
Albert Ellis foi un terapeuta cognitivo conductual estadounidense que en 1955 desarrollou a Terapia racional emoitiva conductual.E describiu estes mitos ou pensamento erroneos acerca do amor e o sexo.
a. “O amor é algo misterioso e ninguén sabe realmente o que é“.
O amor é unha emoción humana que percibimos como “boa”, “beneficiosa” ou “agradable”. Unha ligazón intensa entre dous ou máis persoas. Con frecuencia, ainda que non necesariamente, inclúe atracción sexual entre os amantes.
b. Hai algo chamado “amor verdadeiro”.
Todo amor é verdadeiro en quen o sinte, polo feito de sentilo.
c. É difícil saber cando amamos.
Amamos cando sentimos ese vínculo coa outra persoa. Pódese amar inconscientemente, pero en calqueira caso síntese esa inclinación favorable hacia ela.
d. O amor e o matrimonio van sempre da man.
Nunha cultura como a nosa é habitual casarse por amor, pero as veces tamén se fai por outros motivos, económicos, sociais ou por medo a soidade. E é evidente que se pode amar ó longo dunha vida a moitas máis persoas que aquelas coas que te casas.
e. Só se pode amar apasionadamente a unha persona á vez.
Evidencias clínicas e biográficas demostran que unha persoa pode estar románticamente enamorada de dous ou máis persoas o mesmo tempo, do sexo oposto ou do mesmo, ainda que pode producir complicacións na nosa cultura.
f. Cando se ama a alguén non se ten desexos sexuais por outra persoa.
É pouco frecuente e nada normal que unha persoa non sinta atracción sexual por outras persoas, ainda estando enamorada dunha. Os desexos sexuales humanos están profundamente arraigados nos impulsos biolóxicos e no aprendizaxe social.
g. Cando amas, amas as 24 horas o día.
O sentimento de amor é intermitente porque necesitamos sentir e concentrarnos noutras actividades e funcións. O amor obsesivo e permanente impedirianos funcionar de maneira eficaz. ¡Necesitaríamos psicoterapia!
Bueno , pois aí vai iso, algunhas das afirmacións poden ser polémicas e poden chocar coa nosa concepción do amor e da parella.Cada quen temos a nosa forma de vivir e de ver o amor.
Xa me contaredes que vos parece...