martes, 1 de diciembre de 2009

Aquí e agora





Contan que fai moitos anos había na India dous xoves que eran grandes amigos. Traballaban nunha pequena aldea e decidiron ir a pasar uns días á cidade. Cando chegaron, comezaron a camiñar por as súas rúas, cheas de actividade e xentes bulliciosas. Despois de dar grandes paseos pola cidade chegaron a unha grande rúa onde se atopaba un conocido burdel que estaba frente á casa dun home sabio moi famoso. Un dos amigos decidiu pasar unhas horas no burdel, bebendo e disfrutando das fermosas prostitutas, en tanto que outro optou por pasar ese tempo en compaña
do sabio e os seus discípulos, escoitando o que falaba sobre a conquista interior. Cando xa pasara un bo rato, o xoven que estaba no burdel comenzóu a lamentar non estar escoitando ó mestre, en tanto que o outro amigo, polo contrario, en lugar de estar atento ás ensinanzas que estaba oindo, estaba fantaseando cos praceres do burdel e reprochándose a sí mesmo o necio que fora por no elexir a diversión. Mentras tanto o mestre seguía falando do valor de vivir o momento presente con todo o ser e o corazón e dicía: -Non basta con estar físicamente presente, nin con facer os xestos ou decir as palabras de forma mecánica. Precedindo ós actos, está a actitud interior, a conciencia do feito e as súas consecuencias. Na actitude interior, na conciencia do feito encérrase o seu auténtico valor. Pero o discípulo, perdido nas súas fantasías, non o escoitaba.

Canto tempo e cantas cousas nos perdemos as veces desexando estar noutro lado, con outra xente, facendo outras cousas....

17 comentarios:

  1. Sí que é verdade, pero iso a mín no me pasa moito (algo bo tiña que ter jijiji), acostumo a disfrutar do intre sen pensar no que podería estar facendo, a verdade é que son de doada conformidade, nese senso pq. en outros jijiji

    Biquiños nena!!!

    ResponderEliminar
  2. Feito o sorteo do libro, pasa por paxaradas para ver o resultado. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  3. Querida...cuánta razón tienes. A veces nos emperramos tanto en lo que tenemos enfrente que no nos damos cuenta de lo que hay a los lados...


    Un besazo y un gran gran gran abrazo.

    ResponderEliminar
  4. Tan certo como que é verdade!.

    O que pasa é que a creatividade da nosa mente, tan sumamente útil algunhas veces, estraga momentos fantásticos outras.

    Bicos dende a Chousa

    (E ti respostaches o teu premio bolboretiña?)

    ResponderEliminar
  5. Vivir o momento é o
    que importa, cantas
    veces desaproveitamos
    o que en realidade ten
    valor.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  6. Maruxiña: cousa boa esa, eu teño os meus momentos , pero polo xeral trato de disfrutar cada intre tal cual ben.
    Un bico miña nena.

    An: paso a ver se houbo sorte. Un bico

    Butterflys: sí, a veces nos cuesta apreciar lo que tenemos más cerca por mirar a lo de más allá.
    Un besote enorme.

    Chousa: as veces é difícil de controlar esa creatividade ben é certo.
    Xa che deixei o meu enderezo no teu mail. Tócache! :)
    Beijinhos de queixo.Xa me sabe.

    Marisa:para min tamén é o importante vivir o momento, aprobeitalos, esprimilos, pero a veces non somos quen, o que é unha mágoa, realmente o que nos levamos son momentos.
    Biquiños chuliña.

    ResponderEliminar
  7. Que letras cheas de sinceridade,"fisicamente non e todo" en moitas,moitas maneiras que nos pasan a diario,por exemplo,cando conducimos estamos en corpo presente,pero se nos chaman polo telefono, aunque tiñamos manos libres,vaisenos a mente pa a coversacion que tiñamos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Tés toda a razón do mundo !.
    Hai que crear burdeles con sabias para non perder detalle.

    ResponderEliminar
  9. Ah, eu tamén fun capaz de subir o vídeo do sorteo do libro con Leo e a súa man inocente.

    ResponderEliminar
  10. Brabido: si que é un bo exemplo ese, neses casoso o mellor é estar plenamente por se as moscas.
    Bico!

    Paideleo: que che di que nnos burdeles non haxa algunha que outra sabia :).
    Vou ver o video do Leo.
    bico!

    ResponderEliminar
  11. Pues a mi a veces de lo que me cuesta darme cuenta es de que aquello que quiero lo tengo delante de mis narices...

    Besitos...

    ResponderEliminar
  12. las cosas que amamos profundamente debería estar etiquetadas... para que no se nor olvide. Que se tenga siempre presente, lo que cuesta perderlas...

    Saludos y un abrazo!

    ResponderEliminar
  13. Cris:cuantas veces pasa eso, te cuesta descubrir lo que tienes delante pq no te has molestado en mirarlo. Nos pasa a todos.
    besitos linda!
    La sonrisa de Hiperión:tienes razón, muchas veces nos olvidamos de tantas y tantas cosas que tenemos y que son de gran valor por dedicarnos a mirar y desear otras cosas. En determinado momentos esas cosas deberian tener una alarma que saltase para recordarnos que están ahí.
    Un abrezo!

    ResponderEliminar
  14. Moi bo o conto. Pasanos moito eso. Que as veces non valoramos o que temos diante do nariz.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  15. A.C:sómosche algo piopes todos.
    Biquiños moza!

    ResponderEliminar
  16. Gustoume esta grande verdade!
    Voltarei por aquí...
    Saúdos descoñecidos.

    ResponderEliminar
  17. Graciñas pola visita e polo comentario SoO.
    Sempre serás benvida.
    Bicos!

    ResponderEliminar