lunes, 21 de diciembre de 2009
¿Quedas coas ganas?
Test de Analizame.com
Aquí vos deixo un divertido test para que comprovedes se sodes dos que facedes en cada momento o que vos peta ou se pensades dúas ou tres veces as cousas antes de facelas.
Aproveito para dexexarvos unhas felices festas e unha boa entrada e saida de ano.
domingo, 13 de diciembre de 2009
Lotería de Nadal

A miña querida amiga Maruxiña mandoume este agasallo, un numeriño de loteria de Nadal que a ela lle mandaron dende outro blogue, agora eu débollo mandar a outros cinco blogueiros para espallar a sorte.Sorte compartida é dobre sorte , así que eu comparto con:
Paideleo para que lle compre a lo menos un agasallo máis o Leo neste Nadal.
Marisa para que poda ir a inspirarse con distintas musas nalgunha viaxe polo mundo.
An para que poda comprar moitas cores para as súa fermosas ilustracións.
Brabido quen xa ten un montón de lotería....que eu o vin, pero se toca este...que?
A.C para que este Nadal se poda permitir un caprichiño, o que mellor lle pareza.
Para ter máis información sobre como facer para seguir espallando a sorte por a blogesfera aquí vos deixo o enlace:
http://alasdeplomo.com/2009/11/14/regalamos-loteria-de-navidad-2009/
Qué a fortuna nos acompañe a todos !!!!!!
miércoles, 9 de diciembre de 2009
Ser asertivos

Na interacción cos demáis en ocasión plantexasenos certos problemas. Ante peticións doutra persoa ou persoas solemos plantexarnos o siguiente: Cando digo "Non" síntome culpable, pero se digo "Si" irei en contra miña".É aquí onde entra en xogo a asertividade.
¿Qué é a saretividade?
A asertividade é unha estratexia de comunicación que consite nun comportamento comunicativo maduro no que a persoa nin agrede nin se somete a vontade de outras persoas,senon que expresa as súas conviccións e defende os seus dereitos.
A asertividade é polo tanto, unha habilidade social que reune as conductas e pensamentos que nos permiten defender os dereitos de cada un sen agredir nin ser agredido. Significa defender os teus dereitos, facerte valer, decir non cando é que non e non deixarte pisar.
Seguro que se vos parades a pensar e lembrar, haberá moitas ocasións nas que non soupeste decir que non a algo cando era o que desexabades decir, ou ocasións nas que perdestes dos vosos dereitos por non saber enfrentar algunha situación.E é que ser asertivo non é nada sinxelo, pero si que é algo que podemos aprender.
Ténicas para ser máis asertivo:
1. O disco raiado. Un dos aspectos máis importantes de ser asertivos consiste en ser persistentes e en repetir unha e outra vez o que queremos, sin enfadarnos, nin irritarnos sen levantar a voz.
2. A autorrevelación. Revelar información acerca de nos mesmos; cómo pensamos, sentimos e reaccionamos ante o que o noso interlocutor nos di, permite que a comunicación social flua en ambas direccións.
3. Banco de neboa. Podemos lanzar un obxeto a través da neboa sen que elo lle afecte. De igual xeito se te critican non negues a crítica e non contrataques con outra crítica.Ó non ofrecer resistencia a outra persoa desistirá.
4. Interrogación negativa. "Non comprendo. ¿Qué hai de malo en...?" Este tipo de preguntas fan establecer un diálogo que nos leva ó fondo da cuestión. Permiten dar unha resposta non defensiva e buscar a verdadeira causa que fai á outra persoa criticarnos.
5. Aserción negativa. "E certo. Non estiven moi acertado.". Para modificar a nosa creencia de que os erros son malos basta con aceptalos como tales: os erros son erros e nada máis que erros.
Estas son algunhas das cousas que podemos facer para ser máis asertivos.
Se queredes medir a vosa asertividade podedes atopar un test neste enlace:
http://www.helios3000.net/tests/asertividad.shtml
martes, 1 de diciembre de 2009
Aquí e agora

Contan que fai moitos anos había na India dous xoves que eran grandes amigos. Traballaban nunha pequena aldea e decidiron ir a pasar uns días á cidade. Cando chegaron, comezaron a camiñar por as súas rúas, cheas de actividade e xentes bulliciosas. Despois de dar grandes paseos pola cidade chegaron a unha grande rúa onde se atopaba un conocido burdel que estaba frente á casa dun home sabio moi famoso. Un dos amigos decidiu pasar unhas horas no burdel, bebendo e disfrutando das fermosas prostitutas, en tanto que outro optou por pasar ese tempo en compaña
do sabio e os seus discípulos, escoitando o que falaba sobre a conquista interior. Cando xa pasara un bo rato, o xoven que estaba no burdel comenzóu a lamentar non estar escoitando ó mestre, en tanto que o outro amigo, polo contrario, en lugar de estar atento ás ensinanzas que estaba oindo, estaba fantaseando cos praceres do burdel e reprochándose a sí mesmo o necio que fora por no elexir a diversión. Mentras tanto o mestre seguía falando do valor de vivir o momento presente con todo o ser e o corazón e dicía: -Non basta con estar físicamente presente, nin con facer os xestos ou decir as palabras de forma mecánica. Precedindo ós actos, está a actitud interior, a conciencia do feito e as súas consecuencias. Na actitude interior, na conciencia do feito encérrase o seu auténtico valor. Pero o discípulo, perdido nas súas fantasías, non o escoitaba.
Canto tempo e cantas cousas nos perdemos as veces desexando estar noutro lado, con outra xente, facendo outras cousas....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)