miércoles, 28 de octubre de 2009
Sensualidade
Por definición, sensual está relacionado coas sensacións, e sensualidade disposición de disfrutar plenamente dos praceres dos sentidos, dos obxetos e suxeitos que os incitan ou satisfacen, así como tamén está relacionado co desexo sexual.
Unha persoa sensual deleitase vendo, saboreando, tocando, ulindo e oindo. Relacionase co mundo que o rodea dunha maneira especial. Encantalle observar unha paisaxe, detallar as cidades, a súa arquitectura, percibe as súas xentes, o arte, as frores. Cando come regocíjase cos alimentos e bebidas, e degustaos transformando cada comida nun acto pracenteiro. Siente as texturas de canto toca e goza delas. Recrease cos olores, no só dos pratos ou do medio ambiente senon da xente e en particular da súa parella. Cando escoita música ou distintos sonidos compenetrase con eles e escoia con atención e complacencia.
Nos momentos de intimidade non é difícil imaxinar un encontro con alguén que é sensual ;que mire paseniño e que diga o fermoso/a que te ve, o ben que nos queda o que levamos posto, que pregunte pola fragancia que usas e manifieste que lle atrae , e que cando pase a maiores, saboree gozando cada paso polo teu corpo, sinta os teus olores máis íntimos con satisfacción ,á vez que esa persona te toque e acaricie co feitizo particular de quen non ten premura para chegar á etapa culminante da sexualidade, a cal tamén apreciará con notable intensidade.
Preguntaredesvos e preguntovos se vos considerades sensuais ou non. Se o que describin anteriormente é para vos a sensualidade.
Unha boa pregunta para facerse é se quere ou non ser sensual, porque os seres humanos, todos podemos aprender a selo. Para elo, debemos educar os nosos sentidos usando os pensamentos e os sentimentos. As veces oímos decir que alguén non é precisamente unha persoa guapa pero sí moi atractiva porque é moi sensual.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Respostando a túa cuestión, eu penso que son unha persoa sensual por intres, dependendo de como me sinta conmigo mesma.
ResponderEliminarQuedou craro non?????? jijijijiji
Biquiños rapaza!!!
Vas ter que perdoarme pero acabo de embarcarte nun meme pero non é obrigatorio seguilo nin muito menos !.
ResponderEliminarPasa polo meu blogo.
Penso que o teu
ResponderEliminartexto é todo un
tratado da sensualidade.
Biquiños
Queremos ser sensuais, xa que ese estadío provoca máis e mellores sensacións. Ti mesma o describes á perfección. Quen non quere saber beber con xeitiño o líquido da paixón sin apagar a sede coa rapidez que o corpo ás veces nos pide?.
ResponderEliminarAta unha mirada resulta sensual; así que eu -para que non falen de nós estes que che son uns cotillas- vouche mandar un bico cos ollos pechados!
Maruxiña: totalmente craro, infúe moito como se sinta un...
ResponderEliminarMarisa:bueno..uns pequenos apuntes sobre a sensualidade nada máis.
Chousa: paseniño as cousas saen mellor e saben mellor, disfrutase máis e mellor.
Encantoume ese bico, mándoche un igual.
E moitos máis para os demáis...
Todo se pode aprender, mais cando naces con algo, sae sin esforzo e iso nótase...hai quen faise elegante e quen nace elegante...hai quen faise doce ou nace doce...hai quen se fai simpático e quen nace simpático...hai quen se fai sensual e quen nace sensual...e así con todo...tamén hai que nace pra deixarse seducir...que sería dos seductures sin eles?!!
ResponderEliminar