
Imaxinade que os homes sexan de Marte e as mulleres son de Venus.
Un día fai moito tempo........... os marcianos, mirando a través dos seus telescopios, descubriron ás venusianas. Só o feito de votarlles unha ollada as venusianas despertou neles uns sentimentos que non tiveran nunca. Namoraronse e inventaron rápidamente as viaxes espaciais para voar cerca de Venus.
As venusianas recibiron ós marcianos cos brazos abertos. Os seus corazóns abrironse de par en par a un amor que nunca antes sentiran.
O amor entre venusianas e marcianos foi máxico. Maravillaronse estando xuntos, facendo cousas xuntos e comunicándose entre sí. Ainda que eran de mundos diferentes, disfrutaban das suás diferencias. Pasaron meses aprendendo uns acerca dos outros, explorando e valorando as súas diferentes necesidades, preferencias e pautas de comportamento. Durante anos viviron xuntos, namorados e en armonía.
Logo decidiron voar á Terra. O principio todo era maravilloso e fermoso. Pero o pasar o tempo impuxeronse os efectos da atmosfera terrestre e unha mañá todos despertaron cun tipo peculiar de amnesia: !a amnesia selectiva!
Tanto os marcianos como as venusianas esqueceron que eran de planetas diferentes e que se supoñía que eran diferentes. Nunha mañá todo o que aprenderan acerca das súas diferencias foi borrado das súas memorias. E dende ese día, homes e mulleres están en conflicto.
Como é a vida en Marte:
Os marcianos valoran o poder, a competencia, a eficiencia e a realización. Sempre están facendo cousas para poder probarse a sí mesmos e desenrrolar o seu poder e as súas habilidades. Experimentan a realización fundamentalmente a través do éxito e o logro..
Non leen revistas tales como Psychologys. Prefiren as actividades ó aire libre, como a caza, a pesca e as carreiras de coches. Interesanse polas noticias, o clima e os deportes (sobre todo o futbol) e nada lles importa menos que as novelas románticas e os libros de autoaxuda.
Interesanse máis polos “obxetos”e as “cousas” que na xente e os sentimentos. Incluso hoxe na Terra, mentras as mulleres fantasean co romance, os homes fantasean cos coches potentes, computadoras máis rápidas, artefactos, artiluxios e unha nova tecnoloxía máis poderosa.
Os marccianos non senten a necesidade de comunicarse constantemente e as súas mensaxes son concisas sen demasiados detalles.
En marte danlle unha importancia especial o pracer físico e a sexualidade nas súas relacións.
Como é a vida en Venus:
As venusianas teñen valores diferentes. Valoran o amor, a comunicación, a beleza e as relacións. Dedican moito tempo a respaldarse e a axudarse. O sentido da personalidade definese a través dos seus sentimientos e da calidade das súas relacións. Experimentan a realización a través da participación e as relacións.
En Venus todo reflexa eses valores. En lugar de construir autopistas e grandes edificios, as venusianas preocupanse máis por vivir xuntas en armonía, comunidade e cooperación afectuosa. As relacións son máis importantes que o traballo e a tecnología. O seu mundo é oposto a Marte.
Non levan uniformes como os marcianos (para exhibir a súa competencia). Polo contrario, gozan poñéndose roupa distinta todos os días, según a maneira de sentirse.Poden incluso cambiarse de roupa varias veces ó día en consonancia co seu humor.
A comunicación ten unha importancia fundamental. Compartir os seus sentimentos é moito máis importantes que alcanzar obxectivos é éxito. Falar e relacionarse entre si é unha fonte de enorme realización.
As venusianas, en lugar de orientarse hacia determinados obxectivos, orientanse hacia as relacións.
Dous marcianos van almorzar para analizar un proxecto ou a posibilidade de alcanzar un obxetivo; teñen un problema que resolver. Ademáis, os marcianos consideran o feito de ir a un restaurante como una eficiente maneira de resolver o tema da alimentación sen compras, sen cociñar e sen lavar os pratos. Para as venusianas,o feito de ir a comer cunha amiga constitúe unha oportunidade para alimentar unha relación e a opotunidade de brindar e recibir apoio. A conversación das mulleres nun restaurante pode ser moi aberta e intima.
En Venus todos estudian psicoloxía e poseen polo menos un doutorado en asesoramento. Todos están moi involucrados co crecemiento persoal, a espiritualidade e todo o que pueda estimular a vida, a saude e o crecemento. Venus esta cuberta de parques, xardíns orgánicos, centros comerciales e restaurantes.
En canto as relacións co outro sexo as venusianas dan gran importancia a expresión de sentimentos, gústalle sentirse queridas, escoitadas, admiradas e desexadas, as relación sexuais están máis supeditadas os sentimentos.
Nesta tesitura andamos, o conflicto sempre é o mesmo os homes queixanse de que non entenden as nosas reaccións, e nos queixamonos da conducta deles.Pero a pesar de todo estamos condenados a convivir da mellor maneira posible e eu como son unha optimista incorrexible considero que se pode conseguir e que estas diferencias a pesar de todo fai máis amena a convivencia, aínda que as veces nos tiremos os trastos.....a cabeza.