miércoles, 24 de noviembre de 2010

Mitos sobre o amor e o sexo según Albert Ellis



Albert Ellis foi un terapeuta cognitivo conductual estadounidense que en 1955 desarrollou a Terapia racional emoitiva conductual.E describiu estes mitos ou pensamento erroneos acerca do amor e o sexo.

a. “O amor é algo misterioso e ninguén sabe realmente o que é“.

O amor é unha emoción humana que percibimos como “boa”, “beneficiosa” ou “agradable”. Unha ligazón intensa entre dous ou máis persoas. Con frecuencia, ainda que non necesariamente, inclúe atracción sexual entre os amantes.

b. Hai algo chamado “amor verdadeiro”.

Todo amor é verdadeiro en quen o sinte, polo feito de sentilo.

c. É difícil saber cando amamos.

Amamos cando sentimos ese vínculo coa outra persoa. Pódese amar inconscientemente, pero en calqueira caso síntese esa inclinación favorable hacia ela.

d. O amor e o matrimonio van sempre da man.

Nunha cultura como a nosa é habitual casarse por amor, pero as veces tamén se fai por outros motivos, económicos, sociais ou por medo a soidade. E é evidente que se pode amar ó longo dunha vida a moitas máis persoas que aquelas coas que te casas.

e. Só se pode amar apasionadamente a unha persona á vez.

Evidencias clínicas e biográficas demostran que unha persoa pode estar románticamente enamorada de dous ou máis persoas o mesmo tempo, do sexo oposto ou do mesmo, ainda que pode producir complicacións na nosa cultura.

f. Cando se ama a alguén non se ten desexos sexuais por outra persoa.

É pouco frecuente e nada normal que unha persoa non sinta atracción sexual por outras persoas, ainda estando enamorada dunha. Os desexos sexuales humanos están profundamente arraigados nos impulsos biolóxicos e no aprendizaxe social.

g. Cando amas, amas as 24 horas o día.

O sentimento de amor é intermitente porque necesitamos sentir e concentrarnos noutras actividades e funcións. O amor obsesivo e permanente impedirianos funcionar de maneira eficaz. ¡Necesitaríamos psicoterapia!

Bueno , pois aí vai iso, algunhas das afirmacións poden ser polémicas e poden chocar coa nosa concepción do amor e da parella.Cada quen temos a nosa forma de vivir e de ver o amor.
Xa me contaredes que vos parece...

6 comentarios:

  1. Eu creo que intentar racionalizar o amor
    non debe ser doado porque o amor síntese
    non se pensa.
    Todos sabemos que por amor
    unhas veces sufrimos e
    outras fainos felices,
    esperemos máis deste último.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Penso que non se pode establecer un patrón, e decir, describir exactamente como é o amor. Cada persoa sinte dun modo diferente e non quere decir que sinta máis ou menos que os demais. O amor ten moitas formas, e penso que cambia coa idade. Pero o mellor e que o sintamos, teña a forma que teña, e sexa como sexa. Grazas

    ResponderEliminar
  3. Estes teóricos (e seguramente sabios) de todas as cousas atinan en algo ó decir tantas e tan dispares.
    Un día escoitei que o amor verdadeiro entraba polo...vertedeiro. Creo que non o dixo un terapeuta cognitivo, xa que na Universidade de Antas non temos (aínda) esa Facultade, pero dame o corpo non vai desencamiñado. Xa me contarás o que che parece!

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Pois e unha boa pregunta esa...
    pero non e tan doada de contestar, todo depende do intre no que estes na tua vida ou da situacion amorosa na que te atopes.

    A certas edades (e cunha relacion amorosa longa) eu penso que ese amor fogoso, intenso, que fai saltar faiscas nada mais que a unha mirada vai esmorecendo e volvese mais fraternal, non sei.. quizais deixa de gobernar o noso estado de animo e deixamos de amar para comenzar a querer :)

    non sei... e que e algo complicadiño de explicar :)

    biquiños

    ResponderEliminar
  5. Si en algo estou dacordo é no punto A: en verdade o amor é un misterio e convén que o siga sendo.

    ResponderEliminar
  6. Marisa:non é doado pero si que hai quen o intenta...Un biquiño grande!
    FERNANDO SANCHO: estou de acordo contigo o máis importante é sentilo en calquera das súas formas..é sen dúbida unha das melores cousas da vida.
    Bicos!
    Chousa: o amor pode entrar por moitoe e variados sitios incluido o vertedeiro.
    Bicos ;)
    Merce: si que suele ser complicado falar de sentimentos..Creo que levas razón o amor de parella co tempo vaise tranformando o que según para quen pode ser bo ou malo.
    Un bico!
    Raposo: Bueno, Ellis tratouno de definir..pero a idea que en xeral existe é que é un misterio...O amor está tan mitificado e parécenos algo tan fermoso que non nos parece que se lle poda dar una explicación.
    Un bico grande!

    ResponderEliminar