
Os seres humanos tendemos a buscar a compaña dos demáis e, xeralmente, non nos gusta a soidade. Pero esta conducta afiliativa non é indiscriminada, senon selectiva. Non todas as persoas nos atraen por igual. Algunhas, máis que outras, despertan o noso afecto, a nosa sensualidade, a nosa sexualidade ou, simplemente, a nosa atención. Baixo o concepto de 'atracción interpersonal' englóbanse formas moi heteroxéneas de atracción, que van desde o aprecio superficial ó afecto profundo, íntimo e duradeiro que pode haber entre unha parella de namorados.
A psicologxía social tentou dar resposta á cuestión de por qué a xente se une a uns compañieros preferidos sobre outros; por qué hai persoas que se namoran tolamente de alguén en quen os demás non aprecian ningún atractivo; por qué, en definitiva, a todos nos gustan unhas persoas máis que outras.
Factores que interveñen na atracción entre persoas
O aspecto físico
A pesar de que estamos cansados de escoitar que o aspecto físico non é o verdadeiramente importante mentras que a personalidade sí o é, os estudos demostran que nos gusta mirar ás persoas atractivas por simple pracer estético, son mellor tratadas, mellor consideradas como persoas (a súa beleza exterior extendese o seu interior: simpatía, competencia, bondade...), e crese que teñen posibilidades dun futuro mellor e de ser máis felices que as non atractivas.
Este comportamento xeralizado observase dende a infancia, donde os nenos guapos teñen máis probabilidades de ser elexidos como amigos e menos de ser culpados polos profesores de mal comportamento, polo que posteriormente van desenrolar unha maior confianza en sí mesmos e unha mellor autoestima.
Nas investigacións levadas a cabo sobre esta variable chegouse á conclusión de que o aspecto físico ten unha importancia decisiva para provocar atracción ó inicio das relacións interpersonais e que importa máis ós homes que ás mulleres. A medida que avanza unha relación, se é que é duradeira, o físico deixa de ser tan importante e adquieren relevancia as cualidades e os rasgos psíquicos. O aspecto físico ten pouca importancia no mantemento dunha amizade, tendoa en cambio rasgos como a bondade, a intelixencia, a amabilidade e a xenerosidade. Por outra parte, ocorre as veces que alguén que nun primeiro encontro nos resultou feo ou pouco atractivo, acaba resultandonos máis atractivo despoís de tratalo con certa frecuencia.
A similitude
Existen unha gran cantidade de características comúns entre as persoas que establecen unha relación íntima. A raza, a idade, a intelixencia, o nivel socioeconómico e educativo, a relixión, os valores..., son características que solemos compartir coas nosas amizades e parella.
Solemos querer proseguir unha relación con aquelas persoas nas que encontramos similitudes, sobre todo na personalidade. A teoría de que as complementariedades se atraen non está xustificada, ainda que sí pode pasar que nunha parella ambos membros se vaian volvendo complementarios ó desenrolarse e intercambien diferentes papeis segundo a ocasión.
A razón de que nos gusten as personas que comparten cousas con nos é a de que apoian as nosas conviccións. Pensamos que se o resto está de acordo con nos, nos debemos de estar no certo. Esto agrádanos e fai que nos gusten esas personas que nos fan sentir a gusto con nos mesmos, tamén aquelas das que recibimos elóxios.
A regra de la similitude parece non funcionar no caso da xente que ten un baixo concepto de sí mesmo. Neste caso buscan relacións que non lles recorden para nada a eles. Tampouco aceptan gratamente os cumplidos, porque son interpretados como falsedade.
A proximidade
A meirande parte dos nosos mellores amigos viven na nosa cidade, vila, pobo ou preto dela. Dende pequenos relacionamonos máis coa xente a que vemos máis asiduamente. A probabilidad de coñecer íntimamente ou simplemente coñecer a alguén que viva a centos de kilómetros de nos é máis baixa que a de coñecer profundamente a alguén da nosa cidade. O tempo en común, as vivencias compartidas, o poder dar axuda e recibila, a implicación..., sempre vai a poder desenrolarse mellor se dúas persoas viven próximas.
Pero no só interveñen a disponibilidade e a conveniencia, tamén se demostrou que a xente á que máis vemos, máis familiar nos parece e menos nos costa ó relacionarnos. Sentímonos máis cómodos e podemos chegar a predecir máis o seu comportamento e adaptarnos en base a éste, do que o faríamos frente a un completo extrano.
Tamén se desenrolan pensamentos máis positivos frente ás persoas que cremos que volveremos a ver. Incluso se demostrou que as cousas que nos resultan familiares (unha canción, un cuadro...), simplemente polo feito de estar expostos a elas, fanos estar máis receptivos e gústanos máis.
A complementariedade de necesidades.
Todos coñecemos casos de persoas que, sendo opostas atraense. Moitas veces unha persoa ten e pode dar o que a outra lle falta. Dúas razóns poden levar a dúas persoas tan distintas a quererse: a primera é a satisfacción de necesidades; a segunda refírese á gratificación que unha persoa obten ó unirse a outra con características que ela desexaría para sí.
Non é incompatible que na atracción interpersoal interveñan ó mesmo tempo factores de semellanza e de complementariedade. Nos estudos sobre factores que incrementan a atracción a semellanza refírese a actitudes, valores e sistemas de crenzas; mentras que a complementariedad aplícase as motivacions, desexos e necesidades.
A reciprocidade da atracción.
A veces é difícil saber quen te quere ou te aprecia, é moi gratificante sentirse querido; o mero feito de pensar que alguén te estima, pode facer que te sintas atraído/a por él ou ela. Este factor é o que favorece a cohesión dos grupos. O sentirse apreciado por un grupo de pertenza fai que un aprecie máis ese grupo e ten outras consecuencias beneficiosas como o aumento da autoestima e da sociabilidade. No obstante, esta tendencia a querer a quenes nos queren está influenciada por variables como as expectativas de reforzo, a autoestima e o estado afectivo da persoa.