sábado, 7 de mayo de 2011

Mitos románticos



Exisnten moitas creencias que son compartidas por unha grande parte da poboación, pero que isto sexa así non garantiza que esas creencias sexan certas.Debido a noso crecemento como seres sociais estamos expostos a certas ideas e creencias e moitas veces influenciados polo cine, a literatura ou as persoas que nos rodean damos por certos algún dos mitos románticos que a continuación se relatarán.

Mito da media laranxa: Creencia de eleximos a quén o destino nos tiña designado.Escollemos á parella que dalgún modo tíñamos predestinada, o cal garantiza realizar a mellor elección posible.

Mito da exclusividade: Creencia de que o amor romántico-paixoal só se pode sentir por unha soa persoa.

Mito da convivencia ou do matrimonio: O amor romántico debe conducir a unha unión estable da parella.

O mito da omnipotencia: o amor pódeo todo, a unión amorosa otorga unha forza especial que permite superar todos os obstáculos imaxinables.

O mito da paixón eterna: o amor paixoalal dos primeiros meses pode (e debe) perdurar tras miles de días (e noites) de convivencia.

Mito da fidelidade. Creencia de que por forza os desexos deben satisfacerse cunha soa persoa que é a propia parella.

Mito do libre albedrío:os nosos sentimentos amorosos son tan íntimos que non están influidos de forma decisiva por factores sociais, culturais ou biolóxicos alleos a nosa vontade e a nosa consciencia.

O mito da equivalencia: os conceptos de amor e enamoramento son equivalentes, de modo que se un na parella deixa de estar apaixoadamente prendado/a da súa parella é que xa non o ama.

O mito do emparellamento: estar en parella é algo natural e universal, polo que en todas as épocas e culturas o ser humano tendeu a vivir en unións de dúas persoas.

O mito dos ciumes: os ciumes son un indicador de amor verdadeiro.

Algunha sensibilidade pódese sentir ferida o leer isto, sin embargo,pódese afirmar que creer firmemente nestes mitos perxudican as relacións sentimentais e afectan á calidade de vida das parellas, pois fan que teñamos falsas expectativas sobre qué é e cómo debería de ser unha relación de parella.Neste sentido, é importante que a xente entenda que estes mitos son falsos. Só así poderán concebir as relacións doutra maneira máis axustada á realidade, o que axudará a ter relacións máis sanas e duradeiras.
É problable que nunca podamos desfacernos por completo destas ideas falsas, porque son parte do noso cremento e historia personal, pero o importante é ter conciencia delo e do efecto que poden ter se as aplicamos a nosa vida sentimental.




Fonte:Yela, C. (2000). El amor desde la Psicología social: ni tan libres ni tan racionales. Madrid: Pirámide.

14 comentarios:

  1. Con tal de non crer nos mitos televisivos de última xeneración (moi reiterados na pantalla de Telecinco, por exemplo), eu penso que os outros aínda cos demos...

    Bicos míticos

    Ps.: So lle das "uns meses" de vida ó amor paixoal?. Muller...tamén podías ser algo máis benévola :-)

    ResponderEliminar
  2. Estou moi de acordo. É coma se necesitásemos crer que as cousas son eternamente estables para sentirnos seguros, no canto de gozar do que temos en cada instante.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. si, si. nin tan libres, nin tan racionais.
    pois mira que non estamos influenzados!
    Eu algun deses mitos hai tempo que o teño desmontado; pero aínda así... hai cousas qeu van cravadas a ferro no noso subconsciente.

    ResponderEliminar
  4. Canta razón, gustoume moito esta entrada, a vida amorosa que nos rodea está chea de mitos. O dificil e darse conta deso, que son mitos!

    Un biquiño moi grande!

    ResponderEliminar
  5. Cuesta desterrar mitos, pero por nuestro propio bien deberíamos hacerlo.
    Estupenda entrada.
    Un beso

    ResponderEliminar
  6. Máis que mitos algúns semellan metas.
    Creo que nos marcan a lume algunhas crenzas e somos escravos inocentes delas.

    ResponderEliminar
  7. Chousa:bueno..foi unha xeralización un pouco desafortunada, o que dura a paixón depende varios factores asi qué o que dure pode variar moito dunhas parellas a outras :P Espero que quede así vostede mási tranquilo.
    bicoss!!!!!!!!!!

    Xan:sí, somos incapaces de aceptar que nada é para sempre e por elo non prestamos atención ó agora moitas veces.
    biquiños!
    zeltia, bitelino: interiorizamos tanto determinadas cousas que nin sequera nos plantexamos cuestionalas.
    bicos!
    la reina del mambo: muchas gracias!!
    besitos!
    paideleo:si algún ou o conxunto deles podería ser a descripción do que moita xente busca no amor, esa meta a conseguir...
    biquiños!

    ResponderEliminar
  8. Eu creo que por eses mitos somos tan tremendamente felices cando vivimos historias escondidas, de dous, sen a presión dos que nos rodean. Quizais tamén por iso nunca pretendemos agrandalas no tempo. Besiños

    ResponderEliminar
  9. A madurez acádase cuestionando todo o que nos aprenderon. Sentencia rotunda que me fai odiar a madurez!
    Gústame moito esta entrada, porque eu, p.ex., partín con todos eses mitos e fóronseme desmontando pouco a pouco.

    ResponderEliminar
  10. Maribel-bel: iso resulta do máis romántico..curto pero intenso.bicos!!!
    rui:Cuestionar algunhas cousas pode resultar liberador..Nunca escoitei esa frase pero pode que teña parte de razón.
    bicos!!

    ResponderEliminar
  11. O mito de fidelidade fíxome lembrar unha copliña:
    "Pica pedreiro, pica,
    pica na pedra miúda.
    Pica na muller allea
    que outro picará na túa."

    ResponderEliminar
  12. No sé por qué no me deja comentar arriba, pero te contesto aquí:
    Totalmente de acuerdo, y es además la base del autocontrol emocional: lo que pasa es objetivo e inevitable; como lo lleves es subjetivo, y puede ser constructivo o hundirte.
    Ahora el tema es lo difícil que es en la práctica ver las cosas tan fáciles...

    Besitos!

    ResponderEliminar
  13. Pásame igual que a Cris, que non atopo o xeito de poderche comentar no posteo do 10/90 (mira a ver se mudaches algo nos comentarios dese post ou se Blogger non amañou ben a leria esta).

    En relación co asunto que tratas alí, direi que a solución para ese caso é...almorzar no bar cos colegas!!! :-)

    Bicos 100% intencionados

    ResponderEliminar
  14. Cris: lo disficil siempre es pner en práctica la teoría, pero si lo intentamos hasta que nos salga merecerá la pena.
    No sé que pasó, ayer había problemas en blogger, esta entrada desapareció y algún cometario tambié.Creo que lo he medio arreglado.
    besiños!
    Chousa: cada problema pode ter unha ou varias solucións :P
    Houbo problemas con blogger, onte estivo desaparecida a entrada 10/90 e con ela voaron tamén alguns comentarios, espero que xa quede arranxado.
    bicos 100% auténticos!!

    ResponderEliminar