martes, 2 de febrero de 2010

Por unha mirada...



Ainda que forma parte da expresión facial, a mirada xoga, por sí soa, un papel importantísimo na comunicación non verbal.

“Quen non comprende unha mirada, tampouco entenderá unha longa explicación “ (Proverbio árabe)

A frecuencia coa que miramos ó otro é un indicador de interés, agrado ou sinceridade. A evitación da mirada ou o mirar ós outros só fugaz e ocasionalmente impide recibir retroalimentación, reduce a credibilidade do emisor e da lugar a que se atribúan a éste características negativas.Tamén unha mirada intensa e agresiva pode sen necesidade de palabras atemorizar e provocar rechazo.

O contacto ocular consiste na mirada que unha persona dirixe á mirada doutra persoa. Asi temos dous aspectos na mirada: a frecuencia coa que miramos o outro, e o mantemento do contacto ocular. O feedback é moi importante cando dúas persoas falan entre sí. O que fala necesitan ter a seguridade de que alguén o escoita, e os que escoitan necesitan sentir que a súa atención é tida en conta e que o que fala se diríxe directamente a eles. Ambos requisitos cúmplense cun adecuado uso do contacto ocular.

O contacto visual e as expresiones faciais dannos unha importante información, tanto social como emocional. En efecto, a xente –de maneira inconsciente- investiga a mirada e a expresión en busca de signos positivos ou negativos. En moitas situacións, o contacto ocular desperta fortes emocións.

Só cando dúas persoas se miran directamente ós ollos existe unha base real de comunicación, pero poden existir miradas variantes dependendo da relación entre esas persoas e o tipo de comunicación que se entabla entre elas.

Para entablar unha boa relación con outra persoa, debeselle mirar ós ollos entre un 60% e un 70% do tempo. Todo o menos a este intervalo, implica evitar a mirada do outro e, por tanto, certas dosis de ocultamento e deshonestidade.

Si a relación entre os interlocutores está limitada ó ámbito profesional ou dos negocios, é mellor evitar unha mirada directa, que pudera intimidar ó outro ó mostrar un exceso de confianza; por tanto, é máis correcto imaxinar un triángulo na frente da outra persona e dirixir a él a nosa mirada, o cal crea unha sensación de seriedade e franqueza.

A mirada social cae un pouco máis abaixo; o triángulo abarca dende os ollos ata a boca do interlocutor, creando unha atmósfera agradable.

Por último, a mirada íntima, fai un percorrido máis amplo dende os ollos ata o metón e, dende alí, hacia outras partes do corpo.Baixar a mirada por debaixo da cara tende a intepretarse como maior desexo de intimidade e pode facer que unha persoa,sobre todo se é muller se sinta nerviosa ou enfadada xa que pode ser interpretada como unha insinuación sexual(en moitos casos non desexada)

A dilatación das pupilas é un indicador de interés e atractivo. As nosas pupilas dilátanse cando vemos algo interesante. Ademáis gustannos máis as persoas que teñen as pupilas dilatadas que as que teñen pupilas contraídas. Desta forma no só se pode establecer a actitude dunha persoa hacia algo, xa que canto máis favorable sexa a actitud maior será a dilatación das pupilas, senon que é posible evaluar os cambios de actitudes a través do tempo mediante os cambios paralelos nas respostas das pupilas. A fiabilidade destas medidas ten que ver co feito de que non podemos controlar conscientemente a conducta das nosas pupilas.

21 comentarios:

  1. Máis que o tempo que empregamos en
    mirar a unha persoa importa a
    mensaxe que transmite.
    A mín gústame a calidez na mirada
    esa que arroupa, que comprende.
    Encántame estas entradas túas
    das que sempre aprendo algo.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Eu voume volver seareira tamén das túas entradas de psicoloxía.
    Eu que trabalhaba en recursos humanos facendo entrevistas a xente, ademáis de nóminas e outras lerias menos agradables...direi que si estudiábamos o tema da mirada... pero o das pupilas é novo para min jajajaja!!!!

    ResponderEliminar
  3. Coido que o mirar sempre é bo, merar o que che rodea e...coma non mirar os ollos, gosto deso, e a veces, molestame cando a xente, incomoda, retirame o seu ollar. Bicos fermosa

    ResponderEliminar
  4. Marisa: a mirada é unha grande fonte de información.Hai mirares moi fermosos, que poden ata namorar.
    Moitas gracias. son temas que a min me resultan interesante e gústame compartilos con vos.
    Biquiños.
    Vintxuca:Graciñas! En xeral a linguaxe corporal e bastante últil para a selección de persoal.Unha cousiña nova para ter en conta o das pupilas.
    Un biquiño e mil gracias.
    An:mirar e bo, e se sabes mirar podes ver máis do que a simple vista se aprecia.
    Cando che retiran a mirada non suele ser boa señal, as veces tamén é por timidez ou por sentirse intimidado.
    Un biquiño grande encantada de "verte" por aquí de novo.

    ResponderEliminar
  5. No tenía ni idea de lo de las pupilas dilatadas, qué curioso. (qué suerte los que tienen ojos oscuros, que pueden disimularlo... ¬¬)
    Y qué bonitos los juegos de miradas con desconocidos... con desconocidos interesantes, claro!

    Besitos!

    ResponderEliminar
  6. Os proverbios árabes son contundentes e diáfanos.
    Aprendín muito con este posteo sobre olladas e miradas e triángulos na frente e na boca.

    ResponderEliminar
  7. Por iso hai o dito, cando un se namora de:"éncheme o ollo"...:D

    SAU2

    ResponderEliminar
  8. Cris:una de las ventajas de tener los ojos oscuros es esa, que no se te notan ciertas cosas cuando no quieres que se te note :P.
    Esos juegos de miradas son de los juegos más divertidos.
    Un besazo!
    Paideleo:alégrome de que aprendeses algo novo. A trigonometria pódese aplicar as cousas máis insospeitadas :P.
    Bicos.
    Anónimo:jajaajaja, pois si de ahí debe de vir.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  9. Lo que daría yo por una mirada...

    ResponderEliminar
  10. mira ti, todas as cousas que miramos sen saber... :D

    ResponderEliminar
  11. Butterflies: todo lo que dice una simple miradas a veces, verdad?
    besiños
    Simplementeego: pois xa ves, cos ollos ademáis de ver podemos "falar".
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  12. Hai miradas que matan.
    Cantas sensacións se poden sentir cunha mirada!!!
    (Non as vou pensar, que senón...)

    Unha mirada e un bico. Incluso a primeira podería abondar!

    ResponderEliminar
  13. O fin e o cabo os ollos son o espello da alma, ou eso din!
    Apertas.

    ResponderEliminar
  14. Chousa: hai miradas que matan e outras que embelesan esas que valen por un bico.
    Biquiños
    Raposo: si eso din, debe de ser pq transmiten cousas de nos e non o podemos disimular.
    Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  15. E se a mirada é en Belesar?. Será embelesamento elevado á máxima potencia??? :-)

    ResponderEliminar
  16. JAJAJAJAJA..Chousa, mui bo..boiiiisssiiimo..:D

    ResponderEliminar
  17. Chousa:bo xogo de palabras, vese que coñeces a zona, porque Belesar realmente embelesa e a ademáis a máxima pontencia.É unha aldea con encanto relmente.

    Anónimo: está para ver...é para embelesarse :p
    Bicos para os dous.

    ResponderEliminar
  18. Belesar ou Chousa???..o primeira a coñezo..y embelesa..o segundo non teño o pracer, mais non o poño en dúbida..;D

    ResponderEliminar
  19. Non eu tampouco poño en dúbida de que Chousa embelese ,casi apostaría a que sí ,pero eu falaba de Belesar, e xa vexo que non che descubrín nada novo.
    Saudos Anónimo

    ResponderEliminar
  20. Por favor, você poderia colocar um link para a galeria do autor da fotografia? Obrigado.

    http://www.flickr.com/photos/nestavazquez/2537934387/

    ResponderEliminar
  21. Esta fotografía tiene un autor. Al menos pon un enlace a su galería:

    http://www.flickr.com/photos/nestavazquez/

    ResponderEliminar