
Certo grao de dependencia emocional é sana e natural para o ser humano, esta lévanos a crear vínculos afectivos coas persoas que nos rodean, primeiro cos nosos proxenitores cando somos nenos, na adolescencia cos amigos e na idade adulta coa nosa parella.O problema surxe cando este tipo de dependencia nos afecta no persoal e nos impide desarrollarnos na vida como seres independentes e libres.
A dependencia emocional que sentimos hacia as personas que nos rodean e que queremos non debe impedirnos realizar os nosos soños, evolucionar como personas e progresar nas nosas vidas.
Signos da dependencia emocional
-Se continuamente sentimos que estamos complacendo os desexos e necesidades doutras persoas sen haber alcanzado os nosos.
-Se os outros están contentos con nos entón somos felices, se os demáis: familia, amigos, veciños, compañeiros de traballo, etc., nos aproban, entón sentimos que valemos a pena.
-Sufrimos dun profundo temor porque o que digamos ou fagamos poda ofender a alguén e mellor evitamos os desacordos para non ser rexeitados.
-Estamos constantemente antepoñendo as necesidades, desexos e demandas dos demáis, ás nosas. Decimos si, cando realmente desexábamos decir non.
-Estar nas mans doutras persoas para poder percibir o bo da nosa propia imaxe, obter felicidade a cambio de sacrificar o que realmente desexamos e necesitamos por temor a ser abandoados, desplazados ou rexeitados.
-En vez de construir e gañar a nosa propia autoestima, estamos buscando a opinión dos outros para obtela.
-As persoas dependentes emocionais non saben estar soas, teñen temor a enfrentarse a súa vida,os seus obxectivos, desexos e metas.Necesitan o empuxe de outro, alguén que os guie, que os oriente.


