lunes, 27 de junio de 2011

Verbas


As palabras teñen máis poder do que habitualmente lles atribuimos. Segundo elixamos unhas ou outras palabras para expresarnos podemos conseguir confortar, sanar, alentar ou deprimir, enemistar, mancar, desalentar.
Ainda que moitas veces decimos que as palabras son levadas polo vento isto na meirande parte das ocasións non é así, as palabras deixan as súas pegadas, teñen poder e poden infuir positiva ou negativamente.As palabras ó igual que os pensamentos producen emocións no que as dice e en quen as recibe.
Aprender a falar craro, sen evasivas, con confianza, comprometéndose co que se desexa e atrevéndose a pedir o que se necesita, é fundamental para poder vivir máis tranquilo.O silencio é saúde, pero non expresar os desexos e sentimientos enferma.Ainda que as veces o silencio tamén pode expresar cousas e incluso as veces pode ser tan dañido como unha mala palabra.
Falar con claridade significa saber o que un está dicindo mentras as palabras confusas esconden, porque no desexan revelar algo.Usar indirectas para expresarnos leva a importantes confusións xa que non podemos asegurarnos de que se nos interpreta de forma axeitada.
O que é fiel a si mesmo tamén será fiel as suás palabras e tamén será confiable e creible, porque manter a palabra mostra estabilidade, convicción e racionalidade.Non podemos pretender que se confíe en nós cando non somos quen de cumprir coa nosa palabra.
Moita xente compórtase de forma inestable, non ten conviccións e actúa movida polas emocións, sen razoar: hoxe pode decir unha cousa e mañá outra, porque hoxe síntese dun xeito e mañá doutro,as súas palabras dependen do seu estado de ánimo.
Os gregos decían que a palabra era divina e os filósofos eloxiaban o silencio.Debemos coidar os nosos pensamentos, porque eles convírtense en palabras; polo que é bo coidar as palabras porque elas marcan o noso destino.
É importante decatarse da importancia que ten o que decimos e como ó decimos e tamén do que calamos e cando e como o facemos xa que vai influir de forma importante nos demáis, na nosa relación cos outros e no devir da nosa porpia vida.
Como alguén dixo algunha vez somos escravos das nosas palabras e donos do noso silencio.

7 comentarios:

  1. Primmmmerrrrrr
    Que mal utilizamos las palabras con lo fácil que es a veces la mirada.
    Biquiñosss y gracias por tus visitas a mi casita.
    Buena semana.
    SIDRINA (Sigo sin poder entrar correctamente)

    ResponderEliminar
  2. Estou totalmente dacordo contigo, as palabras sempre deixan a súa pegada, e o que dicimos inflúe sempre nos demais dalgún xeito,
    Meu pai sempre nos dicía que tamén era importante a palabra que quedaba por dicir, porque as veces calando podemos dicir moitas cousas.
    Ei poñer algunha entrada con poemas de meu pai. grazas
    Bicos,

    ResponderEliminar
  3. Qué paralelos con el post que acabo de poner, me gustó mucho, como siempre, bss

    ResponderEliminar
  4. Querer dicir sempre a última palabra é a teima en moitas discusións.
    Apalabrar é unha promesa que hai que cumplir.
    Negar o poder da palabra é unha incerteza.

    Coidando as palabras podemos mancar menos a quen as ten que escoitar.

    Quedei sin palabras, pero quédanme bicos!

    ResponderEliminar
  5. Lembreime da canción de Los Rodriguez:
    Palabras más, palabras más, palabras menos
    es lo que menos te puedo dar, es lo de siempre
    palabras nuevas, palabras llenas de remordimiento
    palabras que se lleva el viento
    palabras menos, palabras más.

    Pois si que son importantes as palabras! Bicos!

    ResponderEliminar
  6. Shakespeare tiña razón e tí tamén no post. Máis as veces é mellor calar que falar aínda que sexa con razón... Digocho eu que o sei ben!

    ResponderEliminar
  7. Sidrina:las miradas pueden decir muchas más cosas que las palabras...
    No hay de qué, siempre es un placer "visitarte"
    besotes!!!
    Son unha Xoaninha: hai tamén silencios que din moito igual que as miradas que di Sidrina.
    Espero ese poema ilusionada.
    biquiños!
    Javier Divisa: lo he leido...pues si..a mi también se me calentaba la boca fácilmente con discusiones que no llevabana nada.He aprendido a callarme más, aunque no me resulta fácil.
    besitos!
    Chousa:tanto as túas palbaras como os teus bicos son sempre ben recibidos e sempre fan ben.
    biquiños!
    Magdalena: son fan de Los Rodriguez..esta canción seria un bo complemento para esta entrada.
    Biquiños !!!!!
    JorgeCimadeVila:sí, hai veces en que é mellor non calar, pero tamén hai que saber cando é mellor o silencio que dicir algo inapropiado.
    Biquiños!!!!!

    ResponderEliminar