e non as cuestionamos en ningún caso crendo que se ten a razón, pero esto non é garantía de que se esté no certo.
Todo esto lévanos á seguinte cuestión :¿Por qué a xente prefiere adiviñar o que o outro está pensando ou sentindo si frente á ambigüidade podemos preguntar qué é o que exactamente quixo decir?
Cada un de nós vivimos no noso propio mundo e experimentámolo dunha maneira diferente ,non se pode esperar que os demáis imaxinen cómo nos sentimos nós ou qué é o que queremos por xestos que poden significar moitas cousas distintas.
Comunicarlle os demáis cales son os nosos sentiméntos ou o que pensamos non é unha tarefa sinxela incluso utilizando a linguaxe verbal ainda máis custoso é entendernos se non nos exprersamos con verbas.
Hai dúas formas de lectura de pensamento: cando supoñemos o que outra persoa está pensando, sentindo...e a outra é cando creemos que é posible que os demáis sepan o que estamos pensando, sentindo..
Cada persoa temos modelos mentais diferentes e que un non pode supoñer nin imaxinar o que a outra persoa está pensando ou sentiendo con exactitude, nin tampouco coñecer o significado que teñen a súas verbas se non se expresa con absoluta claridade.
Polo tanto para unha boa comunicación, para evitar malos entendidos e para evitar porblemas é recomendable non facer conxeturas sen cercionarnos logo de se son certas ou non. Expresarse coa maior claridade da que sexamos capaces tamén é algo que nos axudará.Abrir a mente e decatarnos de qué todos somos diferentes e temos o noso xeito de ver a realidade é fundamental , para todo na vida, pero neste caso tamén axuda a evitar malos entendidos e situacións indesexadas.

8 comentarios:

  1. Paréceme moi ben o que dis de forma
    tan razonada, logo a frase que se
    escoita bastante a miudo "coñézote
    coma se te parira" figúrasenos que
    sabemos como é esa persoa, como pensa,
    como actúa pero non temos nin idea.
    Haberá que profundizar.
    Moi boas sempre a tuas palabras.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  2. Olá gostaria que visita se meu blog que é dedicado a cultura. Espero que goste nele tenho uma coluna poética aos sábados ás 09 da manhã espero poder contar com sua visita.

    Sucesso em seu espaço.

    Magno Oliveira
    Twitter: @oliveirasmagno ou twitter/oliveirasmagno
    Telefone: 55 11 61903992
    E-mail oliveira_m_silva@hotmail.com

    ResponderEliminar
  3. Ala carallo!, xa lle desmontaches a estructura organizativa do tinglado de Aramis Fuster.

    Bicos mentais

    ResponderEliminar
  4. Estupendo post. Tendríamos que hablar claro y si no entendemos a la otra/as persona lo mejor es preguntar y no adivinar.
    Un beso

    ResponderEliminar
  5. Marisa: é unha mala costumbre que temos en moitos casos e non suele ter boas consecuencias.Ser un pouco máis conscientes deso penso que é bo.
    Bicos!
    Folhetin cultural: agracédolle a invitación, conta coa miña visita.
    Beijiños!
    Chousa:jajajaajaja.Esta como os demáis acertará en raras ocasións.Menuda é!
    Biquiños!
    Lareina de mambo:si, parece ser que es más fácil suponer cosas que comunicarse de forma abierta, así somos los seres humanos. :)
    Besitos!!!

    ResponderEliminar
  6. Xa o dí o refraneiro popular: falando enténdese a xente. Pois eso.

    ResponderEliminar
  7. E un dos meirandes problemas deste mundo: a falla de comunicación. O dar as cousas por sentado cando nin se ten falado... Bolboreteira for president! :-)

    ResponderEliminar
  8. Raposo:o refraneiro popular é sabio en moitas ocasión, este que ti dís vaille que nin pintado a esta entrada.
    Biquiños!
    Magdalena Malungo:a comunicación é fundamental, debería ser fácil comunicarse pero en realidade está probado que non o é tanto.
    Uiss! Nada de presidencias co que odio eu o politiqueo :)jajaja
    Bicos!

    ResponderEliminar