viernes, 1 de abril de 2011

¿Cómo te ves?


A imaxe corporal inclúe moitas cousas como por exemplo a maneira como nos percibimos a nós mesmos, como nos sentimos nos nosos corpos e como nos sentimos cos nosos corpos. A imaxe corporal é algo que aprendemos e que cambia constantemente.
En ocasións, cando as persoas se ven reflexadas no espellos pregúntanse se son ou non atraintes de maneira xeral e se lle gustarán ou agradarán a unha persoa en particular.
Moitos de nós sentimos con máis ou menos frecuencia desconfianza e inseguridade acerca do noso corpo. Estes sentimentos están frecuentemente alimentados por percepcións tanto reais como ficticias, dos nosos amigos, familia, de nós mesmos e dos medios de comunicación acerca de cómo deberíamos vernos.
A nosa imaxe corporal pode variar de moi positiva a moi negativa. Podémonos sentir ben con respecto a algunhas partes do noso corpo ou da nosa apariencia, pero non con respecto a outras.
Cando homes e mulleres evalúan o seu atractivo físico compáranse con estándares idealizados de beleza representados por modelos ou artistas.A sociedade é a que marca modas e estereotipos de beleza que non se corresponde coa realidade. Esto fai que moitas persoas se sintan acomplexadas ó compararse con eses modelos que a sociedade impón.
A imaxe corporal é un dos factores que determinan o concepto de “autoestima”, que de forma sinxela podemos definila como a confianza que temos en nós mesmos e que nos fai sentirnos útiles e valiosos ante nós e ante os demáis.
Como nos sentimos en relación con noso corpo é algo que afecta, de maneira global, a nosa vida ó determinar as peculiaridades do noso funcionamiento en distintos ámbitos: relacións interpersonais, o amor, a vida profesional, etc.
Algunhas persoas creen que necesitan modificar o seu aspecto fí­sico ou a súa forma de comportarse para sentirse ben consigo mesmos e agradar os demáis. Pero, de feito, o único que necesitan facer é modificar a forma en que perciben o seu corpo e o que pensan sobre si mesmo.Cando te sintes mal co teu corpo farás que os demáis te perciban da mesma forma. Se te sintes ben e agradable, os demáis tamén o notarán. Cómo ti te ves determinará o cómo te verán os demáis. Moitas veces é máis unha cuestión de actitude que de imaxe corporal.

7 comentarios:

  1. Creo que neste tema máis que motivos sociais o que prima é a personalidade. Se a tes ben, agora xa, se careces dela é cando poden empezar os teus problemas coa tua imaxe.

    Penso eu vaia. Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  2. Como siempre un palcer pasar por tu casa.

    Saludos y buen fin de semana.

    ResponderEliminar
  3. O importante como ben dis
    é atoparse un ben
    consigo mesmo
    esa confianza en nos
    transmítese os demáis
    que nos verán como persoas
    seguras de sí mesmas.
    Importa máis ser
    que aparentar.

    Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  4. La importancia de quererse bien.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  5. Pues yo me veo estupendamente. Incluso mis defectos me sientan bien. Ala. :)

    (Besitos!)

    ResponderEliminar
  6. Sendo, como somos, os nosos propios xefes...esixímonos demasiado (e pagámonos pouco).

    [Hai días nos que me vexo caralludamente, e outros...coma o carallo]

    Bicos ben vistos (ou dos outros jajaja)

    ResponderEliminar
  7. bitelino: non vas desencamiñado, ter unha perosnalidad "madrura" axuda a darlee a importancia xusta a nosa imaxe corporal.
    Biquiños!
    La sonrisa de Hiperión:Gracias!!! Siempre muy agradecida por tus visitas.
    Besiños!
    Marisa: dende logo o importante e ser e saber quen eres ó aparentar é todo falsedade.
    Biquiños!
    Sidrina: es importante quererse y aceptarse, más de lo que creermos.
    Biquiños!
    Cris: así me gusta esa es la actitud, a la primera que tienes que gustar es a ti misma y seguro que les encantas a los demás.
    Besazos!
    Chousa: levas razón , as veces somos moi esixentes con nos mesmos, isto está ben pero son na xusta medida.
    Todos nos vemos ben un día e o seguiente fatal..depende de como un teñao día.
    Biquiños!

    ResponderEliminar