viernes, 23 de octubre de 2009

Intuición


A única cousa realmente valiosa é a intuición.
Albert Einstein

Un milenario conto hindú di que o principio da creación o home tiña a sabedoría dos deuses
pero que non souperon aproveitala. Ante este panorama, os deuses decidiron quitarlle este don e resolveron que o mellor escondite non eran as montañas máis altas, nin os abismos dos océanos, nin no centro da Terra. O lugar máis axeitado para esconder a sabedoría era o corazón, alí onde o ser humán difícilmente buscaría.

Se o pensades, seguro que lembraredes moitas ocasións nas que fustes capaces de saber o que estaba pensando outra persoa, de averiguar quén chama antes de descolgar o teléfono ou fostes quen de saber o que vos ía decir alguén antes de que abrise a boca. Tal vez, foi unha corazonada que desafiaba á lóxica e logo resultou ser acertada.
Son sinais de que a intuición está funcionando. Pero, como este tipo de situacións prodúcense dun xeito espontáneo e non parecen obedecer a nosa vontade, solemos esquecelas e non darlles demasiada importancia. Estamos acostumados a poñer o acento na lóxica do racional e deixamos de lado a nosa parte intuitiva. Perdemos a oportunidade de descubrir e activar unha forma de intelixencia que todos poseemos, en maior ou menor medida.
A intuición serve para descubrir cousas e persoas do noso arredor. A lóxica é útil para comprobar que o sospeitado era certo. E as mulleres son especialmente hábiles para manter activos as canles por onde discorre a intuición.
O tópico da “intuición femenina” ten unha base fisiolóxica, relacionada coa maior actividade e desenvolvemento do hemisferio dereito do cerebro. Facemos as mesmas cousas que os homes, só que de maneira distinta. Aínda que xa existen algúns estudos que afirman que en cuestións intuitivas mulleres e homes andamos bastante parellos.

8 comentarios:

  1. aquí unha que case sempre se deixa guiar pola intuición e poucas veces pola lóxica (agora que non nos escoita ninguén direivos que ás veces sae todo como o carallo, pero outras ben paga a pena.... jijijiji)

    Biquiños rapaza!!!

    ResponderEliminar
  2. Suele pasar.

    Pero tambien hay personas que son totalmente al contrario...se guían más por lo que sienten que por lo que su cerebro les dice.


    ...Y suelen ser más felices y tener más suerte que el resto; ciertamente.


    Un besito!

    ResponderEliminar
  3. Coido que xuntando
    a lóxica coa intuición
    teríamos unha mistura
    fantástica.

    Sempre maravillosamente
    ocurrente.

    Moitos biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Eu son das que se deixa levar pola intuición e...boeno, algunhas veces acerto jejeje

    ResponderEliminar
  5. Vaia, xa era hora de que comentase un home, non si?
    Pois...seguramente Einstein tiña razón; pero hoxe a intuición cotiza á baixa nos mercados do repolo (e tamén nos da faba branca); así que -ainda que non imos vender toda a que temos- coido que convén armarse tamén de outros valores refuxio...

    Bicos intuitivos

    ResponderEliminar
  6. Maruxiña: si que vale a pena arriscarse, a min gústame seguir as miñas intuicións, non me fallan moito.
    Butter: está bien combinar ambas,son complementarias.
    Marisa: moitas grazas!.O ideal é combinalas case a partes iguais, pero hai xente máis intuitiva que outra.
    A.C: eu tamén me deixo levar bastante pola intuición e non acerto sempre, pero non me suele fallar moito.
    Chousa:sempre, sempre é necesaria a portanción dun home. Claro que fiarse so da intuición as veces non é o máis axeitado, pero está ben non esquecer que está ahí. Nos momentos de decisións rápidas e urxentes suele axudar.
    Un bico grande para cada un, graciñas polas vosas aoprtación.

    ResponderEliminar
  7. Pois eu non acerto nin farto de viño.
    Burriño que son.

    ResponderEliminar
  8. paideleo: Xa será bastante menos. Non lle prestarás suficiente atención a túa intuición, por eso non sabes que funciona a perfección.
    biquiños

    ResponderEliminar