miércoles, 18 de mayo de 2011

Democracia real xa.Buscando un cambio.

A finalidade do traballo dun psicólogo e o fin último da psicoloxía aplicada e buscar cambios.Os cambios que teñen que ser logrados polas persoas para que a súa calidade de vida sexa mellor.Pode ser unha visión demasiado simplistas, pero así é como eu o entendo.Na práctica a cousa é un tanto máis complexa, lograr cambios ten un proceso e implica un traballo persoal que pode ser máis ou menos longo e máis ou menos custoso.
Pois ben, todo este rollo sobre a psicoloxía e os cambios ben a colación do que nestes días está sucedendo na nosa sociedade o que se está denominado o Movemento Democracia Real.Este movemento tamén trata de buscar cambios...
E deixovos uns videos para que vós mesmos xuzguedes, seguro que moitos de vós xa estades moi o tanto do que se vai cocendo.
A min paréceme unha causa moi xusta á que hai que apoiar necesariamente,e é interesante ver que por fin hai conciencia de que se pode facer algo para cambiar o que todos vemos que non vai ben.Non facer nada é parte do problema.







9 comentarios:

  1. pois si, por fin, parece que estamos despertando, non sei que sairá de aquí, pero polo menos por unha vez estamos facendo algo por conseguir ese cambio que tanto desexams...e está claro que desde as nosas casas, non o imos conseguir...

    E como dicían o outro día na manifestación en sevilla;
    "hasta las pelotas del capullo y la gaviota".

    biquiños

    ResponderEliminar
  2. Parece que éo principio do fin de certas cousas: os políticos adormecéronnos a forza de discursos rancios. Hai que cambiar!

    ResponderEliminar
  3. É unha pura necesidade.
    Non podemos permitir que esta somnolencia anodina se apodere da nosa sociedade. O camiño nunca deixa de estar andado, así que ogallá este xoromelo de revolución sexa o fermento dun novo vieiro para o pobo.
    (Mágoa que non empezase antes este movemento)

    Un bico

    ResponderEliminar
  4. Eu tamen comparto o mesmo comentario que Chousa, e unha mágoa que non empezara antes. Ogallá saian resultados positivos despois do 22...

    Biquiños!!!

    ResponderEliminar
  5. Que este movemento
    acabe co entumecemento
    no que nos sentimos
    mergullados.

    Un bico

    ResponderEliminar
  6. volboretinha: estou contenta e satisfeita xa só polo feito de que haxa un despertar e unha conciencia de que algo hai que facer.
    Un dos lemas que máis me gustou foi o de" non hai pan para tanto chorizo" :) Boísimo!
    biquiños!!
    Kaplan: non queda outro camiño que o cambio..e hai moito que cambiar.Espero que sexa así, que se logren cousas, teño as miñas esperanzas postas nelo.
    biquiños!
    Chousa: eu xa fai tempo que esperaba algo así. pedía unha revolución , que a xente abrise os ollos porque somos máis e temos dereitos.Ogallá isto medre e sirva para que vivamos nun país mellor e nun mundo mellor.
    Biquiños!!!
    Merce: bueno...máis vale tarde que nunca.Eu estou contenta polo que está pasando.
    bicos!
    Marisa:si, polo menos iso e de ahí en adiante.Como din algunhas pancartas que os políticos e demáis non quitan os nosos soños.....agora é o tempo de empezar a soñar de novo.
    biquiños!

    ResponderEliminar
  7. Espero que non se disolva como un terrón de azucre o día despois das eleccións. Ante o estado de abusos en que nos atopamos, a rebelión pacífica é o único camiño. Unha rebelión que debemos practicar todos cada día, non someternos á tiranía en todas as súas formas e manifestacións.
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Eu creo que o están facendo estupendamente, en formas, ser e estar. O problema é a politización, na que acabarán por necesidades do sistema. Bicos

    ResponderEliminar
  9. Os dirixentes sempre atoparán a forma de "desviar" parte do xestionado cara aos seus petos, pero este sistema no que estamos xa apodreceu tanto que é hora de cambialo. O primeiro mudar a lei electoral, que non sigan os mesmos de sempre a repartirse o botín, que os escanos sexan por número de votos proporcionais, e se hai un parlamento no que haxa 20 partidos pois haberá que modificar a forma de gobernar, e que non nos digan que dese xeito vai vir o lobo, porque é o lobo mesmo quen nolo di.
    E outra reforma necesaria, sobre todo nos concellos, é esixir responsabilidade civil aos gobernantes, porque se por permitir un edificio de tres alturas máis das permitdas (poño por caso) levan un regaliño do promotor, e pasados os anos os tribunais deciden que hai que botalo abaixo, que non saian os cartos do estado, do noso peto.
    Hai tanto que cambiar! Pero por algún sitio haberá que comezar.

    ResponderEliminar