miércoles, 9 de diciembre de 2009

Ser asertivos





Na interacción cos demáis en ocasión plantexasenos certos problemas. Ante peticións doutra persoa ou persoas solemos plantexarnos o siguiente: Cando digo "Non" síntome culpable, pero se digo "Si" irei en contra miña".É aquí onde entra en xogo a asertividade.

¿Qué é a saretividade?

A asertividade é unha estratexia de comunicación que consite nun comportamento comunicativo maduro no que a persoa nin agrede nin se somete a vontade de outras persoas,senon que expresa as súas conviccións e defende os seus dereitos.

A asertividade é polo tanto, unha habilidade social que reune as conductas e pensamentos que nos permiten defender os dereitos de cada un sen agredir nin ser agredido. Significa defender os teus dereitos, facerte valer, decir non cando é que non e non deixarte pisar.
Seguro que se vos parades a pensar e lembrar, haberá moitas ocasións nas que non soupeste decir que non a algo cando era o que desexabades decir, ou ocasións nas que perdestes dos vosos dereitos por non saber enfrentar algunha situación.E é que ser asertivo non é nada sinxelo, pero si que é algo que podemos aprender.

Ténicas para ser máis asertivo:

1. O disco raiado. Un dos aspectos máis importantes de ser asertivos consiste en ser persistentes e en repetir unha e outra vez o que queremos, sin enfadarnos, nin irritarnos sen levantar a voz.

2. A autorrevelación. Revelar información acerca de nos mesmos; cómo pensamos, sentimos e reaccionamos ante o que o noso interlocutor nos di, permite que a comunicación social flua en ambas direccións.

3. Banco de neboa. Podemos lanzar un obxeto a través da neboa sen que elo lle afecte. De igual xeito se te critican non negues a crítica e non contrataques con outra crítica.Ó non ofrecer resistencia a outra persoa desistirá.

4. Interrogación negativa. "Non comprendo. ¿Qué hai de malo en...?" Este tipo de preguntas fan establecer un diálogo que nos leva ó fondo da cuestión. Permiten dar unha resposta non defensiva e buscar a verdadeira causa que fai á outra persoa criticarnos.

5. Aserción negativa. "E certo. Non estiven moi acertado.". Para modificar a nosa creencia de que os erros son malos basta con aceptalos como tales: os erros son erros e nada máis que erros.

Estas son algunhas das cousas que podemos facer para ser máis asertivos.
Se queredes medir a vosa asertividade podedes atopar un test neste enlace:

http://www.helios3000.net/tests/asertividad.shtml

13 comentarios:

  1. Si ti o dis vas ter razon.

    Non che parecera mal que che mande uns bicos

    ResponderEliminar
  2. Tes moita razón en todo.

    Gústame que a comunicación
    flua en ambas direccións.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. pois vou medir a miña asertividade XD, un bo artigo. Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Non hai mellor maneira de amosar asertividade que cando che interesa a materia. Por exemplo cando unha moza e un mozo se "molan"...flue a asertividade por todas partes!!!

    Bicos asertivos

    ResponderEliminar
  5. Ui, diso creo que teño. Un encargado de hai tempo dicíame: Pedro, non hai traballador coma ti: a todo dis que si. Pero logo fas o que che peta.

    ResponderEliminar
  6. Pois eu non sabería decir se teño diso, supoño que é coma todo, ás veces resulta doado ser asertivo, pero noutro intre na mesma situación xa non resulta igual de doado sen saber moi ben porque...ains

    Biquiños rapariga!!!

    ResponderEliminar
  7. Brabido:para nada me parece mal que mandes uns bicos.Eu mandoche outros para ti..

    Marisa:a comunicación é importantísima e para poder entenderse e comprenderse debe fuir en ambos sentidos.
    biquiños moza!

    An:graciñas, poderianse decir máis cousas pero non é cuestión de aburrirvos, so uns pequenos apuntes.
    Bicos!

    Chousa: sí é un bo exemplo de cando a asertividade se emprega a fondo...sobre todo o comezo dunha relación, o difícil parece ser mantela.
    Biquiños asertivos para ti tamén.

    Paideleo:jajajaaj, ti si que sabes...

    Maruxiña:certo é que todo depende dos momentos, como o de ser capaz de ser empático, todo depende con quen, do momento, de como se atome unha.Como dixo o gran filósofo Pau Danés Depende, todo depende.
    Bicos miña nena.

    ResponderEliminar
  8. Qué importante la asertividad, saber defenderse sin herir... Es una asignatura pendiente.

    muchos besos.

    ResponderEliminar
  9. Si que lo es Cris, poca gente consigue ser asertiva, por lo menos siempre, es algo complicado de conseguir, pero al menos hai que intentarlo.
    Besiños linda!

    ResponderEliminar
  10. Uma coisa é certa...tenho que reler este post se quiser mergulhar na proposta. E é o que farei agora.

    É isso aí.

    Bjs e ótimo fim de semana

    ResponderEliminar
  11. hahahahaha!!! vaites Bolboreteira!! ...se agora temos consellos no blogue!!

    Debo recoñecer que a miña técnica é a primeira. Repito repito e repito, iso si; sempre moi amabelmente. (XD)

    ResponderEliminar
  12. En etsa vida hay que intentarlo todo, no? jajaja

    Saludos y un abrazo.

    ResponderEliminar
  13. Elcio:lastima non sepa escribir en portugués.
    Beijos para o Brasil.
    Manuel: tanto como consellos...Que non sexa por non repetir ehh, o caso é facerse enteder.
    Bicos!
    La sonrisa de Hiperion: que no se diga que no se ha intentado..todo aquello que se quiera conseguir, como mínimo hay que intentarlo.
    Besotes!

    ResponderEliminar