
O psicólogo cognitivo e investigador Seymour Epstein fixo unha lista dunha serie de pensamentos destructivos e que a meirande parte das veces están automatizados en nos mesmos, estes pensamentos non son adpataivos e moitas veces perxudicanos na nosa vida diaria facendo que vexamos sempre todo da mesma maneira sen reparar en analizar os acontecementos dende outra prespectiva.
Pensamientos destructivos máis comúns
Sobreestimar o significado (esaxeración): significa esaxerar a importancia dos acontecementos (facer unha montaña dun gran de area).
Xeralización excesiva: supoñer que o que sucede nunha ou varias situacións vai suceder en todas ou casi todas as situacións.
Pensamento categórico: pensamento polarizado de todo ou nada, blanco ou negro, bo ou malo, olvidando o que hai no medio. Exemplo: ou saco un sobresaiente ou son un fracaso.
Etiquetado: aplicar etiquetas á xente ou ós acontecimientos e logo actuar como se a etiqueta describira a toda persoa ou acontecemento de modo exacto. Se aplicas a unha persoa ou cousa a etiqueta de aburrido, tenderás a pensar que sempre é así sen ter en conta información contradictoria.
Interpretar os retos como ameazas: Se sintes medo ou ansiedade tal vez estás vendo a situación como unha amenaza. Podemos probar a vela como un reto que queres superar.
Personalización: tomarse as cousas como algo persoal; supoñer, sen xustificación, que eres o centro de atención doutras persoas.
A tiranía do "debería": cuando te sintes mal porque as cousas non son como pensas que deberían ser. Podes aceptar a realidade tal e como é, cambiando o que podes cambiar e aceptar o que non podes cambiar, ou ben, podes martirizarte e deprimirte porque as cousas no son como ti queres que sexan.
Pensamento negativo: interpretar os acontecementos prestando atención só o lado negativo.É importanre recordar que sempre podes encontrar algo positivo; hai que buscalo.
Optimismo inxenuo: pensamento positivo esaxerado e non realista que implica pensar que todo salirá ben sempre e que nada malo pode pasarche fagas o que fagas.
Supoñer a validez dos sentimientos: significa supoñer que se tes un sentimento forte sobre algo, debe de ser certo. Por exemplo, "se o/a amo tanto ten que ser unha boa persoa".Os sentimentos non reflexan sempre a realidade, senon a interpretación que facemos dela, e pode ser correcta ou incorrecta.
Supoñer intencionalidade: significa supoñer que cando a xente fai algo que fire os teus sentimentos, tiña a intención de producir ese efecto.
O chivo expiatorio: buscar algo o alguén a quen culpar polo teu malestar e os teus problemas.
Conclusións precipitadas: significa facer xuicios precipitados basándote en evidencias insuficientes. Canto máis exaltados esteamos, máis probabilidade temos de facer esto. Se non temos suficientes datos para considerar algo como certo,mellor considéralo só unha hipótese.
Regras de interpretación inadecuadas. Significa interpretar os acontecementos usando regras demasiado ríxidas. Por exemplo, para unha persona moi sensible ó rechazo, unha crítica será sempre un ataque e nunca unha evaluación constructiva.
Hipótesis inverificables: trátase de creencias que non poden demostrarse. Con ditas hipótesis podes facer duas cousas: descartaras como inútiles ou mantelas se te fan sentir ben (como as creencias relixiosas). Por exemplo, supoñer que ninguén te vai querer nunca é unha hipótesis inverificable que fai sentir mal.