jueves, 21 de julio de 2011

Madurez


O falar de madurez ou de madurez emocional non necesariamente nos referimos a unha cuestión de idade.Se ben a vida é un proceso de maduración permanente, hai quenes chegan á idade adulta sen a madurez psicolóxica esperada. Sen embargo outros de menos idade, teñen a madurez suficiente como para sentirse ben consigo mesmo e co seu entorno.
As experiencias que cada persoa vive axúdanlle a madurar e a entender situacións similares, a persoas á que se lle dan todo” mascado” difícilmente madurará, afogará nun vaso de augua, frente á primeira dificultade. O vivir situacións é importante, a experiencia, pero como dicía o filósofo Pascal, non son todas as cousas que nos pasaron, senon as que nos pasaron e logo fixemos unha reflexión sobre elas.

¿Como sería entón unha persoa madura?

Os expertos sobre o tema relacionan a madurez emocional coa independencia persoal, ó falar de independencia non só se fala dunha independecia económica senon máis ben fai referencia a unha non dependencia emocional.Neste sentido o ser maduro correspóndese co sentimento de seguridade nun mesmo,nos seus actos e nas súas decisións. O ser maduro non é permeable ás opinións allenas porque se sinte seguro de si mesmo o que non significa ser un necio e non recoñecer os propios erros cando estes se presentan ou non escoitar certar críticas para poder correxir ou mellorar algúns aspectos.
A madurez emocional implicaria un sentido de responsabilidade dos propios actos.Neste sentido a persoa alcanza certa madurez cando asume os seu erros e acertos, os seus medos, os seus proxectos e a súa sexualidade.
A coherencia interna é un elemento clave para definir a unha persoa madura, xa que pensar, decir e facer o mesmo sen contradiccións eventuais e con convicción son condicións que non poden estar ausentes nela.
Ser maduro implica ser capaz de facer respetar os propios espacios e respetar os espacios dos outros.Implica tamén amar a outros e non intentar cambialos, aceptando os seus defectos e virtudes, saber poñerse no lugar do outro e respetalo.
Outro indicador de madurez é a naturalidade, unha persoa que non necesita APARENTAR o que non é, porque se coñece e se acepta integramente,o que é a base da seguridade nun mesmo.
Tamén é indicador de madurez o autocontrol, ser capaz de ter unha disciplina e asumir que medrar significa ter un certo grado de autodisciplina, saber que conseguir determinas cousas implican un esforzo que ten que corren a conta propia e non a conta doutros.
Chegar a ser unha persoa madura é sen dúbida un dos retos máis importantes que nos plantexa a vida pero se podemos conseguilo de seguro faranos a vida máis levadeira e probablemnete máis feliz.Madurar significa medrar e ainda que parece que chegada a idade adulta paramos de medrar isto non é así porque nunca deixamos de medrar.

11 comentarios:

  1. Eu teño días que son verde coma os allos.

    Bicos!!!

    ResponderEliminar
  2. yo creo que es un proceso hermoso, que hay que asumir con naturalidad, a pesar de la mala prensa que tiene, al menos por el sector peterpanista. madurar, hacerse cada vez más jugoso... si es cuando más sabrosa está la fruta!!

    ResponderEliminar
  3. Eu as máis das veces penso que a madurez é algo que se percibe dende o exterior máis que dende un mesmo.
    Moi boa a entrada, coma sempre :)
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Para algunas cosas me considero maduro y para otras demasiado infantil, como en una adolescencia constante. Asumir que uno es como es, aunque sea inmadura debe ser ya algo de madurez no?
    Me voy a tu tierra amiga, luego te cuento...
    Besos

    ResponderEliminar
  5. Madurar é comprender e aceptar a diversidade
    en todas as súas manifestacións...
    O teu blog fai pensar e reflexionar.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Aprender a convivir cun mesmo, e logo cos demáis. Supoño que iso é madurar?

    ResponderEliminar
  7. Chousa:de todo ten que haber..se non que aburrimento.
    biquiños!!
    raúl: estoy contigo, pero no creo que sea incompatible madurar con seguir guardando el niños que todos llevamos dentro....
    besitos!!!!!!!
    Gaeron: pode ser...hay determindas cousas que nos custa máis apreciar en nos memos, ser obxetivo non é doado.
    Graciñas!
    JFL:nos pasa todos, unas pareclas de nuestra personalidad maduran más o antes que otras. Aceptarse a uno mismo es de una gran madurez a mi parecer.
    Me alegra de que vengas por estas tierras mágicas..te sigo en tu blog, disfrútalo.
    biquiños!!!!
    Xan:Alegrome de que me digas iso, a min tamén me axuda a reflexionar.As cousas da vida dan que pensar..e de ahí saen algunhas entradas.
    biquiños!!!
    Magdalena Malungo: si, iso e mñais cousas, pero dende logo é unha condición indispensable.
    biquiños!

    ResponderEliminar
  8. Interesante post, e certo tamén, moi certo. Como ben dis é un proceso no que imos aprendendo a base de ostiazos (aquí está o empirista puro xD). Recoñezo moitas partes do meu proceso vital no que falas, e moitas outras non. Gustoume o post porque non só fai pensar, ademáis fai que un se cuestione cousas :D

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  9. JorgeCimadeVila en Lodon: De vez en cando e bo mirar para adentro e cuestionarse cousas , ter esa capacidade xa é signo de madurez.
    biquiños!

    ResponderEliminar
  10. Una pena no enterarme de todo (al tener poca cultura, no conozco el gallego salvo la palabra "rua"), pero entendí la mayoria... ¡qué bonito es la diversidad cultural!, me encanta.


    Recuerdo cunado era chico, que la madurez era muy importante para mí, tanto que la llegaba a forzar "que chico mas maduro tienes" le decian a mi madre cuando ibamos por la calle.

    A dia de hoy coincido en esa definición que comentas: "implica tamén amar a outros e non intentar cambialos, aceptando os seus defectos e virtudes". Antes lo veia simplemente como estar por encima de los demas y ser mejor persona (que los demas, algo que estaba implícito); por suerte ahora respeto mucho a los demas.

    Eso sí, las personas más interesantes que he conocido son aquellas que no quieren madurar... aunque quizas me parezcan interesantes porque soy muy infantil.

    Un besete.

    ResponderEliminar
  11. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar