jueves, 30 de junio de 2011

!Por fin vacacións!





Por fin chegaron as tan esperadas vacacións.Voume facer un retiro a corón do mar para desconectar dos axetreos da vida diaria, fora respisabilidades, fora horarios, fora despertador, fora rutinas, fora presas...Agora só disfrutar, descansar, diversión e relax.
Despídome de vós ata dentro duns días, espero que teñandes un feliz comezo de verán, e que disfrutedes das vacacións se xa as tedes e senon que a espera por elas sexa levadeira, e se non hai vacaións a disfrutar ó máximo do tempo de lecer.
Para todos esta canción tan de verán e que transmite tan bo rollo.

lunes, 27 de junio de 2011

Verbas


As palabras teñen máis poder do que habitualmente lles atribuimos. Segundo elixamos unhas ou outras palabras para expresarnos podemos conseguir confortar, sanar, alentar ou deprimir, enemistar, mancar, desalentar.
Ainda que moitas veces decimos que as palabras son levadas polo vento isto na meirande parte das ocasións non é así, as palabras deixan as súas pegadas, teñen poder e poden infuir positiva ou negativamente.As palabras ó igual que os pensamentos producen emocións no que as dice e en quen as recibe.
Aprender a falar craro, sen evasivas, con confianza, comprometéndose co que se desexa e atrevéndose a pedir o que se necesita, é fundamental para poder vivir máis tranquilo.O silencio é saúde, pero non expresar os desexos e sentimientos enferma.Ainda que as veces o silencio tamén pode expresar cousas e incluso as veces pode ser tan dañido como unha mala palabra.
Falar con claridade significa saber o que un está dicindo mentras as palabras confusas esconden, porque no desexan revelar algo.Usar indirectas para expresarnos leva a importantes confusións xa que non podemos asegurarnos de que se nos interpreta de forma axeitada.
O que é fiel a si mesmo tamén será fiel as suás palabras e tamén será confiable e creible, porque manter a palabra mostra estabilidade, convicción e racionalidade.Non podemos pretender que se confíe en nós cando non somos quen de cumprir coa nosa palabra.
Moita xente compórtase de forma inestable, non ten conviccións e actúa movida polas emocións, sen razoar: hoxe pode decir unha cousa e mañá outra, porque hoxe síntese dun xeito e mañá doutro,as súas palabras dependen do seu estado de ánimo.
Os gregos decían que a palabra era divina e os filósofos eloxiaban o silencio.Debemos coidar os nosos pensamentos, porque eles convírtense en palabras; polo que é bo coidar as palabras porque elas marcan o noso destino.
É importante decatarse da importancia que ten o que decimos e como ó decimos e tamén do que calamos e cando e como o facemos xa que vai influir de forma importante nos demáis, na nosa relación cos outros e no devir da nosa porpia vida.
Como alguén dixo algunha vez somos escravos das nosas palabras e donos do noso silencio.

lunes, 20 de junio de 2011

Encontros


Dúas cousas poden suceder cando nos encontramos con alguén: ou ben nos facemos amigos, ou ben intentamos convencer a esa persoa para que acepte as nosas conviccións. O mesmo sucede cando a brasa encontra outro trozo de carbón: ou ben comparte o seu lume con él, ou ben é sofocada polo seu tamaño, e termina extinguíndose.

Como polo xeral sentímonos inseguros no primero contacto,protexémonos coa indiferencia, a arrogancia, ou a excesiva humildade. O resultado é que deixamos de ser quenes somos, e as cousas pasan a estar orientadas a un extraño mundo que non nos pertenece.

Paulo Coelho

viernes, 17 de junio de 2011

Perseguir os soños


Todos os homes soñan, pero non do mesmo xeito. Os que soñan de noite nos polvorentos recovecos do seu espíritu, despertan ó día siguinte para descubrir que todo era vanidade. Máis os soñadores diurnos son perigosos, porque poden vivir o seu soño cos ollos abertos, a fin de facelo posible.

Lawrence de Arabia

Todos temos a responsabilidade de facer que a nosa vida sexa mellor e tamén temos a responsabilidade de facer o mundo no que vivimos e compartimos sexa un lugar mellor para todos, é importante despertar esa consciencia en nós.Asi que sigamos cos noso soños e non nos rindamos para que esto se faga realidade.
Sempre haberá barreiras,e existirán zancadillas, sempre haberá tropezos, pero non deixemos de levantarnos unha e outra vez para perseguir aquelo que anhelamos.

miércoles, 8 de junio de 2011

Desarrollo moral


A moral pódese definir en dúas direccións, primeiro como o sistema social de esixencias e prescripcións normativas e segundo como a forma persoal,individual de percepción de estas prescripcións, así como a súa concreción na realización práctica.
Lawrence Kohlberg (1927-1987) psicólogo de nacionalidade norteamericana, doctorado en filosofía dedicouse a estudar o desarrollo moral do ser humano.Kohlberg plantexou que a moral se desarrolla en cada individuo pasando por unha serie de fases ou etapas. Estas etapas son as mesmas para todos os seres humanos e danse no mesmo orde, creando estructuras que permitirán o paso a etapas posteriores. Sen embargo, non todas as etapas do desarrollo moral surxen da maduración biolóxica senon que están influenciadas pola interación con medio. O desarrollo biolóxico e intelectual é, según esto, unha condición necesaria para o desarrollo moral, pero non suficiente. ademáis, segúndo di Kohlberg, non todos os individuos chegan a alcanzar as etapas superiores de este desarrollo.
Nivel preconvencional (de 4 a 10 anos)
É característico do razonamiento moral dos nenos. Presente en moitos adolescentes e nalgúns adultos. É a forma menos madura do razonamento moral. Baséase nunha perspectiva egoísta, enxuícianse as cuestións morais dende os propios intereses.
O énfasis neste nivel está no control externo.Neste nivel o neno responde as regras culturais e as etiquetas de bo e malo, correcto ou equivocado, pero interpreta estas etiquetas xa sexa en térmos das consecuencias hedonísticas ou físicas da acción (castigo, recompensa, intercambio de favores) ou en termos do poder físico de quenes enuncian as regras. Este nivel divídese en dúas etapas:

Etapa 1. A orientación de obediencia por castigo
O neno orienta a súa conducta hacia a obediencia, ás normas establecidas pola autoridade adulta para evitar o castigo.Unna acción boa ou mala está determinada polas consecuencias físicas.

Etapa 2. A orientación instrumental-relativista ou orientación polo premio persoal
O neno orienta a súa conducta de forma egoísta e instrumental. O xusto é o que satisface as propias necesidades e intereses.As relacións humanas enténdense dun modo similar ás do mercado.Devólvense favores a partir do intercambio “si eu che axudo, ti axudarasme”.

Nivel convencional (de los 10 a los 13 años)
Surxe durante a adolescencia e é dominante no pensamento da maioría dos adultos. Caracterízase polo conformismo coas normas sociais. No obstante, a adolescencia é a etapa na que a persoa se prepara para superar este conformismo e alcanzar a autonomía moral. Non superar este nivel pode xerar prexuicios frente os diferentes e intololerancia ante os que non se someten ó rebaño.
Os nenos agora queren agradar a outras persoas. Todavía observan os patrróns doutros pero interiorízanos en certa medida. Agora queren ser considerados “bos” por xente cuia opinión é importante para eles. Son capaces de asumir os papeis de figuras de autoridade o suficientemente ben como para decidir se unha acción é boa segundo os seus patróns.Teñen en conta as expectativas da sociedade e a súas leis sobre un dilema moral.
Esta etapa divídese a súa vez en duas subetapas.


Etapa 3. A orientación de concordancia interpersonal.

O bo comportamiento é aquél que complace ou axuda a outros e é aprobado por eles. Hai moita conformidade as imaxes estereotipadas do que é maioría ou o comportamento “natural”. O comportamento frecuentemente é xuzgado pola intención o que se convirte nalgo importante por primeira vez. Buscase a aprobación dos outros.

Etapa 4. A orientación da “lei e a orden”.

Hai unha orientación hacia a autoridade, as regras fixas e o mantemento do orden social. O comportamento correcto consiste en facer o propio deber, mostrar respeto pola autoridade, e manterse nun orde social dado que se xustifica en sí mesmo. O decidir o castigo para unha mala actuación, as leis son absolutas. En tódolos casos, deben respetarse a autoridade e o orden social establecido.

Nivel postconvencional(de los 13 años en adelante, se acaso)
Este nivel é o menos frecuente. Surxe durante a adolescencia é o comezo da idade adulta. A persoa é capaz de analizar críticamente as normas e costumes vixentes no grupo social.
Por primeira vez, a persoa recoñece a posibilidade dun conflicto entre dous patróns aceptados socialmente e trata de decidir entre eles. O control da conducta é interno agora, tanto nos patróns observados como no razonamento acerca do correcto e o incorrecto. Os xuizos están baseados no abstracto e por principios personais que non necesariamente están definidos polas leis da sociedade.

Etapa 5. A orientación legalística ou do contrato social.

Xeralmente ten tonalidades utilitaristas. A acción correcta tende a ser definida en termos dos dereitos xerais do individuo, e dos estándares que foron críticamente examinados e acordados pola sociedad enteira. Hai unha clara conciencia do relativismo dos valores e opinións personais e un énfasis correspondente hacia os procedementos e regras para chegar ó consenso. Aparte do que é constitucionalmente e democráticamente acordado, o correcto é un asunto de “valores” e “opinións” personais. O resultado é un énfasis no “punto de vista legal”, pero cun énfasis sobre a posibilidade de cambiar a lei en térmos de consideracións racionais de utilidade social .

Etapa 6. A orientación de principios éticos universais.

O correcto é definido pola decisión da conciencia dacordo cos principios éticos auto-elexidos que apelan á comprensión lóxica, consistencia e universalidade. Estos principios son abstractos e éticos e non son regras morais concretas como os Dez Mandamentos. A etapa 6 supón principios universais de xusticia, de reciprocidade e igualdade de dereitos humanos, e de respeto pola dignidade dos seres humanos como persoas individuais. O que é bo e conforme o dereito, é cuestión de conciencia individual, e involucra os conceptos abstractos de xusticia, dignidade humana e igualdade. Nesta fase, as personas creen que hai puntos de vista universais no que todas as sociedades deben estar dacordo.

Fonte:La educación moral según Lawrence Kohlberg